InicioPolíticaO PSOE denuncia ante Facenda unha suposta fraude con fondos europeos por...

O PSOE denuncia ante Facenda unha suposta fraude con fondos europeos por parte do goberno local de Ponteareas

Na denuncia dos socialistas, indícase que se aprobou un proxecto "sen seguir o procedemento legal" previsto na Lei de Contratos, e "contratando verbalmente pola concelleira de Urbanismo un proxecto novo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

PSOE de Ponteareas presentou denuncia ante a Intervención Municipal e ante o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude do Ministerio de Facenda, por un suposto uso irregular de fondos europeos por parte do goberno municipal, presidido por Nava Castro (PP). Segundo explicou o grupo socialista a través dun comunicado, o anterior goberno local (un bipartito BNG-PSOE) tiña consignados 600.000 euros para a rehabilitación da Nave de Aceiros do Tea mediante fondos europeos para destinalo a espazo cultural. O proxecto foi modificado en dúas ocasións e a súa licitación quedou pendente xusto antes das eleccións e do cambio de goberno.

Eses fondos “teñen que estar executados e xustificados a 31 de decembro deste ano”, é dicir, en apenas 3 meses. Se non se fai así, Ponteareas perderá ese diñeiro. O 25 de xullo pasado, a alcaldesa Nava Castro levou a pleno a aprobación do proxecto de rehabilitación, pero con intención de situar nesas instalacións a praza de abastos, tal e como prometera en campaña electoral. Segundo criticaron os socialistas, a rexedora “botou por terra todo o traballo realizado polo goberno anterior e pretende comezar desde cero cunha nova actuación que require os permisos necesarios e a aprobación da operación por parte do Ministerio”.

Ante esta situación, a portavoz do PSOE, Vanesa Fernández, remitiu escrito de denuncia a Intervención Municipal e ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude do Ministerio. Segundo apuntou a portavoz socialista, “un dos principais obxectivos dos fondos europeos é reforzar a política antifraude e manifestar o compromiso cos estándares máis altos no cumprimento de normas xurídicas, éticas e morais; así como a adhesión aos principios de integridade, obxectividade e honestidade”.

Na denuncia dos socialistas, indícase que se aprobou un proxecto “sen seguir o procedemento legal” previsto na Lei de Contratos, e “contratando verbalmente pola concelleira de Urbanismo un proxecto novo”. “A tramitación de Fondos Europeos esixe a participación pública, inexistente neste proxecto presentado polo PP, ademais de que o contrato verbal realizado constitúe unha vía de feito que determinaría a nulidade do expediente”, indicou a portavoz do PSOE. “En apenas dous meses de goberno do PP xa nos atopamos coas prácticas caciquís dos vellos tempos, cando Ponteareas era coñecida por ter un alcalde inhabilitado, ou por ter concelleiros do PP que escapaban do pleno polas xanelas do Concello”, remarcou Vanesa Fernández.

ÚLTIMAS

Precaución ante o empeoramento da calidade do aire na área de Vigo esta madrugada

Os niveis de contaminación do aire en Vigo alcanzaron á 1 da madrugada un...

Luz verde ao PXOM de Vigo por parte da Xunta que aínda está pendente do informe de Costas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou este xoves...

O Xulgado de Violencia sobre a Muller ratifica prisión provisional para Borja R.R., o home que prendeu lume á súa ex parella

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo ratificou este xoves a prisión provisional para...

Sanidade nega “colapso” no servizo de radioterapia do Meixoeiro e vincula os problemas con “momentos de avarías”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, negou que exista un "colapso" no servizo de...