InicioPolíticaAbel Caballero acusa o bloqueo da ETEA á Xunta, que espera a...

Abel Caballero acusa o bloqueo da ETEA á Xunta, que espera a cesión temporal de viarias para acometer os servizos

Nas últimas horas, nun acto de precampaña electoral, a presidenta do PP de Vigo e varios candidatos visitaban a zona e de novo denunciaban o bloqueo por parte do goberno municipal, que impide o investimento de case 30 millóns de euros (entre os que están os 15 millóns que achegaría a Fundación Amancio Ortega para a construción dunha residencia de maiores).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O desenvolvemento do ámbito da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), no barrio vigués de Teis, segue enfrontando a Concello e Xunta de Galicia. Nas últimas horas, nun acto de precampaña electoral, a presidenta do PP de Vigo e varios candidatos visitaban a zona e de novo denunciaban o bloqueo por parte do goberno municipal, que impide o investimento de case 30 millóns de euros (entre os que están os 15 millóns que achegaría a Fundación Amancio Ortega para a construción dunha residencia de maiores).

Ante esas manifestacións, o alcalde de Vigo remitiu este martes unhas declaracións gravadas aos medios, na que acusa ao PP de ser o que bloquea o desenvolvemento da ETEA, e nas que denuncia que a Xunta non gastou “nin un céntimo” nese ámbito. Abel Caballero advertiu de que a construción dun gran centro de investigacións mariñas por parte do CSIC nesa zona está paralizada porque é necesario urbanizar os espazos e dotalos de servizos, como conexións, rede de abastecemento e saneamento, rede eléctrica, etc., e “é obrigación da Xunta facer esa obra”.

Non entanto, o rexedor matizou que o seu desexo é que eses traballos, que se fan ao longo dos viarios de titularidade municipais, sexan acometidos polo Concello, pero pagos pola Xunta de Galicia. “Díxenlles que me enviasen o proxecto e os recursos, pero obtiven a calada por resposta, (…) e agora fan un acto electoral dicindo que o Concello bloquea. Que caradura política ten esta xente!”, proclamou Caballero. Mentres, o goberno galego insiste en que hai un proxecto, un orzamento de 12,5 millóns de euros que non se puideron investir (aos que se suman outros 7 millóns en obras de humanización que si se están facendo na contorna), ademais do investimento da Fundación Amancio Ortega.

CASE TRES ANOS DE PARALIZACIÓN

A Xunta pediu ao consistorio olívico en 2021 que puxese eses viarios á súa disposición para poder acometer diversas actuacións, entre elas, a residencia de maiores, e tras os traballos serían de novo respuestos ao Concello. En 2022, a entón delegada, Marta Fernández-Tapias, presentou o proxecto para reformar a Praza de Armas da ETEA e humanizar os espazos. Así, explicou que, para acometer as actuacións, era necesaria a urbanización e dotación de servizos básicos, que discorren por baixo duns viarios do Concello.

Ese mesmo ano, o Concello acordou devolver eses viarios municipais á Zona Franca ante a imposibilidade de cumprir unha sentenza que lle obrigaba a pagar 11,5 millóns de euros. Con todo, pouco despois, Zona Franca e Concello chegaron a un acordo polo que o consistorio recompró eses viarios por 3 millóns de euros, e devolveu ao organismo estatal a titularidade dos espazos das instalacións deportivas, polos que agora paga un canon anual.

Á petición de que se puxese ese espazo a disposición da Xunta para realizar as obras de urbanización, e o goberno local respondeu negativamente, alegando que o proxecto de urbanización non estaba aprobado definitivamente, porque a propia administración local puxera unha serie de objecciones por cuestións técnicas non resoltas.

Pouco despois, o alcalde confirmou que non poría eses viarios a disposición da Xunta, e que, ao ser propiedade do Concello, debería ser a administración municipal a que acometese os traballos aínda que, iso si, pagados polo goberno autonómico. Desde entón, nada se moveu e nin sequera o cambio na delegación territorial da Xunta en Vigo, co nomeamento de Ana Ortiz, serviu para desbloquear a actuación. Mentres, seguen sen poder executarse nin a residencia de maiores nin o centro de investigacións mariñas, nin ningún outro proxecto que necesite deses servizos básicos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...