InicioPolíticaO PSdeG volve pedir a Feijóo e a Rueda explicacións sobre as...

O PSdeG volve pedir a Feijóo e a Rueda explicacións sobre as adxudicacións do Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade preguntouse "cantas mortes" se terían producido durante a pandemia do Covid-19 se o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo estivese aínda en construción

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu explicacións ao presidente do PP e expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao actual líder autonómico, Alfonso Rueda, sobre o modelo escollido para o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, ao ser “responsables das decisións”.

Todo iso tras coñecerse este mércores o Informe de Fiscalización do Contrato de Concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo publicado por Contas, que conclúe que sería máis eficiente licitar a obra e os servizos do centro por separado, e non conxuntamente como levou a cabo a Xunta, xa que suporía un aforro de máis de 470 millóns de euros (IVE incluído).

Teñen que explicalo de forma clara e inmediata. Xa están a tardar”, reivindicou Besteiro, lamentando a “falta de transparencia” e a “opacidade na contratación” que denuncia o documento relativo ao hospital, cunha “redución de superficie sen modificar o prezo á baixa”. Por todo iso, o PSdeG presentou unha batería de medidas no Parlamento de Galicia para solicitar ao Goberno autonómico explicacións en sede parlamentaria.

Sobre o estudo que levará a cabo o Tribunal de Contas, debido que o informe do Consello de Contas será enviado a este organismo, Besteiro dixo que os socialistas estarán “atentos” por se hai “responsabilidade de alcance ás contas públicas”, porque “todo parece indicar que si”, xa que son “cifras moi importantes” e decisións “de dubidosa transcendencia legal”.

“SOBRECUSTO DE 470 MILLÓNS”

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, lembrou que en 2015 “máis de 200.000 persoas” saíron á rúa en protesta do modelo elixido para o hospital. “Son 470 millóns de euros de sobrecusto deste hospital que pretenden que sexa unha achega financeira a Vigo. Non, non, o hospital tivo 470 millóns de custo por encima do debido que lle deron a un fondo de investimento voitre francés”, criticou o rexedor olívico.

Por iso, pedíu explicacións non só ao actual presidente autonómico, senón tamén a Feijóo. “Queremos saber por que o fixeron. Por que tomaron esta decisión que 200.000 persoas nunha manifestación cuestionamos abertamente. E falábannos das enormes virtudes do modelo. Pois o modelo era tan calamitoso que o propio Feijóo non o volveu a utilizar nunca máis”, engadiu.

RESPOSTA DA XUNTA

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, preguntouse “cantas mortes” se terían producido durante a pandemia do Covid-19 se o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo estivese aínda en construción por optar por un modelo 100% público.

Gómez Caamaño, desde un punto de vista da medicina, valorou que supuxo para os vigueses e en xeral para os galegos elixir a colaboración público-privada para a construción do hospital. Segundo el, de optar por un modelo 100% público tardouse “moito máis” en construílo.

Respecto diso, lembrou que o Cunqueiro se desenvolveu “en menos de 5 anos”, mentres que a alternativa pública tardaría “entre 8 e 15 anos”, indicando que o hospital de Lugo, cun investimento menor, tardou oito anos.

CATALUÑA

Por outra banda, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, considera que o pacto dos socialistas con ERC en Cataluña “non pon en cuestión” nin a solidariedade nin o principio de igualdade de trato entre españois. “Creo honestamente que eses principios non están en cuestión“, dixo este venres.

ÚLTIMAS

Familias e sindicatos manifestaranse para esixir profesores para alumnos ingresados en Saúde Mental no Cunqueiro: “Non nos queda outra”

Familias de Vigo planean unha manifestación para esixir á Xunta de Galicia profesores para alumnos ingresados...

Un accidente múltiple provoca colas quilométricas na AP-9 á entrada de Vigo

Un accidente múltiple, no que ata catro vehículos víronse implicados, provocou na tarde deste...

Un proxecto da UVigo realiza traballos na ‘raia’ para diminuír o risco de grandes incendios

O proxecto Firepoctep+, liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo),...

Convocada unha manifestación por Resposta Feminista polo 25N en Vigo para que “a vergoña cambie de bando”

Resposta Feminista, unha plataforma nada en Vigo coa vocación de convocar mobilizacións unitarias do...