InicioPolíticaPSdeG solicita á Xunta a documentación completa sobre a compra do Teatro...

PSdeG solicita á Xunta a documentación completa sobre a compra do Teatro Fraga e a tasación do edificio

Unha operación na que a administración autonómica achega o 51 % e a Deputación de Pontevedra o 49 % restante

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do grupo parlamentario socialista, Carlos López Font, rexistrou nas últimas horas unha solicitude na Cámara galega para reclamar da Xunta toda a información sobre a operación de compra do Teatro Cinema Fraga por 9,3 millóns, unha operación na que a administración autonómica achega o 51 % e a Deputación de Pontevedra o 49 % restante.

Segundo lembrou López Font, a solicitude prodúcese “ao non ter coñecemento do expediente que ampara esta adquisición” e, “o que é máis grave aínda, ao descoñecerse a tasación oficial” do inmoble.

Por iso, ao amparo do regulamento do Parlamento de Galicia, o deputado socialista pediu que se facilite ao seu grupo “copia completa de toda a documentación sobre a compra e, en especial, sobre a tasación oficial do inmoble”.

“Debería ser inmediata a contestación porque, en caso contrario, a Xunta estaría a ocultar información oficial”, advertiu Carlos López Font.

ÚLTIMAS

O Celta-Xetafe desta fin de semana, de alto risco

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra 6,25 millóns en investimentos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en reclamar á Deputación de Pontevedra investimentos...

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...