O hospital Álvaro Cunqueiro estudará os efectos da COVID-19 en persoal santitario xunto a outros centros no resto do Estado. Na fase alta da pandemia desenvolverase no Hospital de la Princesa; na intermedia, no hospital ICO-Hospitalet, en Barcelona; na de incidencia baixa, o Lucus Augusti de Lugo xunto co Álvaro Cunqueiro, Can Misses en Eivissa e Loja, en Granada.
O ‘AMADIICH’ (Estudo de monitoraxe activa e determinantes de infección incidente de COVID-19 en poboación hospitalaria, segundo as súas siglas en inglés) está coordinado polo Hospital de la Princesa e vaise desenvolver de forma inmediata nos cinco complexos hospitalarios do Sistema Nacional de Saúde mencionados.
O Servizo Galego de Saúde avanza que xa se traballa nun programa similar para os profesionais de atención primaria.
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na madrugada deste venres ao chocar de maneira frontal dous turismos na A-55 ao seu paso polo termo municipal de Mos (Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, dez minutos antes das 4,00 horas chocaron frontalmente dous turismos que circulaban pola A-55, antes da saída de Porteliña, ao seu paso por Mos. Tras recibir a chamada de alerta dun particular, o 112 Galicia pasou aviso ao 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Baixo Miño e aos efectivos de Protección Civil.
Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron dos feitos aos Bombeiros de Vigo. Unha vez no lugar, os Bombeiros de Baixo Miño indicaron que non foi necesario o uso do material de excarceración e confirmaron o traslado de dous feridos a un centro hospitalario.
A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia, que se encargou da limpeza vía.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou que o terceiro e último tramo da Autovía do Morrazo, a AG-46, abrirase ao tráfico a finais de xuño e remarcou que se traballa “con intensidade” para que a saída de Cangas finalizar antes que a vía.
Durante unha visita ás obras da autovía autonómica, a conselleira detallou que xa se terminaron as obras do viaduto e os pasos inferiores e superiores do tramo III, que discorre entre as ligazóns de Meira e Cangas e conta cunha lonxitude de 3,8 quilómetros.
Ademais, detallou que, neste momento, leva a cabo unha proba de carga no viaduto presente no tramo “para comprobar que cumpre os requirimentos técnicos” e apuntou que se comezaron os traballos relativos a medianas e beiravías.
A principios de xuño comezarase a estender a capa de rodaxe. No entanto, dado que esta actuación está condicionada polas condicións meteorolóxicas, a conselleira sinalou que aínda non é posible confirmar a data de apertura da vía. Ata ese momento, segundo apuntou, manteranse os desvíos na última parte da autovía para garantir a seguridade dos usuarios e dos máis de 50 traballadores.
Ethel Vázquez lembrou que o tramo III supuxo un investimento de 12 millóns de euros. En total, a conversión en autovía do Corredor do Morrazo sumou un orzamento de 55 millóns de euros e consta dunha lonxitude de 11 quilómetros. Así, asegurou que a posta en servizo do último tramo da AG-46 –os outros dous xa están en funcionamento– é “fundamental” para o desenvolvemento económico e social da comarca do Morrazo.
Preguntada polos medios, a conselleira de Infraestruturas afirmou que a autovía tamén permitirá garantir a “fluidez do tráfico” e mellorar a “seguridade viaria” na zona.
A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que condena a 30 anos e 4 meses de prisión a César Adrio Otero, como autor do asasinato da súa exparella, a enxeñeira Ana Enjamio, ocorrido en Vigo na madrugada do 16 ao 17 de decembro de 2016, e atribúelle tamén os delitos de acoso e vulneración da intimidade.
De acordo co veredicto do xurado, que considerou unanimemente ao acusado culpable deses delitos, o tribunal provincial emitiu un fallo no que tamén condena a César A.O. a indemnizar en máis de 201.000 euros aos pais e irmán da vítima. Así mesmo, impón ao procesado a prohibición de achegarse aos familiares de Ana durante un período 10 anos superior á pena de prisión imposta.
Na sentenza, a Audiencia Provincial aplica as agravantes de xénero e parentesco, e expón que o condenado quería causarlle “unha dor que ía máis aló do que acompaña unha morte violenta, implicando unha especie de tortura, comportamento máis que impropio dun ser humano”, en alusión ás case trinta puñaladas que asestou a Ana Enjamio, a maior parte concentradas á altura do seu corazón.
A portavoz municipal do Partido Popular de Vigo, Elena Muñoz, advertiu ao Concello de que “se lle ocultan información” acudirá de novo ao xulgado para denuncialo, en referencia á documentación sobre a autorización municipal do festival O Marisquiño.
Muñoz insistiu este mércores na súa crítica ao Concello de Vigo por non traslasar ao seu grupo a póliza do seguro de responsabilidade civil que o organizador do festival O Marisquiño declarou entregar o pasado martes na comisión de investigación do accidente que se celebra no Parlamento de Galicia.
A popular referiuse ás declaracións do organizador do festival, que na súa comparecencia parlamentaria ratificou a existencia dese seguro de responsabilidade civil, e reiterou que o seu partido reclamou o expediente conforme se lle deu ao evento licencia municipal e que este seguro non figura entre a documentación entregada.
Elena Muñoz apuntou que “se existe” tal seguro, “que non se achegou ao PP dentro do expediente do Marisquiño” que solicitou, só quedan “dúas alternativas”.
A primeira é “que non constase no Concello de Vigo” e que “deixen avanzar o evento sen seguro” o que para Muñoz sería “unha nova irresponsabilidade extraordinaria” do consistorio vigués porque é unha das cuestións esixidas pola lei.
Elena Muñoz no pleno do Marisquiño/ Miguel Núñez
A outra opción para o PP de Vigo é que lles achegaron un “expediente parcial” no que faltan “documentos fundamentais”. “Xa que logo ocultáronnos información”, sinalou a popular.
“Ambas as opcións son extraordinariamente graves”, lamentou, para recordar que o seu grupo xa denunciou” ao Concello por “ocultar información á oposición”.
Neste sentido, Muñoz manifestou que se esta ocultación se demostra engadirán este episodio ao caso que teñen aberto nos xulgados contra o Concello por estas prácticas.
“Increméntanse as nosas dúbidas sobre a actuación do Concello de Vigo e seguimos sen explicacións pola súa banda”, criticou Muñoz.
Pola súa banda, o concelleiro de Seguridade de Vigo, Carlos Font, sinalou este mércores que se entregou “toda a documentación que pediu o PP” no que concierne á autorización municipal para a celebración do festival O Marisquiño.
“Afirmo categoricamente que o Concello de Vigo ten toda a documentación correspondente a esa autorización e que se fixo dentro da legalidade”, engadiu Font.
A colisión de dous vehículos rexistrada na mañá deste mércores na autovía A-52 ao seu paso polo municipio de Ponteareas (Pontevedra) saldouse cunha persoa trasladada.
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 8,50 horas deste mércores no quilómetro 291 da A-52 dirección Benavente. Foi un dos implicados no sinistro o que alertou ao 112 da colisión de dous vehículos, tras o que foron mobilizados o 061, GES-Bombeiros de Ponteareas, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil da localidade.
O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou a unha persoa ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) en Vigo, confirmaron fontes sanitarias.
Peugeot iniciou a comercialización do Rifter Long, que gaña 35 centímetros de lonxitude respecto da versión normal e co que se pode transportar obxectos de ata 3,05 metros de lonxitude, cun chan totalmente plano grazas á configuración dos asentos retráctiles.
Segundo informou a empresa nun comunicado, o Rifter Long, fabricado na factoría do Grupo PSA en Vigo sobre a plataforma multienerxía EMP2, intégrase na gama todocamiño da firma francesa.
O frontal caracterízase por un capó elevado e un voladizo curto, mentres que a zaga incorpora elementos propios dos monovolúmenes compactos, como a modularidade, un plano de carga baixo ou un amplo portón traseiro con luneta practicable.
O interior, o modelo, dispoñible desde 16.900 euros, conta co Peugeot i-Cockpit, con volante compacto, instrumentación dixital elevada configurable e unha pantalla táctil capacitiva de 8 polgadas.
En canto a tecnoloxía, equipa freo de estacionamento eléctrico, regulador de velocidade activo, sistema de recoñecemento de límites de velocidade, alerta activa de cambio involuntario de carril, sistema de freado de emerxencia e o sistema de navegación 3D Peugeot Connect NAV.
O Peugeot Rifter Long dispón, segundo versións, de elementos como o teito Zenith, cun cofre de almacenamento con 60 litros de capacidade, e un arco flotante translúcido que engade 14 litros máis, así como un compartimento de 18 litros.
A marca francesa tamén lanzou unha variante ‘camper’ do modelo, o Rifter by Tinkervan, que conta con autonomía total en electricidade e calefacción, grazas á instalación dunha batería auxiliar, con investidor de 12 a 230 voltios.
Pick-Up discos, tenda da rúa do Progreso, abriu fai un ano. Alí atendeunos Víctor Escudero, quen ten en mente vender tamén merchandising no futuro, pero polo momento ofrece música en formato físico, cedés, vinilos e incluso algúns casetes.
A idea da tenda chegoulle despois de realizar pequenas vendas por Internet. Víctor non é músico, pero si un gran afeccionado que viu algo de saída económica. Conta coa vantaxe da paixón: asegura ter escoitado a maioría das pezas que ten á venda.
Van Morrison / Miguel Núñez
É o seu un establecemento cheo de luz, posto que de forma consciente quería diferenciarse das tendas clásicas, escuras e incluso desordenadas polo común, coa idea en mente dun soto ou un garaxe.
“hai vinilos en internet que valen miles de euros”
Abría preto de outras dúas tendas, Elepé e Honky Tonk, o que recoñece coma unha casualidade, dentro da necesaria localización no centro da cidade: Víctor non cre que a súa proposta puidera ter viabilidade lonxe del.
Ademais, non considera unha dificultade engadida a proximidade coas outras tendas, recordando que nas cidades máis grandes, coma Barcelona, poden atoparse na mesma rúa cantidade de establecementos relacionados coa música, facilitando que os afeccionados poidan recorrelas e levarse os discos máis afíns a seus intereses.
Detalle da tenda / Miguel Núñez
Víctor, xa dende un principio, deu cabida a tódolos estilos posibles sen cerrarse a xéneros concretos, sempre que tiveran compradores potenciais. No caso da música clásica, non dá moito xogo posto que os consumidores, en xeral, non están dispostos a pagar por ela.
Dentro das dificultades de vender música en formato físico, destaca o papel do vinilo, que trae a maior parte dos beneficios: “Está algo máis en alza, aínda que sempre houbo coleccionistas. Pero chegou unha repunta, tanto de novos coma de segunda man. Hai algúns moi cotizados, polos que poden chegarse a pagar en Internet miles de euros. Por exemplo, son ben valorados os dos intérpretes e grupos dos 90, cando o vinilo parecía deixar paso ao CD e polo tanto saíron á venda cantidades baixas”.
Pequenas xoias ocultas / Miguel Núñez
O vinilo, resume Víctor, é imparable se está ben conservado, ten calidade de son, contas cun bo equipo para reproducilo… E tamén habería que ter en conta o soporte, a fotografía de portada, “que é un cadro, é fotografía, pintura ou collage”…
O vinilo é o rei da tenda de discos, recoñece. El que asume que “vendería máis se os meus clientes tiveran un mellor soldo, a taxa de paro baixou, pero os salarios tamén. Entón a xente non pode permitirse isto, porque sóbrache algo e é entón cando compras música. O primeiro é o primeiro. Isto é un hobbie, ocio, o primeiro que recortas”.
O pesqueiro ‘Novo Confurco’, da armadora viguesa González Parada, ten prevista en próximas horas a súa chegada ao porto de Vigo procedente de Gran Sol, tras detectarse a bordo un posible caso de Covid, segundo confirmaron a Europa Press fontes da casa armadora.
O arrastreiro, de bandeira española, atopábase en augas do Mar de Irlanda e, tras comprobar que un dos seus 11 tripulantes (case todos galegos) tiña síntomas de padecer a infección por coronavirus, optou por pór rumbo de regreso á terminal viguesa.
Fontes da armadora explicaron que “non houbo incidentes” durante a súa estancia en augas irlandesas e que, aínda que o tripulante sospeitoso de ter covid non se atopa grave, o ‘Novo Confurco’ volve a casa “por precaución”. Así mesmo, confirmaron que todos os mariñeiros están vacinados.
Está previsto que a tripulación sexa sometida a probas PCR á súa chegada a Vigo, para o que están mobilizados equipos técnicos e sanitarios do Hospital Vithas da cidade.
Dáse a circunstancia de que outro pesqueiro deste mesmo armador, o ‘Manuel Laura’, atracou a pasada semana en Vigo tamén procedente de Gran Sol. Nese caso, confirmáronse 9 positivos por Covid entre os 12 tripulantes, e tres dos afectados tiveron que ser ingresados (aínda que xa recibiron o alta).
O ‘Manuel Laura’ chegou a atracar no porto irlandés de Castletownbere, pero regresou a Vigo sen recibir atención médica a pesar de solicitala ás autoridades dese país, ante a sospeita de que había tripulantes contaxiados. Así o denunciou o sindicato CIG, que pediu a Xunta e Goberno central que investiguen as circunstancias desa “expulsión” e un posible incumprimento do Regulamento Sanitario Internacional.