InicioPolíticaA "rabecha" de Carmela Silva por perder o edificio da Deputación en...

A “rabecha” de Carmela Silva por perder o edificio da Deputación en Vigo lévaa a abandonar o pleno do Concello

Tras perder o cargo á fronte da Deputación provincial, a Concellaría da propia Silva decidiu restrinxir o convenio de cesión deste inmoble, asegurando que ao Concello de Vigo lle pertence parte do mesmo.

PUBLICADO O

expresidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde do Concello de Vigo, Carmela Silvaabandonou este luns o pleno municipal durante a moción proposta polo PP sobre a súa “rabecha” polo edificio do ente provincial na cidade, despois de que a Concellaría da propia Silva decidise restrinxir o convenio de cesión deste inmoble.

En concreto, o edificio, de titularidade municipal, foi cedido á Deputación durante o mandato de Carmela Silva ata 2029. Con todo, agora que os socialistas perderon o organismo provincial, o Concello reclama parte do mesmo. Por iso, desde o PP presentaron unha moción no pleno de Vigo reprobando a actuación de Silva e dos deputados socialistas, criticando a “rabecha” e o uso das institucións como un “casarío”.

Foi a portavoz local do PP, Marta Fernández-Tapias, a encargada de defender esta iniciativa, lamentando as intencións de Silva e ironizando con que aos socialistas esquecéuselles incluír no convenio de cesión unha cláusula na que se especificase que o documento deixaría de ter validez se o PSOE perdía a Deputación.

“Non sabe levar que perdeu a Deputación. A escusa de querer apostar pola cultura por parte do goberno local dáme ata risa”, engadiu Fernández-Tapias en relación a Silva. A portavoz do PP subliñou a importancia de que a Deputación teña sede en Vigo para atender aos cidadáns e criticou que Silva abandonase a sala no momento desta moción para así “non dar explicacións”.

Desde o BNG, Xabier Iglesias asegurou que o edificio foi no seu momento un “capricho” de Carmela Silva, polo que o Bloque sempre defendeu un uso cultural do mesmo.

Durante o pleno, do cal tamén se ausentou o alcalde, Abel Caballero, desde o PSOE recriminaron os “malos” resultados do PP en Vigo e aseguraron que o que pretende Fernández-Tapias é ter un despacho mellor ao quedar co edificio da Deputación, xa que ela é tamén vicepresidenta do ente provincial.

“Para rabecha e derrota a súa (por Fernández-Tapias), que tivo o peor resultado electoral de todas as cidades de Galicia. O terceiro peor resutlado dos 61 concellos de Pontevedra”, indicou Yolanda Aguilar.

Ela dixo que aos vigueses non lles importa o despacho de Tapias, senón que os cidadáns están preocupados por saber que vai facer o PP desde a Deputación en Vigo. “Saber se van romper con todo o feito na pasada lexislatura desde a Deputación, se van manter o investimento na reforma do estadio de Balaídos, no aeroporto de Vigo”, engadiu.

Tapias respondeu que non ten necesidade algunha dun novo despacho e insistiu en que é un “erro” esta decisión do Concello. A pesar de todo, a moción non saíu adiante, xa que foi rexeitada tanto polo PSOE como polo Bloque.

ÚLTIMAS

Os equipos de emerxencias auxilian aos dous ocupantes dun turismo tras saírse da vía na AP-9, a altura da parroquia viguesa de Cabral

Os dous ocupantes dun turismo foron auxiliados polos equipos de emerxencia tras saírse da...

Tres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank de Gran Vía

A Policía Nacional revisa imaxes gravadas polas cámaras e toma declaracións a testemuñas e empregados para atopar...

A remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o Museo Massó...

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...