Inicio Blog Páxina 2117

Vigo vólvese extremo co seu primeiro festival Die Hard Fest de metal

O próximo 2 de xuño terá lugar en Vigo a primeira edición de Die Hard Fest, unha iniciativa de dous músicos vigueses, compoñentes de Agónica, que nace coa intención de reunir a cinco grandes bandas de Metal e Metal Extremo.

“Bandas con moitas cousas que dicir encima dun escenario e que con toda seguridade, congregarán aos fieis seguidores do xénero, cada vez máis orfos de propostas deste tipo”, aseguran dende a  organización, que é consciente desta demanda e seleccionou a bandas que creen que “merecen a pena para ofrecer unha proposta á altura das expectativas da escena”.

O cartel desta primeira edición está formado por grupos como Lampr3a, a banda liderada polo guitarrista Borja Mintegiaga, recentemente aterrados de USA e que chegan por primeira vez a Galicia para presentar o seu Neurocoalescence (Autoeditado, 2017), debut  da banda vasca.

 
Os portugueses Equaleft están “rompéndoo todo no país veciño, arrasando en todos os festivais e compartindo cartel con bandas da talla de Gojira ou Sepultura. Sen dúbida é un luxo poder gozar deles en Vigo”, subliñan dende a organización do Die Hard Fest.

Outro dos atractivos do festival son Cuernos de Chivo, unha banda de Toledo que leva 13 anos “asinando estupendos discos de deathmetal-hardcore, virando por todo o país” e que xa coñecen Galicia tralo seu paso polo Resurrection Fest no ano 2011.

E como non, non poden faltar bandas galegas, como os ferrolanos Wisdom; “proba da calidade e da cantidade de bandas que hai naquelas terras”. Por algo son coñecidos como os reis do Grind en Galicia.

Tamén desde estas terras, desde Lugo concretamente, chegan Untides, presentando a súa “From the challenger abyss” (Autoeditado, 2017) trala súa xira de presentación por Italia e Francia.

Policía Local de Vigo rescata unha garza real envelenada e desorientada no río Lagares

Axentes da Policía Local de Vigo rescataron un exemplar de garza real, que se atopaba ferida e atrapada no río Lagares, preto da chamada ‘Ponte Romana’ da Avenida de Portanet.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos producíronse na tarde do pasado venres, cando o 092 recibiu unha chamada dun veciño, alertando de que había unha ave ferida na zona da ponte.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Unidade Ambiental de Intervención Rural (Umir), que localizaron á garza real atrapada no río Lagares. O animal parecía ferido e desorientado, polo que a Policía baralla a posibilidade de que sufrise un envelenamento.

Tras proceder á súa recollida, a garza foi trasladada a dependencias policiais, para o seu posterior traslado por persoal de Centro de Recuperació de Cotobade.

Abel Caballero tacha de “contos da China” o plan da Xunta para a automoción

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou como “contos da China” o plan anunciado pola Xunta para captar fondos europeos de reconstrución postcovid e mobilizar 1.300 millóns de euros para o sector da automoción, e subliñou que “o interlocutor” válido é o Goberno de España, que acaba de anunciar 10.000 millóns de euros para esta industria.

Así o manifestou nunha rolda de prensa na que subliñou que é “moi boa noticia” para Vigo o anuncio do Executivo central. Respecto diso, recalcou que se prevén 6.000 millóns para potenciar a mobilidade sustentable e outros 1.500 millóns para o desenvolvemento do ‘hidróxeno verde’.

“E Vigo vai aí”, proclamou, á vez que sinalou que o goberno municipal olívico “está a reclamar” para a cidade e a súa contorna “un plan de hidróxeno verde“, unha fábrica de baterías para afianzar o desenvolvemento do vehículo eléctrico e un circuíto de probas. “Agora xa temos interlocutor. Xa sabemos con quen hai que falar, e o interlocutor é o Goberno de España e o Ministerio de Industria”, incidiu Abel Caballero.

Para o alcalde, “o demais son contos da China” e “os que se dedican a facer reunións, e ofrecen cantidades que non teñen, dedícanse a enganar”. “Esoutros interlocutores teñen que dicir de onde van sacar os recursos. Porque houbo quen veu aquí a enganar”, resolveu.

NAVAL

Por outra banda, o rexedor olívico volveu manifestar a súa “absoluta indignación” coa Xunta de Galicia “polo abandono do naval de Vigo”, e lembrou que o goberno galego ten as competencias en materia de política industrial.

“Feijóo aínda non se decatou de que hai un problema en Barreras? Está tan metido en Pemex, que foi buscalo a México, e aínda non se decatou?”, preguntou Abel Caballero, quen esixiu ao goberno autonómico “que baixe ao tallo e se poña a traballar” porque o naval de Vigo “non ten atención da Xunta, fotos si, pero atención, ningunha”.

