Inicio Blog Páxina 620

Piden prisión para un policía de Vigo por saltar o afastamento dunha moza que o denunciou por agresión sexual

A Fiscalía pide penas que suman 2 anos e tres meses de prisión para un axente de Policía Local de Vigo por vulnerar unha orde de afastamento dunha moza, que o denunciou por unha suposta agresión sexual, e sentará no banco dos acusados este mércores, no xulgado do Penal 3 da cidade olívica, para un xuízo rápido.

Segundo recolle o escrito de acusación pública, este home foi denunciado en novembro do ano pasado por unha moza veciña súa e, no marco dese procedemento, no que está investigado como suposto autor dun delito de agresión sexual, o xulgado impúxolle como medida cautelar unha orde de afastamento da denunciante.

No entanto e a pesar de ser coñecedor desa medida de afastamento, en febreiro deste ano achegouse no seu coche a poucos metros da moza, na Travesía de Cantabria, e dirixiuse a ela xesticulando, simulando que lle apuntaba e disparaba cunha pistola.

A Fiscal sostén que o acusado fixo isto para amedrentar á moza e “en vinganza” pola denuncia contra el, para tratar de que a moza modificase a súa intervención no procedemento por suposta agresión sexual.

Por estes feitos, entende que o policía (ao que se lle retirou a arma e foi trasladado a servizos sen contacto co público) incorreu nos delitos de quebrantamento de medida cautelar, obstrución á xustiza e ameazas. Así, pide que sexa condenado a penas que suman 27 meses de prisión e ao pago de multas que suman máis de 8.000 euros.

Con motivo da celebración deste xuízo rápido, Feminismo Unitario de Vigo convocou unha concentración ás 10,15 horas na praza da Cidade da Xustiza para reclamar “medidas contundentes” contra o acusado.

Caballero cre que Vigo será sede do Mundial de Fútbol 2030 e asegura que Balaídos cumprirá os requisitos necesarios

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a mostrar a súa convicción de que a cidade será sede do Mundial de Fútbol 2030, polo que asegurou que o estadio municipal de Balaídos cumprirá todos os requisitos necesarios que impón a Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA).

Tras unha reunión levada a cabo en Vigo este martes con representantes da Federación Española de Fútbol, da Federación Galega de Fútbol, da Xunta e do Concello, Caballero indicou a súa “satisfacción”, ao dispor dun proxecto “sólido e moi ben trazado”.

“Estou seguro de que Vigo vai ser sede”, reivindicou o rexedor en rolda de prensa, pondo en valor o “proxecto extraordinario” que se presentou. Todo iso no marco da candidatura de España e Portugal para acoller este evento deportivo que, de ser aprobada, terá que seleccionar os estadios onde levarán a cabo os partidos.

Entre as cuestións que se expoñen, Balaídos é necesario que dispoña de polo menos 40.000 asentos. A pesar de que na actualidade ten uns 30.000, o alcalde indicou que se desenvolverán as reformas necesarias “sen ningunha dúbida” para ampliar o aforamento, xa que en certas bancadas como Tribuna ou Preferencia hai espazos onde instalar máis bancadas.

Tamén explicou que para os adestramentos son necesarios ata seis campos de fútbol, que poden estar a varios quilómetros de Balaídos. Para isto, o Concello seleccionou o campo de Coruxo, preto do cal se construirá outro campo (porque as normas establecen que ten que haber dous campos xuntos).

Tamén se utilizarán os campos da Madroa para que o outro equipo adestre. Así mesmo, os terreos de Barreiro e Navia serán os outros dous elixidos. “Somos capaces de garantir todo o que se necesita dentro do territorio de Vigo”, subliñou Caballero.

A organización de Flash Market Vigo mantén a feira e asegura non ter indicacións da Xunta para suspendela

A organización da feira Flash Market Outlet, prevista para os días 5, 6 e 7 de maio no Instituto Feiral de Vigo, comunicou que mantén o evento, e que non recibiu notificación por parte da Xunta para suspendelo.

Así, trasladaron a súa “preocupación” tras facerse público que a Dirección Xeral de Comercio instou a suspender a dita feira, por non cumprir os requisitos previstos na normativa autonómica. “Desde Flash Market Outlet Vigo non recibimos ningunha notificación oficial referente a este suposto“, aseguraron (a pesar de que fontes da administración autonómica informaron de que se trasladou a súa decisión á organización da feira).

