InicioPolíticaO xulgado de Ponteareas investigará a Domingos Freitas por chamar "parapléxico" a...

O xulgado de Ponteareas investigará a Domingos Freitas por chamar “parapléxico” a un ex concelleiro do BNG

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Ponteareas incoou dilixencias previas, admitindo así a trámite a denuncia que Bolívar González, o que foi durante 17 anos concelleiro do devandito Concello polo BNG, presentou contra o actual membro da corporación municipal Domingos Freitas tras chamalo “parapléxico” no pleno de investidura da actual alcaldesa, Nava Castro, o pasado mes de xuño.

No auto, o maxistrado considera que os feitos narrados polo denunciante fan presumir a posible existencia dun delito de odio, polo que admitiu a trámite a denuncia co obxectivo de incoar dilixencias previas “e practicar aquelas esenciais” encamiñadas a investigar o ocorrido.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, González mostrou a súa satisfacción tanto pola admisión a trámite da súa denuncia, como pola cualificación dos feitos denunciados, considerando “totalmente condenable a actitude do concelleiro Freitas”, por “deostalo pola súa situación de discapacidade, perfectamente coñecida” por el.

Bolívar González considera o enxuizamiento destes feitos como “única vía” para conseguir o resarcimento da súa persoa e o dano ocasionado. Por último, lamentou que o concelleiro continúe ostentando un cargo de representación pública municipal, “contando co beneplácito da alcaldesa, Nava Castro”.

FEITOS

Tal como relata González na súa denuncia, foi durante a sesión plenaria de constitución da nova corporación cando o denunciado dirixiuse “de forma pública no medio dunha disertación” cara ao denunciante, ordenándoo calar e cualificándoo de “parapléxico”. Danse as circunstancias de que Bolívar González se viu obrigado a retirarse de toda actividade pública e laboral como consecuencia da deterioración de saúde que dificulta a súa mobilidade, precisando habitualmente de bastón ou apoios para camiñar. “Estes feitos eran sobradamente coñecidos polo denunciado, tal e como reflicte un ateigado policial do día dos feitos”, subliña González.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...