O albergue municipal rexistrou máis de 6.500 pernoctacións durante o primeiro semestre do ano

O albergue municipal de Vigo rexistrou, no primeiros seis meses do ano, máis de 6.500 pernoctaciones, de 342 usuarios diferentes (dos que 193 acudían por primeira vez), e o seu nivel de ocupación foi do 94,6 por cento, segundo os datos que deu a coñecer este venres en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

Esta instalación municipal dispensou, nese período, 10.591 menús a 506 persoas diferentes. Así mesmo, rexistrou 406 usuarios do servizo de ducha, 314 usuarios do servizo de lavandaría, e unhas 11.000 estancias na sala de lecer.

Por outra banda, os servizos sociais do Concello prestaron apoio a 53 persoas que pasaron polo albergue para asesorarlles na procura de vivenda (das que 27 conseguiron un aloxamento estable) e realizáronse acompañamentos a servizos sanitarios con 60 persoas. A iso súmase o seguimento social de case 700 persoas.

Abel Caballero, quen lembrou que o Concello destina máis de 800.000 euros anuais a estas instalacións, volveu a insistir en que “ninguén que non queira ten que durmir na rúa”. Tamén precisou que “sempre hai prazas baleiras” porque, se o albergue está completo, hai camas no fogar dos Irmáns Misioneiros de Teis, en virtude dun convenio asinado entre o goberno local e esta orde relixiosa.

Protestan cunha caravana de coches en Vigo contra o “despezamento” do servizo de Correos

Os sindicatos CC.OO. e UGT trasladaron este martes ás rúas de Vigo as protestas contra o “despezamento” do servizo de Correos, cunha caravana de vehículos que percorreu varias rúas do centro da cidade, e coa que pretenden denunciar a “traxectoria de recortes” do Goberno central con respecto a este servizo.

A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións que se iniciaron o pasado mes de abril en todo o Estado con concentracións de delegados. CC.OO. e UGT volveron a reclamar á Dirección de Correos “que cese a política de despezamento” do operador público e piden un servizo “sustentable, eficaz, moderno e eficiente”.

Segundo denunciaron, “o claro cambio de rumbo” na compañía pública nos últimos meses traduciuse, na provincia de Pontevedra, en recorte de emprego en case todos os centros de Correos, como na Estrada, O Porriño, Vilagarcía, Val Miñor, Ponteareas, Redondela, Vigo ou Pontevedra, e no peche de oficinas na quenda de tarde dos sábados.

Os sindicatos criticaron a “nefasta xestión e errático liderado” do presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, que levan o ente público a ter unha previsión de perdas económicas “de ata 634 millóns de euros en 2023”, fronte ao resto de operadores europeos, que “demostraron un crecemento económico” na pandemia e co auxe do comercio dixital.

“Ademais, está a recortar emprego e empeorando a súa calidade (3.000 efectivos menos anuais, 36 % de temporalidade, e 25 % de emprego a tempo parcial en xeral, e un 75% na rede de oficinas, así como un 50% nos centros de clasificación e tratamento postal); e está a reducir a rede postal pública mediante o peche de centros de traballo, oficinas e suprimindo postos de repartición rural“, engadiron os sindicatos.

Por iso, esixiron ao Goberno que teña en conta ao operador postal na repartición de fondos europeos de recuperación, incorporando o servizo á axenda política, ao ser “esencial para a cidadanía”, e reclamaron que se considere o “carácter estratéxico” de Correos “para un proxecto de transformación e modernización de país”.

O Celta, denunciado por unha asociación ecoloxista por unhas obras na cidade deportiva

O club Celta de Vigo, denunciado. A asociación Ecoloxistas en Acción vén de facer pública a súa denuncia ante o Concello de Mos e a APLU o “aparente exceso de edificación” que, segundo destacan, estaría a ter lugar nas obras da Cidade Deportiva do Celta, situada nuns montes comunais da parroquia de Pereiras.

A denuncia dos ecoloxistas oriéntase a un suposto exceso sobre as licencias de edificación concedidas polo Concello de Mos. Segundo apuntan nun comunicado, o clube vigués estaría a construír máis alá dos permisos outorgados pola Xunta de Goberno en distintos puntos de 2018 e 2019. “A simple vista pode apreciarse que o edificio que están construíndo baixo a única cobertura legal das licencias directas excede en demasía o que pode considerarse un pequeno almacén e uns imprescindibles vestiarios”, sinalan.

