InicioPolíticaAbel Caballero insiste en que o 'anel verde' de Vigo sairá...

Abel Caballero insiste en que o ‘anel verde’ de Vigo sairá adiante queira ou non a Xunta

"Se levo isto aos tribunais, daranme a razón", disparou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar este xoves á Xunta de Galicia por non autorizar o anteproxecto para construír un ‘anel verde’ ao redor da cidade para protexela ante eventuais incendios forestais, e advertiu de que dita iniciativa será levaba a cabo a pesar de que “a Xunta non quere”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico acusou ao goberno galego de “mentir” ao afirmar que non pode informar o anteproxecto se o Concello non ten un acordo coas comunidades de montes propietarias dos terreos onde se vai a implantar ese perímetro forestal.

“Eu non podo adquirir ese chan sen saber se a Xunta me vai autorizar o proxecto. Para expropiar necesito un proxecto e que mo autorice a Xunta”, reiterou, e retou ao goberno galego a indicar ao Concello “por onde quere que vaia o anel verde”, de maneira que o goberno local aceptarao e encargarase da súa construción e financiamento: “Válenos que nos digan por onde queren que vaia, e acéptoo xa”.

Caballero concluíu que a posición da Xunta se debe a que “non quere que se faga o anel verde”, e advertiu: “Isto é como o das ramplas de Gran Vía. Se levo isto aos tribunais, en dous anos gáñolles, daranme a razón”. En todo caso, o alcalde asegurou que o goberno local “vai dar a batalla” por este proxecto, que a Xunta “atrasou durante un ano e medio”, e que “se vai a facer” a pesar do que diga a administración autonómica.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...