InicioPolíticaO PSOE de Ponteareas anuncia que levará á Fiscalia o feito de...

O PSOE de Ponteareas anuncia que levará á Fiscalia o feito de que a alcaldesa Nava Castro deixe a un familiar usar instalacións municipais

Tilda o feito de "prácticas caciquís".

PUBLICADO O

- Advertisement -

PSOE de Ponteareas anunciou que levará á Fiscalía “prácticas caciquís” da alcaldesa do municipio pontevedrés, Nava Castro. Nun comunicado, os socialistas denuncian que no pleno celebrado este luns a rexedora “admitiu que un familiar seu usa instalacións municipais” por consideralo “persoal da súa confianza”.

“O PSOE denuncia a gravidade dos feitos, xa que a alcaldesa utiliza a institución municipal e os medios públicos ao seu antollo incumprindo toda a lexislación de persoal, posto que está a utilizar persoal do PP e mesmo familiares seus en tarefas municipais, sen que estas teñan ningunha vinculación laboral nin de representación na actualidade co Concello”, censuran.

Así, neste comunicado, a portavoz socialista, Vanesa Fernández, lembrou que “non existe ningunha praza no persoal do concello para cargos de confianza”. Nesta liña, asegurou que non van consentir que Nava Castro faga do Concello “o seu chiringuito particular”. Por iso, avanzou que o PSOE elevará escrito á Fiscalía para que a alcaldesa “cese nestas condutas irregulares” que, segundo apuntou, “lembran á época do enchufismo en Ponteareas”.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...