Flash Market Outlet Vigo remitiu nas últimas horas á Xunta unha listaxe de comercios locais que participarán na feira e reiteraron o seu apoio ao comercio de proximidade, aos que ofrece “condicións moi vantaxosas” para participar neste evento. Así mesmo, aseguraron que o Ifevi tampouco recibiu ningunha notificación sobre a cancelación da feira.

A Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio da provincia de Pontevedra celebraron a decisión da Xunta, pero a organización da feira lamentou que se poña en risco este evento ao que o comercio local acode “con moito interese” e que “parece non importarlle á Federación Galega de Comercio”.

Finalmente, no seu comunicado, os organizadores advertiron de que “no suposto de confirmarse a cancelación do evento por parte da Administración”, resérvanse “o dereito a tomar as medidas legais oportunas para defender os intereses do comercio local participante e da organización”.

As Cíes, ao completo na ponte do 1 de maio

As Illas Cíes volverán encherse na ponte do Día do Traballador do 1 de maio, xa que o sábado 29 de abril, o domingo 30 e o luns 1 de maio (festivo nacional) a cota de 450 prazas diarias dispoñibles para visitar o arquipélago (por non ser tempada alta) xa está completo.

Así o indicou a navieira Mar de Ons, que lembrou que as illas, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, son un dos destinos con maior demanda do noroeste peninsular. “Esta cota de 450 prazas queda curto para atender a demanda. Os barcos sairán a media capacidade, xa que o Plan reitor de uso e xestión non contempla esta ponte, tan importante turísticamente, atrasando ao 15 de maio o comezo da tempada alta”, lamentou a responsable comercial de Mar de Ons, Silvia Torres.

Rescatado un cabalo que caeu nun depósito de auga en Moaña

A Garda Civil rescatou o pasado venres, día 21 de abril, a un cabalo que caera nun depósito de auga da Comunidade de Montes en Moaña despois de que un particular alertara aos axentes

Por iso, unha patrulla desprazouse ao lugar, onde comprobou que o cabalo se atopaba en serio risco de afogamento, sendo incapaz de manterse á boia e respirando con moita dificultade tras meterse no recinto do depósito por un pequeno buraco do valo.

A rápida actuación dos axentes, en colaboración cos membros da Comunidade de Montes, permitiron salvar a vida do cabalo. “A tarefa foi complexa, pois o animal mostraba un alto grao de nerviosismo e, coas condicións climáticas adversas que había nese momento, o rescate foi difícil, pero afortunadamente puido realizarse con éxito”, sentenciou a Garda Civil nun comunicado.

O condenado polo ‘Caso enchufe’ na Deputación de Pontevedra recorre o seu ingreso en prisión

O exfuncionario do Concello de Vigo Francisco Javier G. O., condenado a máis de 5 anos de cárcere por ‘enchufar’ a unha cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva nunha contrata municipal, presentou recurso de súplica contra o auto que lle dá un prazo de 5 días para ingresar voluntariamente en prisión.

No escrito presentado pola súa defensa, explica que a Audiencia Provincial deu por desestimada a súa solicitude de indulto (ao transcorrer máis dun ano desde que a presentou ante o Ministerio de Xustiza) e considera que, aínda que non hai resposta para aceptar a medida de gracia, tampouco hai resolución expresa para desestimala.

Neste sentido, o seu avogado lembra que, cando o Tribunal Provincial accedeu a suspender a entrada en prisión mentres se tramitase o indulto, fíxoo sen ningunha matización de prazo (aínda que Fiscalía e acusación popular si pediron que esa suspensión non fose por un tempo superior a un ano).

Por tanto, a defensa de Francisco Javier G.O. entende que esa solicitude de indulto “segue en trámite” e que, se o exfuncionario entra no cárcere e logo se lle perdoa a condena, vulneraríanse os seus dereitos. Así as cousas, suplica á Audiencia que estime o recurso e manteña suspendida a execución da pena mentres se tramita o indulto.

Seis acusados de traficar con droga non irán a prisión tras chegar a un acordo

Seis membros dun grupo familiar, acusados de traficar con droga no barrio vigués de Teis, eludirán o ingreso en prisión tras chegar a un acordo coa Fiscalía e tras a aplicación de circunstancias atenuantes, tal e como quedou reflectido na sentenza ditada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, tras un acordo de conformidade.

