InicioPolíticaFeijóo califica a Caballero de "personaxe" e di que fai o ridículo...

Feijóo califica a Caballero de “personaxe” e di que fai o ridículo polas luces de Nadal

PUBLICADO O

- Advertisement -

“A evolución da personaxe que perde o sentido da realidade é total. Xa non sei se esa personaxe e ese ridículo son incompatibles”. Con esta contundencia describiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao alcalde vigués, Abel Caballero, tras anunciar o acendido de Nadal en pleno verán.

Preguntado sobre a posibilidade de que no concello vigués se abra unha Comisión de Investigación sobre a súa relación co narco Marcial Dorado, Feijóo dixo que, a pesar dos anuncios feitos con anteioridade por Caballero, “non lle deixa de sorprender esta personaxe política que se supera cada día”. De feito, remitiu aos propios informadores á rolda de prensa do pasado mércores de Abel Caballero na que anunciou a iluminación de Nadal. “Eu vin o vídeo e non saío do meu asombro”, dixo.

Feijóo, con Dorado
Feijóo, con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

En todo caso, o presidente galego evitou a cuestión de Dorado atacando a Caballero e insistiu que “cada galego xa pode calificar a ese señor por si mesmo”. “Está claro que hai unha evolución dunha personaxe que perde o sentido da realidade”, concluíu.

 

ÚLTIMAS

Detido un conductor tras morrer outro nunha suposta pelexa por un accidente de tráfico na A-55, en Mos

Un home de 54 anos perdeu a vida na tarde deste pasado domingo en...

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...