Dende a asociación subliñan que as actuacións construtivas do Celta están a ter lugar en terreo rústico “de especial protección forestal”. Por esta razón, continúan, as obras estarán suxeitas a un réxime particular “moi estrito”, dado que o solo en cuestión debe ser “respectado e preservado”. Por riba, sinalan, “ditas actuacións só contan coas licencia directas otorgadas polo goberno do Concello de Mos, xa que tanto a Modificación Puntual do PXOM como o Plan Especial Deportivo express co que o Concello de Mos pretende dar cobertura xurídica ás obras non están aprobados”, destacan.

“Todo parece indicar que o Real Club Celta de Vigo podería estar a realizar obras ou actuacións ben sen contar coa oportuna  licencia ou orde de execución -por non estar cubertas polas dúas licenzas outorgadas polo  Concello de Mos ás que se aludiu nos epígrafes precedentes-, ou ben excedendo desde un punto de vista material as condicións autorizadas nas dúas licencias -tanto desde a óptica das obras autorizadas, como dos usos do chan, e tamén no que se refire aos terreos afectados-.

PARALIZACIÓN DAS OBRAS

Ante esta circunstancia, Ecoloxistas en Acción esixe ao Concello de Mos que paralice as obras e “efectúe as oportunas comprobacións” para “verificar” se as obras realizadas se corresponden coas contempladas na licencia orixinal ou se, pola contra, o club vigués estaría a incorrer nunha ilegalidade no tocante ó emprego do chan. A plataforma xa anunciou que, se o Concello non fai cumplir a lei, eles mesmo adoptarán “medidas legais”, sen descartar acudir á vía penal.

Carlos Príncipe, sobre a deterioración do peirao: “Nin deus se preocupou de nada”

O ex alcalde de Vigo, Carlos González Príncipe, que este xoves compareceu na comisión parlamentaria que investiga o accidente do Marisquiño, expresou o seu convencemento de que o sinistro era “evitable“. Segundo el, desencadeouse porque “nin deus se preocupou de nada“, dixo en alusión ao mantemento desa estrutura.

O ex rexedor aproveitou a súa comparecencia ante os representantes dos grupos parlamentarios de PP, En Marea e BNG, para atacar duramente ao actual alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao que acusou de “confundir maioría absoluta con impunidade absoluta”. A respecto diso, advertiu, o goberno municipal “non pode fuxir da responsabilidade que ten” en relación co accidente.

Segundo aseverou, o convenio de ‘Abrir Vigo ao mar’ (que asinara Príncipe nos 90) especificaba que o mantemento sobre toda a actuación correspondíalle ao Concello e, aínda que centrou as súas maiores críticas no goberno de Caballero, trasladou tamén a denuncia á Autoridade Portuaria. “Coñecendo a Abel Caballero e ao xenio de Enrique (López Veiga), que son da mesma xeración, dígolles que actúan exactamente igual. Por iso levan ben”, sentenciou.

Ademais de recordar as condicións en que se acometeu a rehabilitación da fachada marítima -con duras críticas á actitude dos daquela responsables do Porto e de Zona Franca-, Carlos Príncipe insistiu en que, tras falar con funcionarios cos que aínda ten contacto, todos coinciden en sinalar que, en todos estes anos “nin deus se preocupou de nada” relacionado coa conservación e mantemento dese peirao.

“EXCESO DE CONFIANZA”

“Creo honestamente que o que aquí pasou é que nin deus viu nada. Non creo que houbese mala intención, foi un exceso de confianza”, concluíu. Expresou as súas dúbidas acerca de que esta comisión parlamentaria sirva para “devolver calidade democrática” ao Concello de Vigo.

“Ao saír de aquí vou ser cualificado de traidor. Vostedes tamén o son, son ‘antiVigo’ para o alcalde da miña cidade, que cre que esta comisión é para amolar a Abel Caballero. En realidade, con esta comisión, danlle gasolina ao monstro”, proclamou.

Finalmente, o ex alcalde da cidade olívica trasladou o seu convencemento de que “isto o vai a acabar pagando o Concello e un pouco o Porto”, é dicir, vano  pagar “todos” os cidadáns, porque “os seguros vanse botar fóra”.

ASOCIACIÓN DE FESTIVAIS DE GALICIA

Pola súa banda, este xoves tamén compareceu na comisión o representante da Asociación de Festivais de Galicia, Jorge Lorenzo Couselo, quen se referiu á complexa normativa aplicable na organización de eventos, así como ás responsabilidades esixibles aos organizadores de devanditos eventos.

Lorenzo Couselo advertiu de que non se pode trasladar aos promotores dun evento a responsabilidade sobre fallos derivados de “vicios ocultos”, nin sobre “riscos non advertidos”. “Preguntámonos se a organización do Marisquiño sería responsable se caese un farol porque alguén se apoiou nela, ou se rompese un banco porque varias persoas sentasen nel”, cuestionou.

