InicioPolíticaO PP pregunta ao Goberno as medidas tomadas tras o voo de...

O PP pregunta ao Goberno as medidas tomadas tras o voo de Air Nostrum cancelado en favor de xogadores do Sevilla

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os deputados do PPdeG no Congreso preguntaron ao Ministerio de Consumo e ao de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana polas medias tomadas tras ter coñecemento do voo de Air Nostrum cancelado en Vigo en favor dos xogadores do Sevilla Fútbol Club. A formación rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que interpela ao Goberno central sobre este asunto e, especificamente, sobre que medidas foron postas en marcha.

Desta maneira, os ‘populares’ súmanse así ás reclamacións realizadas polos viaxeiros afectados e ás denuncias e queixas formuladas por varias organizacións de consumidores. Segundo recolle o PP nun comunicado, os deputados tamén solicitaron saber que compensación recibirán os pasaxeiros e que sancións terá que pagar a compañía aérea polo trato “discriminatorio” que recibiron os seus clientes.

FEITOS

O escrito lembra que o pasado 4 de novembro unhas 80 persoas viron como subían ao avión que lles correspondía xogadores, técnicos e directivos do equipo de fútbol que xogara un partido contra o Celta de Vigo esa mesma tarde, dándolles prioridade fronte ao resto de pasaxeiros e asignándolles o único avión que a compañía tiña nese momento dispoñible.

“A razón que se ofreceu entón foi que o aparello no que ía voar o equipo sufrira unha avaría e priorizóuselle no último voo regular do día a Madrid. En consecuencia, os 80 pasaxeiros que Air Nostrum decidiu deixar en terra tiveron que elixir entre regresar por estrada a Madrid, ao día seguinte ás 8 da mañá, ou coller o primeiro voo do domingo cos consecuentes prexuízos ocasionados”, lamenta o PP.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...