InicioPolíticaA Xunta Electoral arquiva unha denuncia do PP por declaracións de Hereu...

A Xunta Electoral arquiva unha denuncia do PP por declaracións de Hereu na súa visita a Redondela e Vigo

O órgano non aprecia que exista vulneración da lei electoral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta Electoral de Galicia decretou o arquivo dunha denuncia formulada polo PPdeG en relación a declaracións realizadas polo ministro de Industria, Jordi Hereu, durante a súa visita aos concellos de Redondela e Vigo, e que foron publicitadas na web corporativa e redes sociais.

O órgano determina que a información denunciada se refire ás axudas do Perte VEC (Vehículo eléctrico e conectado) destinadas ao sector da automoción, e á visita en Galicia do ministro para “animar ás empresas a participar nas diferentes liñas de financiamento como parte da actividade ou estratexia propia do ministerio”.

En relación ao contido de redes sociais e a publicacións de prensa achegadas polos populares, conclúe que “se limita a informar os motivos da visita do ministro”.

Por iso, “ponderando as declaracións e a información” facilitada neste caso, a Xunta Electoral non aprecia que exista vulneración da lei electoral por “non considerarse electoralistas os feitos e informacións publicadas e denunciadas”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...