O portavoz da Asociación de Festivais de Galicia trasladou o seu convencemento de que O Marisquiño “non improvisou” en cuestións técnicas e de seguridade, “porque se o fixese non chegaría onde chegou, con probas autorizadas por federacións internacionais que son moi esixentes”.

Por outra banda, aproveitou a súa comparecencia para “elevar unha queixa” ante o Parlamento: “Existen moitos festivais autorizados ou tolerados sen que cumpran os requisitos legais”. Así, advertiu de que hai “infinidade de espectáculos”, especialmente os promovidos por administracións municipais, que se celebran “con absoluto desprezo á seguridade”.

O BNG pedirá unha investigación de Contas por “o sobrecusto” das obras da Cidade da Xustiza de Vigo

O BNG anunciou que pedirá no Parlamento galego unha investigación do Consello de Contas para aclarar os motivos do “sobrecusto dun 30 por cento” das obras da Cidade da Xustiza de Vigo, a cal considerou que ademais “non vai resolver todas as necesidades” da administración de Xustiza na cidade.

Así o comunicaron este luns os deputados Carmela González e Iago Tabarés, e o portavoz municipal do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, despois de manter un encontro polo que os representantes sindicais da CIG no sector Xustiza trasladáronlles a necesidade de “máis unidades xudiciais e persoal para os xulgados” olívicos.

Así mesmo, os sindicatos transmitiron a súa “preocupación” porque “non se coñece a planificación coa que se executará” o traslado á nova sede xudicial. “A xunta de persoal non dispón de información clara nin concreta de como se vai a organizar o traslado nin tampouco da súa temporalidade”, censuraron.

Neste sentido, o BNG, que tamén comunicou as súas “dúbidas sobre a idoneidade do deseño dos espazos que van ocupar servizos como o rexistro civil, medicina legal ou a Policía Autonómica”, descartou que o cambio de localización poida producirse este ano debido á “complexidade loxística e operativa que vai ter a mudanza”.

No relativo ao sobrecusto destas obras, comentou que, aínda que a Xunta atribúeo a dificultades construtivas por maior presencia de amianto da esperada ou defectos nas estruturas, “hai que lembrar que este proxecto contaba cun informe de estruturas e materiais, polo que resulta moi preocupante esta desviación“.

É por iso que o BNG reclamará no Parlamento galego que o Consello de Contas “audite a fondo o proxecto para coñecer de maneira clara os motivos reais deste incremento millonario da factura”.

A Xunta acusa ao Goberno de “non facer os deberes” para evitar a suba das peaxes na AP-9 en xaneiro

0

A Xunta reclama “dilixencia” ao Goberno central para aplicar “canto antes” a rebaixa anunciada de peaxes na AP-9, “unha vez que non fixo os deberes para impedir que as peaxes subisen o pasado 1 de xaneiro”. “Queremos feitos, porque as palabras as leva o vento”, sostén.

Segundo traslada a Consellería de Infraestruturas a Europa Press, o Goberno “continúa cos anuncios e as promesas” sobre esta autoestrada, pero lembra que a Xunta leva advertindo “desde hai semanas” que esa subida de peaxes íase a producir o 1 de xaneiro.

“E non só se incrementaron as tarifas da AP-9, senón que tamén aumentou aínda máis o agravio de Galicia en relación coa rede estatal de autoestradas, xa que a AP-9 é a autoestrada na que máis soben de toda España”, lamenta este departamento.

Despois de que o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio, Sergio Vázquez, asegurase que o Goberno traballa para que a rebaixa aplíquese no primeiro semestre do ano, a Xunta apunta que chegar a acordos coa concesionaria “esixe negociacións, desde logo, e son trámites que levan o seu tempo”. Pero “o Goberno español debe sabelo”.

“Se realmente o Executivo español tivese vontade de evitar a subida das peaxes da AP-9 o pasado 1 de xaneiro, negociaría coa concesionaria seis meses antes para evitar ese incremento. Debería actuar con moita máis dilixencia, tendo en conta, ademais, que ten mecanismos técnicos para facelo”, asegura.

E é que o Goberno galego quéixase que realizou propostas para mitigar eses incrementos “sen que fosen tidas en consideración” polo Estado. Así mesmo, a Xunta di descoñecer os termos nin a situación das negociacións entre Goberno e Audasa, a pesar de pedir reunións co Ministerio para “abordar todo o relativo á AP-9 e tamén en relación co AVE a Galicia”.

“Non debemos esquecer que existen informes, do Consello de Estado ditaminando que os beneficios de Audasa pola bonificación da peaxe de Rande e A Barcala supoñen un enriquecemento inxusto da concesionaria; e tamén do Consello Consultivo de Galicia, que ditaminou que as subidas de peaxes extraordinarias son nulas de pleno dereito”, remarca.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed