Inicio Blog Páxina 2077

Abel Caballero esixe un trato “igual” ao da Coruña, que “duplicou” o seu hospital

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este xoves á Xunta de Galicia “que trate exactamente igual” os vigueses que os coruñeses, tras coñecer que o goberno galego “decidiu duplicar o hospital público da Coruña, mentres en Vigo mantén un hospital privado”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico afirmou que debe “felicitar” os cidadáns da Coruña por este investimento e a “ampliación magnífica do seu hospital”, pero reclamou á Xunta que teña o mesmo trato con Vigo.

A ese respecto, lembrou que a cidade olívica mantén “un hospital privado, que non deixa abrir diante un aparcadoiro municipal gratuíto”, e nunha área sanitaria coa “lista de espera máis longa de todas as cidades, incluíndo a de Povisa”, e coa “máis pequena poboación de referencia”.

Así, o alcalde volveu denunciar que, por unha “decisión política expresa” de Feijóo, Vigo perdeu 300.000 habitantes da súa área de referencia, o que tamén lle fixo perder referencias de especialidades. “Foi unha decisión de Feijóo de 2014, para danar a área sanitaria de Vigo, e cando llo dixemos, dixeron que era provisional, pero transcorreron máis de 5 anos. Unha vez máis mentiron a Vigo”, constatou.

Unha nena de 13 anos ferida grave nun atropelo en Tomiño

0

Unha adolescente de 13 anos idade resultou ferida grave na mañá deste mércores ao ser atropelada por un turismo cando cruzaba unha rúa na parroquia de Forcadela, en Tomiño (Pontevedra).

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, o suceso tivo lugar ás 8,45 horas, cando a menor cruzaba a PO-552 para dirixirse á parada do autobús escolar, nunha zona na que non hai paso de peóns.

Nese momento, as mesmas fontes explicaron que foi alcanzada por un turismo, cuxas ocupantes, unha nai e a súa filla de dous anos, resultaron ilesas.

A menor foi trasladada nunha ambulancia asistencial ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) cunha fractura de pelvis.

Favorecerá a Iago Aspas a destitución de Lopetegui na súa loita pola titularidade?

O dianteiro do Real Club Celta e unha das súas principais iconas, Iago Aspas, está a ser  testemuña directa da destitución da adestrador da selección española de fútbol, Julen Lopetegui, pola súa fichaxe polo Real Madrid, “orfo” trala marcha de Zinedine Zidane.

Barallábanse para o equipo merengue outros nomes, coma o de Guti, pero xa foi desvelada a contratación de Lopetegui, o que precipitou a súa destitución coma adestrador do combinado nacional, sendo sustituído por Hierro.

De tal xeito, Iago Aspas, quen a pesar de encadear boas actuacións e o apoio desde dentro e fóra de Galicia parecía relegado á suplencia e aos últimos minutos, contará con novas oportunidades para demostrar que pode ser o dianteiro titular de España.

O último partido resolveuse grazas a un gol seu, saíndo a falta duns minutos para o pitido final. E o venres 15 ás 20.00 será o primeiro partido oficial do mundial (tras disputar algúns amistosos), contra a Portugal de CR7, sen tempo para que o novo adestrador, Hierro, poida adecuar o equipo á súa visión do xogo.

