InicioPolíticaEsperpento en Ponteareas entre PP e ACIP que se acusan de romper...

Esperpento en Ponteareas entre PP e ACIP que se acusan de romper as negociacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os contactos entre PP e Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACIP) para chegar a un acordo de investidura e de goberno nesta localidade seguen sen frutificar, e a candidata ‘popular’ á Alcaldía, Nava Castro, lamentou que os independentes “non asumen o resultado das urnas” o pasado 28 de maio, cando o PP foi o partido máis votado e obtivo 7 edís, fronte aos 4 que manteñen ACIP.

Nun comunicado, Nava Castro responsabilizou a ACIP da falta de acordo, despois de que o partido de Juan Carlos González Carrera rexeitase unha tenencia de Alcaldía e varias concellarías. “Lonxe de asumir os resultados das urnas e de continuar cunha negociación á altura da esixencia política, o grupo de Juan Carlos González mostrouse inflexible e inmobilista”, denunciaron desde o PP.

Nava Castro acusou a ACIP de negarse a seguir dialogando para “chegar a un acordo de estabilidade” en Ponteareas e de rexeitar a oportunidade de “respectar” a vontade dos veciños expresada nos comicios.

SEN “POSIBILIDADE DE DIÁLOGO”

Pola súa banda, Juan Carlos González Carreira recalcou que o encontro mantido nas últimas horas foi solicitado por ACIP, e que o PP en ningún momento facilitou a “posibilidade de diálogo ou de negociación”. Tras sinalar que “é positivo sentar a negociar”, devolveu as acusacións a Nava Castro, da que asegurou que “pechou a porta” a un acordo. “Quen romperon as negociacións foron eles, non nós”, matizou.

ACIP defendeu o respaldo conseguido polos votantes, e reclamou poder “liderar” o goberno de Ponteareas, senón durante ow catro anos, polo menos de maneira rotatoria.

O pasado 28 de maio, o PP resultou o partido máis votado, e pasou de 5 a 7 concelleiros; o BNG, que ostentou a alcaldía no anterior mandato, baixou de 9 a 6 edís; o PSOE baixou de 3 a 2; e ACIP mantivo os seus 4 representantes. Nestes últimos comicios tamén entraron na Corporación Ponteareas en Común e Independentes por Ponteareas, cun concelleiro cada un.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...