María Soidade G.M., Jesús M.G., Modesto M.G., Ana G.R., Antonio M.B. e Adela G.J. sentáronse no banco dos acusados como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e a Fiscalía pedía inicialmente para eles penas que oscilaban entre os 5 e 3 anos e medio de prisión.

Tras o acordo e o recoñecemento dos feitos por parte dos procesados, o Ministerio Público modificou as súas conclusións e acusou a María Soidade, Jesús, Modesto e Ana dun delito de tráfico de drogas, coa circunstancia atenuante de drogadicción en todos os casos. A Antonio e Adela considéraos cómplices do delito, ao colaborar cos demais acusados na súa actividade de venda de estupefacientes.

Ademais, María Soidade e Jesús deberán pagar unha multa de 1.500 euros cada un; Modesto e Ana deberán pagar multa de 200 euros; e Antonio e Adela deberán pagar unha multa de 500 euros cada un.

As partes tamén acordaron a suspensión da execución da pena, de maneira que ningún dos procesados entrará en prisión. No caso dos autores do delito, a suspensión acordouse por un período de 5 anos, a condición de que non volvan delinquir nese tempo e continúen os seus tratamentos de desintoxicación das drogas; no caso dos cómplices, a suspensión da pena de prisión é por 3 anos, tamén a condición de que non delincan nese período.

FEITOS RECOÑECIDOS

Os procesados admitiron que, entre maio e setembro de 2020, adicábanse á venda de cocaína e heroína desde dous domicilios da zona da Avenida de Galicia e nas inmediacións do Centro de Saúde de Teis.

Nos rexistros dos domicilios, os axentes incautáronse de diversas cantidades de heroína e cocaína, decenas de moedas de prata antigas, básculas, armas brancas, 17 décimos de lotaría de Nadal e uns 2.500 euros fraccionados en distintos billetes.

Comeza a tempada de viaxes diarias ás Illas Cíes

A navieira Mar de Ons leva a cabo este martes, 25 de abril, as primeiras viaxes diarias da tempada ás Illas Cíes e prestará viaxes á Illa de Ons durante a ponte de maio. Xa non quedan prazas dispoñibles para viaxar ás Illas Cíes os días 29 e 30 de abril e a cota de 450 prazas está esgotada para os primeiros días da ponte de maio

As Illas Cíes, O destino natural máis importante de Galicia, é un dos principais puntos de turismo cos que que Naviera Mar de Ons mantén viaxes durante a meirande parte do ano. Os barcos partirán desde os portos de Cangas e Vigo. A naviera ofrecerá este servizo diario para visitar as Illas Cíes ata o mes de outubro, aumentando frecuencias e portos de saída a medida que a tempada e a demanda avance.

Pola súa parte, a compañía viaxará a Ons desde os portos de Bueu, Sanxenxo, Portonovo e Vigo durante a ponte de maio para atender a toda a demanda de visitantes que se prevé para esta festividade. As viaxes realizadas ata o 14 de maio incluirán unha visita guiada a pé tanto nas Illas Cíes como na Illa de Ons. Ademais, a compañía tamén fretará viaxes á Illa de Tambo desde o porto de Combarro.

Só en Semana Santa rexistráronse máis de 11.000 autorizacións para acudir ás Illas Cíes, segundo datos da Central de Reservas da Xunta de Galicia. Neste sentido e ante a demanda de visitantes, Naviera Mar de Ons anticipa as viaxes diarias a este destino desde hoxe e ata o mes de outubro.

Discover Old Versions of Huawei Firmware with Firmware Finder APK

0

Firmware Finder for Huawei APK is a tool that helps users discover old versions of firmware for their Huawei devices. This tool can be useful for those who want to revert to an older version of firmware or for those who are experiencing issues with the latest firmware update.

See details)flash.com/wp-content/uploads/2019/03/2-768×399.jpg”/>

The Firmware Finder APK is designed specifically for Huawei devices and allows users to search for and download firmware files for their specific device model. The tool also provides information about the latest available versions of firmware, as well as information about the firmware’s size, release date, and features.

Why Use Firmware Finder APK?