CxG denuncia niveis de E.Coli 10 veces por riba do máximo legal no Lagares

Compromiso por Galicia (CxG) fai un chamamento para a revisión do funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Lagares xa que segundo indican existirían verquidos de augas sen tratar, procedentes dos colectores de augas pluviais e que teñen relación cos días de fortes precipitacións.
Neste sentido, as fortes precipitacións do mes de abril marcan puntas de contaminación importantes relacionadas co vaciado que se fai destes colectores e onde parece ser, segundo as propias conclusións do estudo, existe unha mestura con augas residuais.
En palabras de Cortés Alonso, secretario local de Compromiso: “A nosa denuncia é un chamado ás diversas administracións para que vixilen e controlen o bo funcionamento dunha infraestrutura básica para a ria de Vigo e o seu saneamento”.
No estudio existe unha das mostras, a recollida o dia 8 de Abril, onde os niveis de contaminación detectados nas análises son 10 veces superiores ao máximo legal. Neste sentido, apuntan tamén que a equipa que elaborou o estudo seguirá a tomar mostras e a facer analíticas, un traballo que levan facendo desde decembro de 2017.
Dende CxG conclúen que estes datos son preocupantes e ainda que mostrando tamén unha baixada nos niveis en referencia à posta en marcha da nova EDAR, os picos de contaminación son maiores que con anterioridade á posta en marcha da propia depuradora.
Por último os galeguistas apuntan a Aguas de Galicia e ao Concello de Vigo para que tomen as medidas técnicas precisas e leven a termo as análises oportunas sobre a zona, xa que resúltanlles preocupantes estes altos niveis detectados de contaminación por fecais.

Gran regata este sábado en Baiona para celebrar o 525 Aniversario da arribada

O Monte Real Club de Iates reúne esta fin de semana en Baiona a grandes figuras da vela para conmemorar a arribada da Pinta, nunha regata 525 Aniversario que organiza en colaboración co Concello.

Esta vila mariñeira foi a primeira do vello mundo en recibir a noticia da descuberta de América. A arribada de Pinzón a Baiona a bordo da caravela Pinta en 1943 convértese en escusa para reunir a regatistas históricos en competición.

Na mar / Lalo R. Villar

Será da partida un histórico deste deporte: o olímpico Jane Abascal, unho dos primeiros españois en acadar o ouro nunhas olimpiadas (Moscú, 1980). Tamén estarán o galego Pedro Campos, o único regatista que logrou cinco campionatos do mundo consecutivos, o vigués Javier de la Gándara, co récord de velocidade na Volta ao Mundo de 1989 e a súa vitoria na Volta a Europa, ou o tamén vigués Miguel Lago, varias veces campión mundial, que chegou a cruzar o Atlántico en 11 días, 7 horas, 38 minutos e 40 segundos entre Palos de la Frontera e San Salvador.

Javier de la Gándara, a bordo do Aída / Rosana Calvo

Tamén en liza Íñigo Echenique, a bordo do Caprice, barco restaurado despois de que o atopasen abandonado nun galiñeiro, César Elizaga, cun barco de 1929, dos máis antigos da flota, e Mauricio Sánchez-Bella.

As probas da Regata 525 Aniversario da Arribada da Carabela Pinta comezarán este sábado ás doce e media na badía de Baiona e, gracias á proximidade á costa do campo de regatas, poderán ser divisadas desde os arenales e montes máis próximos.

A asemblea EU-SON aproba iniciar conversacións co PP para unha moción de censura no Porriño

A asemblea EU-SON O Porriño aprobou este domingo a apertura de conversacións co Partido Popular para facilitar unha moción de censura que releve da Alcaldía á socialista Eva García de la Torre, que goberna en coalición co BNG.

Así o acordou a formación de esquerdas nunha asemblea extraordinaria celebrada este domingo, na que só unha persoa votou en contra e outras dúas abstivéronse, fronte á vintena de participantes que votaron a favor.

En declaracións a Europa Press, o coordinador local de Esquerda Unida (EU), Pedro Ocampo, explica que se iniciará un diálogo co PP –forza maioritaria no pleno con oito concelleiros, a un da maioría absoluta– para “ver que propoñen” e falar de “as condicións” dun acordo para a presentación dunha moción de censura.

A este panorama chegouse despois de “tres ou catro reunións” celebradas con cada unha das formacións que compoñen o goberno local –PSOE e BNG–: “Tentamos que esta situación cambiase, porque a alcaldesa para nós neste momento non pode estar a encabezar o goberno do Porriño por deterioración a todos os niveis, tanto económico como democrático“.

O coordinador local de EU lamenta especialmente que os nacionalistas, aínda que coinciden en que “a situación non é boa e comparten as análises”, logo “non actúan”.

Por iso, Ocampo defende que “a única saída” que ve a plataforma EU-SON, que conta con dous concelleiros na corporación, para que García de la Torre abandone a Alcaldía do Porriño é falar co PP sobre a moción de censura.

Aínda que recoñece que a dirección autonómica de Esquerda Unida “non comparte” esta decisión, pero si “a vai a respectar” porque está adoptada en asemblea, o coordinador local da formación xustifica que é unha medida que “vai máis aló de intereses partidistas, porque xa é unha cuestión de ética política”.

“É o mellor dos escenarios? Non, pero é o único que se abre, porque vemos que os grupos políticos no Porriño no goberno anteponse aos intereses da cidadanía“, insiste.

A socialista Eva García de la Torre renovou mandato en 2019 grazas ao catro concelleiros do seu grupo, aos dous de EU-SON, outros dous do BNG e un da Unión Democrática da Louriña (UDDL), unha escisión do PP.

Os populares conseguiron en 2019 sete edís, só uno por baixo da maioría absoluta, polo que a moción de censura sairía adiante con que tan só un dos dous concelleiros de EU-SON apoiásea.

O funeral de Valeriano Martínez terá lugar en Bueu na tarde do venres

0

ecenas de empregados públicos, membros do seu equipo de Facenda, cargos intermedios da Xunta e todo o Goberno autonómico, co presidente, Alberto Núñez Feijóo, á fronte, reuníronse á entrada das dependencias administrativas de San Caetano para render homenaxe nun sentido minuto de silencio ao responsable galego das contas públicas, Valeriano Martínez, falecido de forma repentina este mércores.

O longo minuto de silencio, que se prolongou durante case cinco, e no que tamén estivo presente o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, concluíu cun aplauso.As caras dos membros do Goberno e dun Feijóo, amigo persoal de Martínez, a quen coñece desde hai máis de 30 anos, reflectían a tristeza e consternación polo falecemento do conselleiro por mor dunha parada cardiorrespiratoria mentres traballaba na Xunta.

Este xoves continuaron as condolencias. Así, a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, arrincaba cunhas palabras de pésame a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, que se reuniu de forma extraordinaria para aprobar os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para o ano próximo.

Tamén o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, aproveitaba un acto en Vigo para reiterar as súas condolencias polo falecemento deste “servidor do público, un traballador que, desde a súa opción política, tentaba facer as cousas o mellor posible para Galicia”.

FUNERAL EN BUEU

Ademais de familiares e achegados, nas últimas horas pasaron, polo tanatorio de Bueu, para trasladar o seu pésame, membros do Executivo autonómico, co propio Feijóo á fronte, así como representantes do PSdeG –como Gonzalo Caballero– e do BNG, entre eles os deputados Noa Presas e Luís Bará.

A despedida de Valeriano Martínez, de 60 anos, casado e cun fillo, cunha traxectoria profesional sempre ligada á Administración autonómica, oficiarase cun funeral que acollerá este venres ás 18,00 horas a Igrexa de San Martiño de Bueu. Martínez, natural de Aldán, en Cangas, residía na localidade pontevedresa de Bueu. Á súa despedida acudirán, previsiblemente, numerosas autoridades galegas, como o propio presidente da Xunta.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

A Xunta defende o cofinanciamento dos servizos sociais para “chegar a máis xente”

A Xunta de Galicia defendeu este martes que o cofinanciamento de servizos sociais permite “chegar a máis xente” e celebrou como unha “boa noticia” a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que avala ese cofinanciamento no caso de tres centros de día da cidade de Vigo.

A preguntas dos medios durante unha visita á asociación veciñal ‘Novo Vigo’ de Navia, o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, sinalou que a Xunta “respecta sempre” as decisións xudiciais, “sexan a favor ou en contra”, e subliñou que o goberno autonómico non critica os xuíces cando as sentenzas non lle son favorables.

