InicioPolíticaVox tenta rebentar o mítin de Sánchez e Besteiro en Vigo

Vox tenta rebentar o mítin de Sánchez e Besteiro en Vigo

O líder do PSOE e o candidato do PSdeG á Xunta advirten que estas non son as eleccións de Feijóo, senón as do "cambio" en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O líder do Partido Socialista e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reivindicou que o voto útil nas eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro é ao candidato do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e avisou de que nestas eleccións non está en xogo o futuro o líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, senón o de Galicia.

Aquí non nos estamos xogando o futuro de Feijóo, iso xa quedou dilucidado o pasado 23J… Estamos a xogarnos o presente e o futuro de Galicia”, sostivo nunha intervención na que pediu concentrar todo o voto do cambio en quen vai gobernar o cambio, “que é o PSOE con José Ramón Gómez Besteiro á fronte do partido e da Xunta”.

Sánchez lanzou esta mensaxe durante un mitin en Vigo, no que volveu a arroupar, por cuarto sábado consecutivo, á candidatura que encabeza o socialista José Ramón Gómez Besteiro á Presidencia da Xunta. Na súa intervención, o presidente do Goberno sostivo que “hai un sentimento transversal” na sociedade galega de “cambio, de urxencia de cambio”. “Isto xa non dá para máis”, sostivo.

Durante o discurso de Sánchez o persoal de seguridade botou do recinto, o Auditorio Mar de Vigo, a unhas dez persoas que comezaron a gritar cando o presidente tomou a palabra. Todo iso despois de que nas inmediacións puidésese ver a un grupo de persoas portando pancartas de Vox e lanzando proclamas en contra da amnistía.

BESTEIRO

Pola súa banda, o aspirante socialista a liderar San Caetano, José Ramón Gómez Besteiro, proclamou en Vigo que co arranque da última semana da campaña comezará a “remontada” do PSdeG, que dará “a sorpresa” o próximo 18 de febreiro e fará “a maleta” ao presidente da Xunta e candidato popular, Alfonso Rueda.

Besteiro sostivo que a se trata dunha semana “crucial” na que “todo o mundo xa sabe que o PP vai perder a maioría”. “Non vai gañar”, sostivo o político lucense, que se mostrou convencido de que nas eleccións galegas “vai haber sorpresa” e que “depende das mulleres e home progresistas” que haxa un cambio en Galicia e que o protagonice “un goberno socialista”. Por iso, apelou aos asistentes ao mitin no que tamén participou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a non quedar ‘a velas vir’, a activarse e a traballar pola remontada.

ANUNCIOS

Durante o mitin, o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, anunciou este sábado que o Consello de Ministros do próximo martes aprobará liñas de avais de 2.500 millóns de euros a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO) para acceder á entrada da compra dunha vivenda para mozas e familias. “A partir do próximo martes, imos pór esa liña de avais de 2.000 millóns de euros, para cubrir esa entrada que é a que dificulta aos mozos e ás familias do noso país o poder comprar unha vivenda e o poder hipotecarse”, indicou ante os 1.600 asistentes.

ÚLTIMAS

Pleno de Vigo pide a Rueda o cesde de Diego Calvo e “apoio” para esixir á RFEF as puntuacións de sedes do mundial

O pleno de Vigo aprobou este luns, só cos votos a favor do PSOE e...

Covocado un paro en Aimen este martes para denunciar a súa perda de poder adquisitivo

O persoal do centro tecnolóxico Aimen, con sedes no Porriño (Pontevedra), anunciou a convocatoria dun...

Piden 11 anos de prisión para un home acusado de agresión sexual e de roubo con violencia

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

Abel Caballero asegura que o Goberno cumpre “os prazos” e o AVE Vigo-Madrid “avanza a toda velocidade”

Segundo o rexedor olívico, esta mesma semana a Avogacía do Estado emitiu o informe...