Inicio Blog Páxina 2178

A Policía detén a un home no Barrio do Cura que presuntamente fuxira tras roubar nun BMW

A Policía Nacional detivo este venres día festivo a un home que suspostamente se dera á fuga tras roubar nun turismo de alta gama da marca BMW que estaba estacionado na rúa. O home estaba agochado nun piso abandonado do Barrio do Cura.

Agora o presunto ladrón agarda o procedemento xudicial. Comparecerá para defenderse ante esta acusación de furto.

Policía Nacional / Miguel Núñez

Deputación de Pontevedra e UVigo buscan “fomentar a vocación científica e tecnolóxica” en nenas

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo (UVigo) impulsarán a cuarta edición dun programa para “fomentar a vocación científica e tecnolóxica” en nenas mediante a realización de accións de sensibilización en centros escolares.

Nunha rolda de prensa celebrada este mércores en Vigo, a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da UVigo, Natalia Caparrini, destacou que o prazo para inscribirse na iniciativa, denominada ‘Inspira Steam’ e apoiada pola Deputación Provincial, dará comezo o vindeiro luns, mentres a formación impartirase o 15 de setembro de modo virtual.

En concreto, detallou que o programa está aberto á participación de profesionais do ámbito científico e tecnolóxico que busquen trasladar a súa experiencia, empresas que faciliten que os seus traballadores se involucren no proxecto e centros educativos que busquen acoller as sesións.

No marco do proxecto procederase a preparar materiais e desenvolver pezas audiovisuais nas que se presentarán experiencias de mulleres no sector da enxeñaría e captaranse profesionais de ambos os xéneros que deberán recibir formación para desenvolver as actividades, ademais de centros que aposten por acollelas. Así mesmo, avaliarase a perspectiva dos nenos respecto destes temas antes e despois das sesións.

Natalia Caparrini explicou que este proxecto foi posto en marcha en 2016 no seo da Universidade de Deusto, tras o que distintas institucións se adheriron ao mesmo. Así, sinalou que a UVigo sumouse a esta iniciativa en 2018 e, desde entón, desenvolveu tres edicións en 26 colexios da provincia.

OBXECTIVOS

Deste xeito, apuntou que distintos homes e mulleres especializados en ciencia e tecnoloxía imparten seis sesións en horario lectivo durante as que se traballan as profesións deste ámbito e búscase ofrecer “referentes actuais” e “romper os estereotipos”.

Así, a vicerreitora insistiu na importancia desta iniciativa ante o feito de que as mulleres só representen o 25% dos estudantes de titulacións de ciencia e tecnoloxía nun momento no que “a demanda destes perfís non deixa de crecer”.

Así mesmo, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo o foco en que as nenas “comezan a mostrar menos interese” polas disciplinas tecnolóxicas cando chegan á madurez, unha situación que achacou á “falta” de referentes femininos neste ámbito e da súa presenza “en libros de texto e medios de comunicación”.

Nesta liña, afirmou que a traxectoria profesional das mulleres vese influída por “rumbos de xénero dos que a cidadanía non é consciente” e subliñou a importancia de aumentar a presenza feminina nas áreas científica e tecnolóxica dado que asegurou que serán as que acollerán a toma de decisións no futuro.

Do mesmo xeito, Carmela Silva resaltou a importancia de incrementar a presenza de homes en profesións ligadas aos coidados e puxo en valor a colaboración da institución provincial e a universidade en “a loita pola igualdade” de mulleres e homes.

Prosegue o traballo de extinción no Polígono A Granxa, sen ter que lamentar feridos

0

Os traballos de extinción do incendio declarado este mércores na planta de reciclaxe do Porriño proseguen tras unha noite na que os servizos de emerxencias, aclara a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), se centraron na refrixeración e confinamento de dous puntos de combustión no exterior da nave, nos que se almacenaba ferralla.

Deste xeito, os equipos de extinción seguen actuando sobre unha última zona afectada, aínda que avanzan que as tarefas se extenderán ao longo das horas. Non obstante, recordan que ningunha persoa resultou afectada e tampouco existe risco algún para a poboación.

Arestora, permanecen no punto os Bombeiros do Porriño, Salnés, Vigo, Pontevedra, así como o Grupo Municipal de Emerxencias de Mos e as agrupacións de voluntarios de Protección Civil do Porriño e de Mos.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Tamén, continúan no lugar os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que achegaron máis recursos e medios para seguir controlando e refrixerando o perímetro.

“Este incendio declarouse ás 15:25 horas de onte mércores, primeiro día de agosto, e acadou unha forte carga térmica debido á ferralla calcinada. Precisamente, esta carga de combustión é o que está a alongar as tarefas de extinción, mais o incendio mantense controlado, confinado e sen riscos para as persoas”, aseguran dende AXEGA.

Vídeo de Javier Freiría, membro da Policía Local do Porriño

Tras o inicio do lume, a AXEGA activou mediante o 112 Galicia o protocolo de colaboración transfronteiriza entre Galicia, o norte de Portugal e Castela-León en caso de emerxencia, ARIEM 112, para facilitar a extinción do incendio.

Desta forma, desde as primeiras horas, desprazáronse ao punto os Bombeiros do Porriño, do Morrazo, de Vigo, de Vilagarcía, de Ponteareas e de Valença. Tamén, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención de Protección Civil do Porriño, de Mos e de Viana do Castelo.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Ademais, os xestores do 112 Galicia alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias e pasaron o aviso á Garda Civil, a Augas de Galicia e á empresa subministradora da electricidade. Así mesmo, ao operativo sumáronse un helicóptero e persoal de Medio Ambiente.

A medida que foron reducindo o lume, comezaron a retirarse algúns medios ata o retén que agora mesmo e durante a noite continuou traballando na extinción.

A Academia Galega de Seguridade Pública formará a case cen policías portuarios de Vigo

Case un centenar de policías portuarios de Vigo poderán recibir formación na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), en virtude dun convenio de colaboración subscrito este mércores entre o presidente do Porto olívico, Jesús Vázquez Almuíña, e o vicepresidente galego e conselleiro de Presidencia, Turismo e Xustiza, Alfonso Rueda.

O acordo asinado, cunha vixencia de 4 anos (prorrogable), permitirá que os axentes que traballan na terminal viguesa poidan mellorar as súas capacidades, recibindo formación específica en función das necesidades que expoñan e dos cursos que demanden.

Vázquez Almuíña lembrou que os axentes portuarios (que son máis do 40 por cento do persoal propio do Porto de Vigo) contribúen ao bo funcionamento diario da terminal, e velan pola seguridade de todas as persoas que traballan no Porto, así como dos cidadáns e visitantes.

Pola súa banda, Alfonso Rueda destacou que, grazas a este convenio, poderán beneficiarse de formación especializada en materia de seguridade e facer cursos prácticos na AGASP, onde se ofrece “formación integral” a corpos como Policías Locais e bombeiros, e tamén cursos para axentes do Corpo Nacional de Policía ou Garda Civil.

O persoal da Policía Portuaria de Vigo está integrada por 94 axentes e a terminal conta cun centro de control no edificio central de Praza da Estrela. Desde alí, a Policía ten acceso a imaxes de máis de 200 cámaras situadas nas instalacións portuarias, desde a terminal de colectores de Guixar, ata o peirao de Bouzas.

Ademais de vixiar o que ocorre no Porto, estes policías son os encargados do control de acceso ao recinto, tanto de vehículos como de persoas, uns labores que se desenvolven 24 horas ao día, os 365 días do ano.

Detido por homicidio o dono da pirotecnia causante da explosión de Tui

A Garda Civil xa detivo ao dono da pirotecnia de Tui pola explosión deste material  nunha vivenda situada na parroquia de Paramos, a cal non figuraba como almacén legal.

Fontes da investigación confirmaron a Europa Press que foi detido o dono da entidade por “homicidio, imprudencia e estragos“, xa que os proxectís estaban almacenados de xeito irregular. O arrestado foi trasladado á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

Pola explosión, sentida dende O Morrazo ata Vigo, hai que lamentar xa unha perda humana confirmada e 26 feridos, sete de eles menores de idade, e dúas persoas continúan desaparecidas. Os explosivos chegaron a causar estragos materiais moi graves en varios quilómetros á redonda e derrumbar casas enteiras, como pódese observar neste vídeo.

 

 

Quince negativos por COVID na residencia San Rafael

0

Os casos de Covid-19 en residencias de atención á discapacidade de Galicia descenden a 16 tras saír da lista por negativizar 15 no Fogar e Clínica de San Rafael de Vigo.

Así o informaron este xoves as consellerías de Sanidade e Política Social, que sinalaron que a única residencia de discapacidade con usuarios contaxiados, o Fogar e Clínica de San Rafael de Vigo, reduce a 16 os positivos.

Máis información en Galicia Confidencial

Premios ‘Sofía Novoa’ á calidade investigadora feminina na provincia de Pontevedra

A sede viguesa da Deputación de Pontevedra acolleu este mércores a cerimonia, esta vez axustada ás medidas anticovid, na que se distinguiron os traballos fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM) galardoados por contribuír a difundir a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

O catro gañadoras, Judit Cerviño, María Tenorio e Patricia Torres, na modalidade de TFG; e Andrea López, na de TFM, interviñeron desde os seus domicilios no evento presidido pola máxima responsable da Deputación, Carmela Silva, que presentou a profesora universitaria e membro do xurado Silvia Pérez Freire e estivo amenizado en directo pola pianista Estefanía Cereijo.

Na entrega de premios participaron tamén as titoras das premiadas, as súas familias e Fernando Novoa, sobriño da musicóloga e pedagoga que dá nome aos premios.

Silva destacou que é “unha alegría” ver que as mulleres novas “recollen a bandeira do feminismo con grandes traballos de análises e investigación que axudan a camiñar cara a unha sociedade plena”.

Arquivada a causa contra DomusVi e a cargos da Xunta pola morte dunha anciá na residencia de Cangas

0

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 3 de Cangas acordou o sobresemento provisional do procedemento penal aberto contra DomusVi e dous altos cargos da Consellería de Política Social da Xunta, por mor dunha querela presentada polas fillas de dúas usuarias da residencia de Cangas que se contaxiaron de covid-19 durante a primeira onda da pandemia. Unha delas acabou falecendo.

O xuíz maxistrado ditou un auto, datado o pasado 25 de marzo, no que decreta o arquivo das actuacións ao entender que “non existen indicios fundados de responsabilidade penal”, aínda que advirte que esta decisión non significa “que non existise responsabilidade algunha” por parte dos demandados.

En concreto, a querela estaba dirixida non só contra o grupo empresarial DomusVi, senón tamén contra a súa conselleira delegada en España, Josefina Fernández; contra a directora do centro de Cangas, Laura Cancelo; e contra os entón director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e xefa de Inspección de Maiores e Discapacitados da Xunta, Ildefonso de la Campa e Berta Besada.

A querela foi presentada o 16 de xuño de 2020 polas fillas de dúas usuarias do xeriátrico de Aldán que contraeron o coronavirus. No escrito, acusábase aos presuntos responsables de delitos de homicidio, lesións por imprudencia profesional, e abandono de discapacitados.

O XUÍZ ADMITIRA “PARCIALMENTE” A QUERELA

No auto que agora dita o arquivo da causa, recollido por Europa Press, o maxistrado lembra que no seu momento xa admitiu “parcialmente” a querela para, en función das declaracións tomadas, o historial médico das usuarias afectadas e o tratamento recibido, tratar de “delimitar a responsabilidade” dos querellados en canto a se existiu algunha “imprudencia profesional” que propiciase o contaxio de covid-19 de ambas as anciás e o falecemento dunha delas.

Naquel auto de admisión, ditado en xullo de 2020, xa se advertía que “non se trata de investigar” a DomusVi nin á residencia de Cangas, posto que os feitos descritos na querela “non son en gran parte constitutivos de infracción penal”, aínda que si “poida haber nalgún caso unha deficiente información aos familiares das residentes por parte do seu persoal ou unha atención deficitaria”. No entanto, considerábase que, de existir algunha neglixencia ou incumprimento de contrato, “non é o dereito penal o que debe dar resposta”.

Por isto mesmo, as dilixencias abertas polo xulgado serviron para investigar se houbo “accións ou omisións que provocasen” o contaxio de covid-19 e o falecemento, á vez que refugaron outras dilixencias solicitadas na querela.