Así, en clara alusión ao alcalde de Vigo, aínda que sen nomealo, Rueda apostou polo “respecto da Xustiza”, e por non “descualificar nin silenciar sentenzas” cando non se axustan ao reclamado por unha administración.

No caso da resolución do TSXG sobre cofinanciamento de centros de día, o vicepresidente galego sinalou que dita sentenza reflicte “que todas as administracións teñen que colaborar nos servizos esenciais“, como o son os de carácter social.

“É necesaria a colaboración de todas as administracións, que están obrigadas con arranxo aos seus recursos e dentro das súas posibilidades”, sinalou, e lembrou que, aínda que o alcalde de Vigo “o negaba”, agora unha sentenza avala ese cofinanciamento.

PLAN PARCIAL DE NAVIA

Igualmente, a Xunta de Galicia lamentou este martes que o goberno municipal de Vigo está “a atrasar e case paralizando” a modificación do plan parcial de Navia por unha reclamación, a construción dun instituto, que é “independente” desa tramitación.

Rueda insistiu en que a administración autonómica está pendente de que o Concello dea luz verde definitiva a esa modificación para acometer a construción de 1.600 vivendas de promoción pública nese barrio. “O Concello debería colaborar, debería ser o primeiro interesado”, apostilou.

A ese respecto, matizou que esa actuación “non se debería condicionar a nada máis”, en alusión á reclamación do goberno de Abel Caballero, de que se constrúa un IES nesa zona, e que se asine un protocolo para garantir esa actuación, como requisito previo á aprobación da modificación do plan parcial.

Segundo afirmou Rueda, a construción do centro educativo é algo que a Xunta “non descarta”, e lembrou que a propia Consellería de Educación se dirixiu “hai meses” ao Concello para solicitar a cesión dunha parcela. “Pero iso é independente da construción das vivendas e da modificación do plan parcial”, insistiu.

QUE A XUNTA “DEIXE DE ENREDAR”

Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo de Vigo, María Xosé Caride, pediu ao goberno galego “que deixe de enredar” e que asine o protocolo para construír o IES, que deberá ser a primeira infraestrutura nova na nova urbanización do barrio.

Caride sinalou que o Concello ofreceu á Xunta unha parcela de máis de 12.000 metros cadrados (máis dos 10.000 que reclamaba como mínimo Educación), e ironizou sobre o feito de que, a pesar das súas esixencias de superficie, o goberno galego valore facer un instituto nun dos edificios dos actuais xulgados, “antigo, mal iluminado, que non reúne as condicións” e sen espazo para o lecer ou o deporte, cunhas instalacións “peores que as franquistas”.

Condena de seis anos de cárcere por causar un incendio nunha vivenda e pór en risco os seus veciños

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a unha muller, L.B.S., a seis anos de prisión por provocar un incendio nunha vivenda da cidade olívica o 14 de xuño de 2018, que causou danos na mesma e en zonas comúns do edificio, ademais de pór en risco a integridade dos seus veciños.

A vista oral, fixada para este mércores, non tivo lugar debido a que se alcanzou un acordo de conformidade entre as partes, a Fiscalía pedía inicialmente 10 anos de prisión. Así, tras recoñecerse como responsable dun delito de incendio con grave perigo para a vida e a integridade física das persoas, a condenada verá descontado da pena o período que pasou no cárcere desde que ingresou de modo preventivo, en xuño de 2018. Ademais, decidiuse non repatriar á condenada ao seu país de orixe, Brasil, polo que continuará o cumprimento da condena en España.

Na resolución xudicial aplicouse a circunstancia atenuante de intoxicación debido a que a procesada presentaba un consumo prexudicial de alcol e de cocaína no momento dos feitos. A muller tamén deberá indemnizar ás dúas aseguradoras que asumiron os custos derivados dos danos en zonas comúns do edificio e na vivenda na que ela residía, da que non era propietaria. Deste xeito, deberá abonar 21.800 e 25.600 euros a estas entidades.

