InicioPolíticaUn desafiuzamento ao día en Vigo: "Canto máis teñen que subir os...

Un desafiuzamento ao día en Vigo: “Canto máis teñen que subir os alugueres para que o alcalde actúe?”

O BNG de Vigo criticou que o alcalde, Abel Caballero, nege "de forma cínica e irresponsable" o problema dos desafiuzamentos na cidade, indicando que no que vai de ano houbo de media un destes casos ao día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo criticou que o alcalde, Abel Caballero, nege “de forma cínica e irresponsable” o problema dos desafiuzamentos na cidade, indicando que no que vai de ano houbo de media un destes casos ao día. Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, alertou de que os alugueres subiron de media na urbe un 9 % no último ano. Por iso, preguntouse “canto máis teñen que subir os alugueres para que o alcalde, Abel Caballero, actúe”.

Así, interpelará ao goberno local na próxima xerencia municipal de urbanismo para coñecer os avances que deu o Concello para facer realidade as oito medidas recollidas na moción do BNG aprobada no último pleno, entre as que se atopa a declaración de zona tensionada. 

“Que máis ten que pasar para que o Concello deixe de estar de brazos caídos e tome algunha medida diante do gravísimo problema da vivenda en Vigo? Cantos vigueses teñen que ser expulsdos da súa cidade por non poder permitirse o luxo de vivir en Vigo?”, criticou Igrexas. E engadiu outro problema que vive Vigo e son, ao seu xuízo, os desafiuzamentos, “a pesar de que esta realidade fose negada de forma cínica e irresponsable por parte de Abel Caballero”. No primeiro trimestre deste ano rexistráronse 91 casos, segundo as súas cifras. É dicir, un ao día de media.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...