InicioPolíticaO Concello devolve ao Goberno 460.000 euros da axuda para sufragar a...

O Concello devolve ao Goberno 460.000 euros da axuda para sufragar a rebaixa do 30 % do bus urbano

Outorgada polo Ministerio de Transporte

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo deu luz verde este venres á devolución de case 460.000 euros de parte da subvención outorgada polo Ministerio de Transportes (dun total de 1,2 millóns de euros) para abaratar o prezo do bus urbano, incluída no paquete de medidas do chamado ‘escudo social’ aprobado en xullo de 2022.

Estas axudas serviron a Vigo, do mesmo xeito que a outras cidades, para abaratar nun 30 % o prezo do billete de bus, unha redución que se sumou ás bonificacións contempladas no cartón Pass Vigo.

En marzo deste ano, o ministerio iniciou o procedemento para a xustificación, verificación e liquidación desas axudas directas, e o Concello achegou a documentación que xustificou a aplicación de parte desas axudas, en total, algo máis de 751.000 euros. Por tanto, solicitou a devolución voluntaria do diñeiro restante.

A explicación desta decisión, segundo se recolle no expediente municipal, é que a axuda de 1,2 millóns de euros ingresada polo Concello foi calculada en base o número de viaxeiros de bus urbano do ano 2019 (20,6 millóns de usuarios), moi superior á 2022 (pouco máis de 15 millóns de viaxeiros).

Por tanto, o importe das axudas foi superior aos custos derivados do cumprimento dos compromisos adquiridos polo Concello, no marco dese Real Decreto polo que se aprobaron as subvencións. Deste xeito, o Concello non aplicou a totalidade da axuda recibida.

ÚLTIMAS

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...