InicioPolíticaO PP de Ponteareas nega "prácticas caciquís" e acusa os socialistas de...

O PP de Ponteareas nega “prácticas caciquís” e acusa os socialistas de “non acatar os resultados electorais”

Nava Castro defendeuse este mércores das "graves acusacións formuladas" polos socialistas locais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Desde o Partido Popular de Ponteareas expresaron este mércores o seu “rotundo rexeitamento” ás “graves acusacións formuladas” polos socialistas locais, nas que se acusa á alcaldesa, Nava Castro, de “prácticas caciquís”. Castro, segundo recollen nun comunicado, quixo deixar claro que “non hai ningún familiar facendo tarefas nin ocupando instalacións municipais”, aínda que, dixo, “cando sexa preciso” contará “para os seus asuntos particulares e persoais con quen queira”.

Pola contra, o PP pediu ao PSOE de Ponteareas que “cuestionen ao seu propio partido” e mencionou cuestións como a reunión co delegado do Goberno de decembro de 2022, na que estivo o que foi candidato nas municipais, Delfín Domínguez, “quen non era ningún cargo”.

A continuación, acusaron aos socialistas de “elucubracións malintencionadas” e de “non saber acatar os resultados electorais”. “Sempre actuamos correctamente e respectamos, como non podía ser menos, que sometan calquera cuestión a criterio da Fiscalía, pero que non engadan comentarios malintencionados nin emponzoñen a práctica política”, finaliza o comunicado.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...