NON VE “ERRO” NIN “NEGLIXENCIA”

Á vista de todo iso, o titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 3 de Cangas (Pontevedra) decidiu o pasado 25 de marzo que “non cabe outra decisión” que o sobresemento. “Os informes médico forenses emitidos son claros e manteñen que a atención dada (…) axústase á ‘lex artis’, segundo o cadro clínico que presentaron, non atopando ningún erro ou neglixencia na actuación dos sanitarios que a atenderon”, conclúe.

Iso si, o auto engade que con esta decisión xudicial “non se mantén que non existise responsabilidade algunha” por parte dos querellados, senón que “o que se mantén é que non existen indicios fundados de responsabilidade penal”. A raíz do sobresemento provisional destas actuacións, DomusVi emitiu un comunicado no que subliña que, aínda que a resolución non é firme e aínda se pode apelar, veo “complicado” dado que “existen uns informes médicos” que insisten en que “a actuación do centro foi correcta”.

Caen os novos casos de Covid na área de Vigo pero soben os ingresados na UCI

0

O número de novos positivos por coronavirus detectados en Galicia diminuíu en case un cento, ata os 309, nunha xornada na que con todo os pacientes covid ingresados en unidades de coidados intensivos (UCI) sufriron un aumento por segundo día consecutivo e sitúanse en 54. Tamén baixaron as probas PCR realizadas.

Así se desprende da actualización dos datos da pandemia publicada na mañá deste venres, día de Nadal, na páxina web da Consellería de Sanidade, con cifras recollidas ata as 18,00 horas do xoves.

A pesar do aumento na UCI, con tres persoas máis que un día atrás, a cifra total de pacientes hospitalizados na Comunidade galega descendeu considerablemente ata os 319 –18 menos que hai un día–, tendo en conta que baixaron en 21 os que se atopan en planta, que son 265. A área de Vigo, ten un total de 62 hospitalizados por covid –tres menos–, dos que están en críticos 12 –un máis–.

BAIXAN OS POSITIVOS DIARIOS

En canto á detección de casos, Galicia sumou 309 novos positivos por coronavirus nun día, 85 menos que nas 24 horas previas. Iso si, as PCR realizadas foron 9.972, unha baixada de 641 con respecto á xornada anterior. A área sanitaria de Vigo suma este venres 52 novos positivos ao notificar unha caída de 59.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia continúa á alza neste venres de Nadal cun total de 5.754, 99 máis que o mércores, ao superar os novos contaxios ás altas.

Todas as áreas sanitarias rexistraron un aumento dos pacientes de coronavirus. En concreto, a de Santiago mantense como a área con máis pacientes, con 1.323 en total (+2); mentres que Vigo sitúase en 1.279 (+14).

Abel Caballero insiste en que o ‘anel verde’ de Vigo sairá adiante queira ou non a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar este xoves á Xunta de Galicia por non autorizar o anteproxecto para construír un ‘anel verde’ ao redor da cidade para protexela ante eventuais incendios forestais, e advertiu de que dita iniciativa será levaba a cabo a pesar de que “a Xunta non quere”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico acusou ao goberno galego de “mentir” ao afirmar que non pode informar o anteproxecto se o Concello non ten un acordo coas comunidades de montes propietarias dos terreos onde se vai a implantar ese perímetro forestal.

“Eu non podo adquirir ese chan sen saber se a Xunta me vai autorizar o proxecto. Para expropiar necesito un proxecto e que mo autorice a Xunta”, reiterou, e retou ao goberno galego a indicar ao Concello “por onde quere que vaia o anel verde”, de maneira que o goberno local aceptarao e encargarase da súa construción e financiamento: “Válenos que nos digan por onde queren que vaia, e acéptoo xa”.

Caballero concluíu que a posición da Xunta se debe a que “non quere que se faga o anel verde”, e advertiu: “Isto é como o das ramplas de Gran Vía. Se levo isto aos tribunais, en dous anos gáñolles, daranme a razón”. En todo caso, o alcalde asegurou que o goberno local “vai dar a batalla” por este proxecto, que a Xunta “atrasou durante un ano e medio”, e que “se vai a facer” a pesar do que diga a administración autonómica.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed