InicioPolíticaO PP critica o "atraso" na convocatoria de bolsas de comedor pola...

O PP critica o “atraso” na convocatoria de bolsas de comedor pola “ineficacia” do goberno de Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP en Vigo criticou este luns, nun comunicado, o atraso na convocatoria de bolsas de comedor pola “ineficacia” do goberno de Abel Caballero, e sinalou que a demora mantén bloqueada a apertura do prazo de solicitudes, que o ano pasado comezou a principios de xuño.

O portavoz do grupo, Miguel Martín, lamentou que esta convocatoria acumule “aínda máis atraso” que en cursos pasados e lembrou que estas axudas son “fundamentais para moitas familias”.

“Unha situación que desde o Partido Popular cualificamos de inaceptable porque, a pesar de ser plenamente consciente da situación, por reiterada no tempo, o Goberno de Abel Caballero lonxe de pór remedio demostra que aínda pode ser máis lento”, incidiu o concelleiro do PP de Vigo.

Segundo lembrou, a resolución destas axudas o curso pasado produciuse no mes de decembro e é posible que este ano “tarde aínda máis” e que, novamente, moitas familias non poidan levar aos seus fillos ao comedor durante os primeiros meses das clases.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...