InicioPolíticaO BNG propón máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: "Comprar un...

O BNG propón máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: “Comprar un billete está a converterse nunha odisea”

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias ferroviarias do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago e para pedir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e a Renfe que actúen con "maior planificación" e non de forma "reactiva" aos problemas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias ferroviarias do Eixo Atlántico entre Vigo e Santiago e para pedir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e a Renfe que actúen con “maior planificación” e non de forma “reactiva” aos problemas. En concreto, o Bloque lamentou a “falta de prazas” que hai entre estas dúas cidades. Unha situación que se agrava, segundo os nacionalistas, co peche de Peinador pola obra na súa pista, derivándose os voos á capital galega.

Segundo recolle o BNG nun comunicado, a falta de prazas na conexión entre Vigo e Santiago é un dos problemas máis denunciados recentemente e que imposibilita a mobilización e os traslados ferroviarios de moitas persoas pola insuficiencia de prazas. “Son reiteradas as ocasións nas que o BNG se dirixiu a Transportes para que resolva todos estes problemas con determinación e non con parches”, sinalou o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego.

Na mesma liña falou a senadora Silva Méndez, quen dixo que comprar un billete está a converterse nunha “odisea” e nunha “carreira de obstáculos”. “Os trens desde Pontevedra e Vigo a Madrid están saturados e os prezos multiplicáronse por tres desde a clausura de Peinador e as ofertas de lanzamento dos trens Avril”, criticou, quen pediu non só máis prazas entre Vigo e Santiago, senón tamén no traxecto a Madrid.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...