InicioPolíticaO goberno local de Ponteareas denuncia a "herdanza" do bipartito: "unha débeda...

O goberno local de Ponteareas denuncia a “herdanza” do bipartito: “unha débeda de 9 millóns e contratos vencidos”

Segundo trasladaron, o bipartito deixou máis de 9 millóns de débedas, dos que máis de 2,5 millóns correspóndense a facturas impagadas. Tamén aseguraron que hai facturas por importe duns 300.000 euros por traballos "sen contrato", ao que se suma o déficit de 1,5 millóns co que se pechou o exercicio pasado, e a previsión de orzamento de 300.000 euros para iluminación pública, "cando o gasto real é de 1,3 millóns".

PUBLICADO O

O goberno municipal de Ponteareas, encabezado por Nava Castro (PP), fixo balance este luns dos seus primeiros cen días, e denunciou a “herdanza” que lle legou o anterior goberno local, de BNG e PSOE, con “máis de 9 millóns de euros de débeda e a maior parte dos contratos municipais vencidos”.

Segundo trasladaron, o bipartito deixou máis de 9 millóns de débedas, dos que máis de 2,5 millóns correspóndense a facturas impagadas. Tamén aseguraron que hai facturas por importe duns 300.000 euros por traballos “sen contrato”, ao que se suma o déficit de 1,5 millóns co que se pechou o exercicio pasado, e a previsión de orzamento de 300.000 euros para iluminación pública, “cando o gasto real é de 1,3 millóns”.

Así as cousas, o goberno ponteareán avanzou que levará ao pleno extraordinario da Conta Xeral un recoñecemento extraxudicial de crédito por uns 450.000 euros para facer fronte á falta de pagamentos, e subliñou que, á súa chegada á administración muncipal, atopáronse con menos de 100.000 euros de crédito dispoñible. Por outra banda, fixo un repaso das principais iniciativas levadas a cabo nestes primeiros cen días de mandato, tanto nas áreas de Vías e Obras, como de Deportes, Tráfico, Benestar Social, Turismo ou Medio Ambiente.

Con respecto aos servizos municipais, o actual goberno local denunciou que se atopou na área de Servizos Comúns “coa totalidade dos contratos vencidos e sen renovar, mesmo algúns en situación de prórroga forzosa por tratarse de servizos básicos”. Así mesmo, criticou a xestión de fondos europeos por parte do anterior goberno e a paralización de proxectos e axudas. En resumo, a rexedora, Nava Castro, constatou o “deixamento” do anterior executivo local, e agradeceu o “inmenso traballo” que está a levar a cabo o seu equipo para desbloquear proxectos, servizos e acelerar trámites.

ÚLTIMAS

Tres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank de Gran Vía

A Policía Nacional revisa imaxes gravadas polas cámaras e toma declaracións a testemuñas e empregados para atopar...

A remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o Museo Massó...

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...

Traballadores de Vitrasa saen de novo á rúa para solicitar que a empresa e o goberno local acheguen unha solución

Decenas de traballadores de Vitrasa, concesionaria municipal do transporte urbano da cidade de Vigo,...