InicioPolíticaAbel Caballero sobre o indulto ao condenado por enchufar á cuñada de...

Abel Caballero sobre o indulto ao condenado por enchufar á cuñada de Silva: “Non sei de que fala”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eludiu este mércores pronunciarse sobre se estaría a favor do indulto ao exfuncionario do Concello vigués condenado por enchufar a unha cuñada da actual concelleira e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva: “Non sei de que me fala“.

Todo iso despois de que o deputado do PP Diego Gago pedise no Congreso á ministra de Xustiza, Pilar Llop, que aclarase se o Goberno ten previsto conceder o indulto a Javier Gutiérrez Orúe, afiliado socialista en Vigo condenado por enchufar a unha cuñada de Silva.

En rolda de prensa, preguntado sobre este tema e se estaría de acordo co indulto, Abel Caballero limitouse a responder: “Non sei de que me fala”. Gutiérrez Orúe foi condenado a 5 anos e 3 meses de cárcere pola Audiencia Provincial de Pontevedra por favorecer a contratación da familiar de Silva, a través de varios contratos menores, nunha empresa que prestaba servizos para o Concello.

ÚLTIMAS

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...