Así mesmo, indemnizará a un dos residentes no edificio, M.D.X., en máis de 1.300 euros polos danos causados no seu domicilio polo lume e pagará outros 38 euros a outra veciña, L.P.C., en concepto de gastos de limpeza.

FEITOS

Os feitos tiveron lugar despois de que esta muller amontoase varios trapos e obxectos e trapos no chan, na cociña e xunto á porta de entrada á vivenda na que residía e lles prendera lume para, a continuación, abandonar a vivenda.

Como consecuencia, as chamas causaron danos neste domicilio e en zonas comúns do edificio, mentres que o fume afectou tamén a varios pisos veciños. A actuación dos bombeiros e a Policía Local, que extinguiron o lume e desaloxaron aos residentes, permitiu que non houbese danos persoais.

O tudense Gustavo Rodríguez, favorito no Campionato de España de Tríatlon de Pontevedra

0

Este sábado 25 de agosto celebrarase o Campionato Galego e de España de Tríatlon de Longa distancia, con varios galegos entre os favoritos. De feito, “este venres xa se podía apreciar moito ambiente por Pontevedra e principalmente no CGTD (Centro Galego de Tecnificación Deportiva), onde procedeuse a entrega dos dorsais e a apertura da zona de transición para deixar o material”, subliñan desde a Federación Galega.

A proba comezará a primeira hora da mañá (09:00 horas), e os participantes terán por diante unha moi longa xornada na que a calor fará aínda máis complexa esta competición. Os case trescentos deportistas (entre as probas elite e de grupos de idade) terán que realizar 3 quilómetros de natación, 116 de ciclismo e 30 de carreira a pé. Tamén se realizará unha proba Open de Aquabike.

Campionato de España de Tríatlon, Saleta Castro/ Federación Galega de Tríatlon

Na categoría feminina participará a pontevedresa Saleta Castro, que afronta o campionato coma un fermoso reto: “As miñas expectativas son facelo o mellor posible, dalo todo ata a liña de meta, sufrilo e pelexalo ata o final. Sei que non estou no meu mellor momento de
forma, xa que este ano levo tres ironmáns. O último foi o 8 de xullo en Frankfurt e acabei tocada psicolóxica e físicamente e necesitei tempo para recuperarme e por iso non puiden preparar de todo ben esta proba”.

“Pero é un campionato que me fai moita ilusión porque se disputa en casa, ante a miña xente, e me coñezo o circuíto mellor que ninguén. Espero facelo o mellor posible e se podo, gañar; pero senón, estar no podio, xa me faría moita ilusión”, manifestou.

Na categoría masculina o gran favorito para o Campionato de España de Longa Distancia parece Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) que este ano logrou o título de campión de España de media distancia, e que o pasado ano foi bronce en Ibiza nesta distancia.

O tudense chega en boas condicións a Pontevedra 2018: “Persoalmente estou nun bo momento de forma, so que nestas distancias nunca se sabe como vai responder o corpo ou se calquera contratempo pode botar por terra todo o traballo destes días, pero coa moral moi alta e con gañas de amosar a miña mellor versión”.

Ademais, Gustavo recoñece que tanto este campionato como Pontevedra son especiais: “Con moitas gañas de correr mañá. Este campionato sempre o teño marcado no calendario e máis se é en Pontevedra, que é a cidade onde me formei como deportista e que
sempre se envorca co tríatlon”.

Campionato de España de Tríatlon, Cristóbal Dios/ Federación Galega de Tríatlon

O seu compañeiro de club Cristóbal Dios asegurou que chega en un gran momento de forma: “adestrei ben e penso que podemos loitar por todo. Gustavo é o máximo candidato á vitoria, pero tentaremos poñerllo difícil. Hai outros rivais complicados coma Pello Osoro ou Ander Okamika, pero eu teño que facer a miña carreira e loitar polo que traballei durante estes duros meses de adestramento”.

Dios asegurou que “é moi especial disputar este campionato en casa, onde adestro,
onde vivo, onde fago o meu día a día, e poder competir aquí, coa túa xente, é moi especial”.

 

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed