Inicio Blog Páxina 1931

Chamada desesperada dos sanitarios ante a falta de material: “Convértenos en pacientes”

Os sanitarios galegos comezan a mobilizarse ante a escaseza de material básico para equipos de protección individual (EPIS) co que afrontar o risco do coronavirus, que fai que algúns deles teña que traballar utilizando bolsas de plástico e batas de pintor. María Canedo, enfermeira do Sergas, activou xa unha petición na plataforma change.org para “poder atender aos pacientes en condicións de seguridade para os profesionais e tamén para o resto de pacientes”.

Así, denuncia que os protocolos cambian continuamente, “máis por problemas de non dispoñibilidade de material, que por base científica”. Os sanitarios insisten que “sen EPIS non hai protección para o profesional” e isto fai que eles mesmos acaben converténdose en pacientes, multiplicando o foco do contaxio.

“Isto é o que sucede hoxe no Chus, onde os profesionais piden material, e tentan apañarse co que poden / bolsas de plástico, batas plástico de pintor…..Terceiromundista!”, denuncia. Así, lembra que este é un “grave problema de saúde pública”. “Non teñen dereito a poñer en risco a nosa saúde, é máis, vostedes están obrigados a protexer a nosa saúde laboral”, indica.

Esta sanitaria, como xa manifestaron outros compañeiros en distintas cidades, aseguran que “hai cada vez máis compañeiros contaxiados” e acusan ás administración de non prevelo con anticipación porque xa pasaba noutros países. “Nun problema de saúde pública todos gañamos se facemos as cousas ben”, conclúe.

Denuncian tres condutores de patinete elétrico que circulaban pola beirarrúa, un deles reincidente

0

Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron nas últimas horas a tres usuarios de patinetes eléctricos, un deles reincidente, por circular pola beirarrúa e cometer outras infraccións.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira denuncia formulouse pasada a medianoite do martes, cando unha dotación do 092 sorprendeu ao condutor dun patinete eléctrico, un mozo de 17 anos de idade, circulando pola beirarrúa da rúa Urzáiz. Os axentes solicitaron a presenza da súa nai para tramitar a denuncia, ao ser o mozo menor de idade .

A segunda denuncia realizouse media hora despois, na rúa Travesía de Vigo. Nese caso, o condutor, de 25 anos de idade, tamén circulaba pola beirarrúa, e tentou eludir aos axentes, aínda que finalmente foi interceptado. Dáse a circunstancia de que este home xa fora denunciado hai un mes polos mesmos feitos.

Finalmente, a Policía Local realizou unha terceira intervención esa madrugada, na zona de Praza de América. Alí foi interceptado un usuario dun patinete eléctrico, de 46 anos de idade e nacionalidade portuguesa, que, ademais de circular pola beirarrúa, non vestía pezas reflectoras, non levaba iluminación, e deu positivo por THC (cannabis).

Veciños de Mos, sancionados por manifestarse en contra do Centro Comercial da nova Cidade deportiva do Celta

0

Veciños e membros da Comunidade de Montes que o pasado 30 de novembro manifestáronse no acto de inicio das obras de construcción da Cidade Deportiva do Celta en Mos, comezaron a recibir sancións polos feitos.

Así o fixeron público nunha mensaxe membros da comunidade de Montes de Tameiga que piden a todos os sancionados pórse en contacto coa Comunidade de Montes para realizar un recurso conxunto.

Un cruze de denuncias

As partes implicadas levan un tempo cruzando denuncias entre eles. Así a Comunidade de Montes de Tameiga denunciou o pasado mes de novembro ante Fiscalía, un posible delito de prevaricación e suborno cometido polo presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nídia Arévalo, na sinatura do convenio para a construción do centro comercial que contempla a cidade deportiva do club de fútbol vigués.

Solicitaron que se investigase se os termos do convenio, validado posteriormente en sesión plenaria do Concello, constitúen unha infracción do artigo 404 do Código Penal e da Lei do Chan do Galicia.

A comunidade, que aclaraba daquela que a denuncia se centrábse na construción do centro comercial e non na cidade deportiva do Celta, asegurando que o club e o Concello “omitiron” no convenio que a lei establece que para desenvolver un plan, os promotores deben posuír o 50 por cento dos terreos. “No convenio asinado comprométense a recalificar 1 millón de metros cadrados, pero a parte que vai desenvolver o plan non é posuidora dos terreos”

Vigo rexistrou o 12 de decembro as maiores precipitacións diarias en España

As maiores precipitacións diarias de decembro entre os observatorios principais do Estado rexistráronse en Vigo/aeroporto con 109 litros por metro cadrado o día 12, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Este organismo informou de que o último mes de 2019 foi o terceiro máis húmido e cálido do século XXI, cunha temperatura media en España de 9,9ºC, o que supón 1,9ºC máis por enriba do normal.

A AEMET precisa que o pasado mes foi o terceiro máis cálido desde o comezo do século XXI e o cuarto decembro máis cálido desde 1965, por detrás dos decembros de 1989, 2015 e 2002.

En concreto, o mes resultou cálido no cuadrante noroeste da Península e moi cálido no resto da España peninsular, chegando a ser extremadamente cálido nalgúns puntos. En Baleares foi moi cálido, mentres que en Canarias tivo un carácter moi variable dunhas zonas a outras, predominando o carácter cálido nas zonas altas e o frío en zonas de baixa altitude, resultando en conxunto normal.

As anomalías térmicas máis destacadas, próximas a 2ºC máis, observáronse en Cataluña, centro e sur de Aragón, A Rioxa, sur e leste de Castela e León, Madrid, centro e sur de Estremadura, Comunidade Valenciana, interior de Andalucía e en zonas de Castela-A Mancha, Murcia e nas illas de Mallorca e Menorca.

As temperaturas máximas diarias situáronse de media 1,9ºC por enriba do valor normal de decembro, mentres que as mínimas diarias foron en media 1,8ºC superiores ás normais, resultando, por tanto, unha oscilación térmica diaria 0,1ºC maior que a normal do mes.

As temperaturas máis elevadas rexistráronse durante a última decena do mes, destacando entre estacións principais os 29,2ºC en Tenerife Sur/aeroporto o día 24 de decembro; os 29,0ºC da Palma/aeroporto o día 29 de decembro; os 27,8ºC de Gran Canaria/aeroporto o día 24 de decembro e os 27,1ºC de Santa Cruz de Tenerife rexistrados tamén o día 24 de decembro.

UN 37% MÁIS DE CHOIVAS

A AEMET engade que decembro de 2019 resultou no seu conxunto húmido, cunha precipitación media sobre España de 112 litros por metro cadrado (l/m2), valor que supera nun 37% ao valor normal que é de 82 l/m2, tendo como período de referencia o comprendido entre 1981 e 2010).

Por iso, AEMET sinala que, coa información dispoñible, decembro resultou ser o terceiro mes máis húmido no que vai de século XXI por detrás de 2009 e 2010, e o decimosegundo máis húmido desde 1965.

As cantidades acumuladas no mes superaron os valores normais en gran parte da área peninsular, Mallorca e extremo norte de Tenerife e Gran Canaria, sendo superiores en máis dun 50% aos valores normais en extensas áreas do litoral mediterráneo desde Xirona ata Almería, Pireneos, sur de Galicia, Asturias, oeste de Castela e León, norte de Mallorca, e diversas áreas do Sistema Central, Madrid e Conca, e do norte das provincias de Huelva e Sevilla.

As maiores precipitacións diarias de decembro entre observatorios principais rexistráronse en Vigo/aeroporto con 109 l/m2 o día 12; 106 l/m2 o día 4 en Castelló-Almassora; 102 l/m2 o día 2 en San Javier/aeroporto; 89 l/m2 o día 18 en Pontevedra; e o día 19 con 76 l/m2 no Porto de Navacerrada e 71 l/m2 en Colmenar Viejo/Famet.

A comedia teatral ‘Toc toc’ fai parada en Vigo este domingo

O Teatro Afundación de Vigo acolle a representación de ‘Toc toc’, unha comedia de Laurent Baffie dirixida por Esteve Ferre e versionada por Julián Quintanilla, este 8 de decembro ás 19,30 horas.

Segundo informou Afundación nun comunicado, as entradas para a representación, incluída na Tempada de Teatro da entidade, poderán adquirirse mediante a páxina web de Ataquilla. Ademais, as persoas que dispoñan dun bono para a tempada gozarán dun 20 por cento de desconto.

En concreto, os actores Carmen Arévalo, Esteve Ferre, Laura Hernando, Sara Mouros, Paco Obregón, Fran Sariego e Ana Trinidad darán vida a varios personaxes con distintos trastornos obsesivo-compulsivos, como unha tendencia a dicir obscenidades, unha repetición sintomática de palabras ou frases e un medo extremo a enfermar.

Tras coñecerse na sala dun afamado psiquiatra que os convocou a todos pero non acudiu á cita, os personaxes deberán sacar as súas propias conclusións na súa procura por curar os seus trastornos.

PSA avanza novas contratacións en 2020, cando espera producir 500.000 vehículos

0

O director da planta do Grupo PSA Peugeot Citroën en Vigo, Ignacio Bueno, anunciou novas contratacións, que se sumarán ás máis de 1.200 deste ano, e indicou que a fábrica espera alcanzar o seu máximo rendemento en 2020, cunha produción superior aos 500.000 vehículos.

Durante a súa intervención na tribuna ‘As novas formas de mobilidade e a fábrica do futuro’, celebrada este venres en Vigo, tamén detallou que, mediante o aumento da produción, a planta prevé xerar un impacto de máis de 1.100 millóns de euros no sector da automoción, así como máis de 4.000 empregos.

Ademais, como principais retos, insistiu na mellora da “eficiencia” da fábrica,e avogou por unha aposta pola innovación e a “contención de gastos”, dos que, segundo apuntou, o persoal representa o 50 por cento. Así, insistiu en que resulta conveniente reducir os custos derivados da produción para mellorar a competitividade da empresa, que, segundo apuntou, aspira a mellorar os resultados das distintas plantas coas que conta o grupo na península ibérica. Adicionalmente, advertiu da competencia que representan países como Marrocos debido ao baixo prezo dos seus produtos.

Nese sentido, o director da fábrica viguesa fixo fincapé na importancia potenciar a “flexibilidade” da empresa co obxectivo de adaptarse ás demandas do mercado. Tamén resaltou a necesidade de que os provedores traballen nesa mesma liña.

De cara ao futuro, avanzou o incremento da demanda de traballadores con capacidade para xestionar zonas automatizadas e avogou por converter os espazos de traballo en lugares máis atractivos.

“INCERTEZA”

Mentres, lamentou a “incerteza” xerada en relación ás sancións estipuladas no marco da Corporate Average Fuel Economy (CAFE), que, segundo asegurou, pode afectar a demanda de vehículos por parte de particulares e, en consecuencia, ao emprego. Ademais, apuntou que a planta de PSA cumprirá coa normativa de emisións de CO2 para evitar estes custos adicionais, así como debido ao seu compromiso ambiental.

Ante esta situación, lembrou que o grupo automobilístico levará a cabo unha estratexia de electrificación e hibridación ata 2025 e reivindicou a necesidade de incrementar as vendas de vehículos eléctricos para compensar os niveis de emisión dos térmicos. No entanto, resaltou que estes só suporán o 9 por cento da produción total.

“INESTABILIDADE POLÍTICA”

Ademais, lamentou que, á inseguridade xerada polas novas normativas de emisións, se some a derivada da “inestabilidade política” –en alusión á repetición das eleccións xerais que terá lugar en novembro–.

A ese respecto, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, fixo un chamamento ao “entendemento” entre as distintas forzas políticas, que, na súa opinión, resulta necesario para garantir o desenvolvemento da industria.

Sobre ese punto, Conde apuntou á sustentabilidade como un dos principais retos do sector e puxo en valor o traballo realizado pola planta viguesa de PSA de cara a unha transición enerxética. Ademais, avogou por continuar un modelo de acción, que segundo apuntou, garante “solucións innovadoras e sustentables”.

Ademais, apostou por que a Xunta e a fábrica continúen traballando en conxunto nese sentido, unha proposta que Ignacio Bueno secundou.

Os policías locais de Vigo esixen a equiparación salarial co corpo de bombeiros

Un grupo de Policías Locais de Vigo protagonizaron este martes un peche e unha ‘pitada’ en dependencias da alcaldía olívica, para esixir que se cumpra o acordo plenario aprobado en abril de 2018 e que establecía a equiparación salarial destes funcionarios cos soldos dos efectivos municipais de bombeiros.

Tras a protesta, segundo explicou a Europa Press o axente de Policía e presidente do comité de persoal, Pergentino ‘Tino’ Martínez (UXT), un técnico do departamento de Recursos Humanos púxose en contacto co colectivo para informarlles de que “están a facer números” e lles trasladarán unha oferta en próximas horas.

‘Tino’ Martínez lembrou que, desde que se aprobou en pleno a equiparación salarial, hai 10 meses, estívose negociando o modo de executar a dita medida, e que houbo reunións co concelleiro de Persoal, Javier Pardo.

“Xa había un acordo case pechado, pero á hora de executalo, din que non dan os números, porque o custo da medida dispárase”, lamentou o presidente do comité.

A ese respecto, Martínez apuntou que o goberno municipal “podería incrementar as partidas do capítulo 1 dos orzamentos” (as destinadas ao pago dos funcionarios), pero iso suporía “detraer” os fondos doutras partidas, “e xa se sabe como é a política deste goberno”. “Podería quedar con algunha luz de Nadal menos”, ironizou o representante dos traballadores.

Primeiras fotos e vídeos da explosión pirotécnica en Tui

Un almacén con material de pirotecnia en Tui (Pontevedra) estoupou e comezou a arder na tarde deste mércores, deixando polo menos unha persona ferida, segundo confirmaron fontes dos servizos de emerxencias.

De acordo coa información do 112 Galicia, sobre as 16,25 horas deste mércores varios particulares alertaron da columna de fume e apuntaron que podía estar a arder un almacén con abundante material pirotécnico en Baldráns.

Explosión dunha empresa pirotécnica en Tui.
Explosión dunha empresa pirotécnica en Tui.

Foron alertados os Bombeiros de Baixo Miño e de Vigo, Garda Civil e Policía Local do Porriño. Tamén se informou a Urxencias Médicas, que desprazou ao lugar seis ambulancias e dous helicópteros medicalizados, o ‘H3’ e o ‘H4’.

Explosión dunha empresa pirotécnica en Tui.
Explosión dunha empresa pirotécnica en Tui.

 

Vigo non rexistra novos ingresos mentres mantén sete persoas en UCI

0

A área de Vigo ten cinco pacientes ingresados por covid en unidades convencionais –54– e mantén a sete persoas en UCI.

Por outra parte, segundo os datos do SERGAS, os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias comezando pola viguesa (-270), Pontevedra (-108), Ourense (-68), Lugo (-58), Santiago (-46), A Coruña (-43) e Ferrol (-27).

A área de Vigo sumou156 novos contaxios. Máis información en Galicia Confidencial.

H&M tamén estará no centro comercial Vialia de Vigo

H&M sumarase á oferta do centro comercial Vialia de Vigo, cuxa apertura está prevista para o próximo mes de setembro, cun establecemento de dúas plantas. En concreto, a multinacional contará máis de 2.000 metros cadrados de superficie distribuídos en dúas plantas, segundo detallou o operador inmobiliario mixto Nhood, que xestiona o futuro complexo comercial.

H&M súmase deste xeito a distintas firmas nacionais e internacionais que disporán de locais no centro comercial, como Alcampo, Primark, Luxenter, Teens Invaders, Mayoral, Sprinter, Adidas, JD, Oh My Kebab, Taco Bell, 100 Montaditos, Muerde la pasta, Vips, Mc Donald’s e Burger King, entre outros.

Así, o complexo comercial, que se situará xunto á nova estación intermodal de Vigo, presentará unha oferta variada de restauración, moda, beleza, decoración, cinemas e actividades de lecer.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed