InicioPolíticaÓscar Puente non se pronuncia sobre a denuncia do PSOE por delito...

Óscar Puente non se pronuncia sobre a denuncia do PSOE por delito de odio

Di que está en mans da Xustiza e "a partir de aquí entra no circuíto xudicial e depende da Fiscalía e, eventualmente, do xulgado ao que se turne", sinalou o ministro de Transportes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, eludiu este venres pronunciarse sobre a denuncia interposta polo seu partido, o PSOE, polos feitos ocorridos en Noitevella ás portas da sede de Ferraz, onde se mallou un boneco coa imaxe do presidente do Goberno, e lembrou que dita cuestión está agora en mans da Xustiza.

Preguntado acerca das accións legais emprendidas, Puente evitou opinar ou dar detalles, alegando que o sucedido (que o PSOE considera constitutivo dun posible delito de odio, entre outros) “púxose en mans da Fiscalía”. “A partir de aquí entra no circuíto xudicial e depende da Fiscalía e, eventualmente, do xulgado ao que se turne”, sinalou.

Así o manifestou, en declaracións aos medios na estación de tren de Urzáiz-Vigo, onde chegou nun tren Avril serie 106, en viaxe de probas, acompañado polos Reis Magos, o mesmo día en que se fixo público que o PSOE presentou denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado polo ocorrido en Noitevella ante a sede socialista. Os socialistas apuntan á posible comisión dun delito de incitación ao odio e sinalan a vinculación dos organizadores da protesta (Asociación Revolta) con Vox.

TRENS AVRIL 

Os trens Avril que comunicarán Galicia con Madrid por Alta Velocidade comezarán a operar en marzo, “se todo vai sobre o previsto”, segundo anunciou o ministro Óscar Puente este venres, o que permitirá que as cidades galegas gañen ata 9 frecuencias e que se incrementen as prazas (unhas 200 máis por vehículo).

Así o anunciou os responsable Transportes e Mobilidade Sustentable, á súa chegada á estación de Vialia-Urzáiz de Vigo, nunha viaxe de probas do tren Avril (serie 106), no que estivo acompañado polos Reis Magos. Precisamente, o ministro explicou que a idea de “atender a petición” dos Magos de Oriente, de viaxar en AVE a Vigo, xurdiu tras as declaracións que fixo, ao pouco de ser nomeado, sobre escribir unha carta aos Reyes para pedir ese servizo, unhas palabras que “alguén terxiversou”, afirmou.

Segundo explicou, os billetes para as viaxes nestes trens comezarán a venderse o próximo 1 de marzo e, “se todo vai sobre o previsto”, ese mesmo mes comezará a operativa comercial en Galicia e Asturias, tamén con trens Avlo. Así mesmo, recalcou que a posta en funcionamento do novo material permitirá pasar de 4,5 millóns a 11 millóns de prazas, acurtar tempos de viaxe e gañar frecuencias, de maneira que Santiago pasará de 4 a 8, Ourense de 10 a 12, A Coruña de 3 a 5, e Vigo de 4 a 5 frecuencias.

ÚLTIMAS

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...

A Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da historia de Vigo” polo seu 25 aniversario

A Asociación de Dano Cerebral Alento elaborará este sábado a tortilla "máis grande da...

O BNG levará unha moción ao Pleno de Vigo para pedir a condena das “accións genocidas” de Israel en Gaza

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo levará unha moción para o...