There are several reasons why someone might want to use Firmware Finder APK:

  • To revert to an older version of firmware: Sometimes, after updating to the latest firmware, users may experience issues such as decreased battery life, slow performance, or bugs. In such cases, reverting to an older version of firmware may help fix the problem.
  • For testing purposes: Developers and beta testers may want to test their apps or software on different versions of firmware to ensure compatibility.
  • If the latest firmware is not compatible: Some older devices may not be able to handle the latest firmware update. In such cases, Firmware Finder APK can help users find and install an older version of firmware that will work with their device.

How to Use Firmware Finder APK?

Using Firmware Finder APK is easy. Here are the steps to follow:

Step 1: Download Firmware Finder APK

You can download the Firmware Finder APK from various sources online. Make sure to download it from a trusted source to avoid downloading malware or viruses onto your device.

Step 2: Install the APK File

Once you have downloaded the APK file, you will need to install it on your device. To do this, go to your device’s settings and enable “Unknown sources” under the “Security” or “Privacy” section. Then, locate the APK file in your device’s file manager and tap on it to initiate the installation. Follow the on-screen instructions to complete the installation process.

Step 3: Launch Firmware Finder APK

Once the installation is complete, you can launch the Firmware Finder APK from your device’s app drawer. The app may prompt you to grant certain permissions, such as access to your device’s storage, so make sure to grant these permissions to ensure the app functions correctly.

Step 4: Search for Firmware Files

After launching the app, you can search for firmware files by entering your device’s model number in the search bar. The app will display a list of available firmware versions for your device. You can also filter the results by region, language, and carrier.

Step 5: Download and Install Firmware

Once you have found the firmware version you want to install, you can download it by tapping on the download button. The app will then download the firmware file to your device’s storage. After the download is complete, you can install the firmware by following the on-screen instructions.

Firmware Finder APK is a useful tool for Huawei device owners who want to discover and download older versions of firmware for their devices. Whether you want to revert to an older version of firmware, test software compatibility, or install firmware that is compatible with your device, Firmware Finder APK makes it easy to find and download the firmware you need.

O PSOE da Cañiza non ve “adecuado” que o PP teña de candidato a Miguel Domínguez

0

O PSOE da Cañiza afirmou este luns que Miguel Domínguez, candidato do PP á Alcaldía desta localidade, “non é a persoa adecuada” para aspirar a ser rexedor, xa que os seus 8 anos como alcalde (entre 2011 e 2019) levou a cabo unha “terrible xestión política” que se traduciu nun “desgoberno”.

Nun comunicado, o PSOE da Cañiza sinalou que o actual alcalde, o socialista Luís Piña, recibiu unha “herdanza económica nefasta” do seu antecesor do PP, que se concretou en 4,3 millóns de euros en factuas sen pagar, ademais de reclamacións xudiciais de provedores e traballadores que acosaron “ao actual goberno local2.

Respecto diso, os socialistas apuntaron que os tribunais acreditaron “esa mala xestión, con sentenzas que anularon contratos, ou a resolución que avala a decisión do actual alcalde de non pagar a reclamación dunha construtora por 12 facturas impagadas”. En dita sentenza, sinalaron desde o PSOE, reflíctese unha reclamación de máis de 312.000 euros en factuas “que non tiñan documentación nin expediente”. Así, realizáronse por obras “sen partida orzamentaria, nin formalización de contrato, nin proxecto nin certificación de fin de obra”.

“Ante estas irregularidades, a actual Alcaldía non podía pagar ningunha destas facturas, ademais de por a ruinosa situación económica herdada de Domínguez, por non contar cos necesarios procedementos legais de contratación”, indicaron fontes socialistas da Cañiza. A sentenza, indicou o PSOE, “xa é firme e definitiva” e é “un claro exemplo” do que viñeron denunciando os socialistas sobre esa herdanza do anterior alcalde, do PP, e as facturas que deixou sen pagar.

Este comunicado fíxose público días despois de saberse que un xulgado de Ponteareas admitiu a trámite unha denuncia do PP por suposta prevaricación contra o alcalde, Luís Piña, en relación coa suposta negativa de facilitar aos ‘populares’ o acceso aos expedientes municipais. O rexedor negou eses feitos, e lamentou que Miguel Domínguez presentase unha querela “para montar un circo” nas semanas previas ás eleccións municipais.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed