Inicio Blog Páxina 1885

Abel Caballero xustifica a súa ausencia nos debates electorais: “Eu xa falo directamente coa cidade”

O alcalde de Vigo e candidato á reelección, o socialista Abel Caballero, xustificou este martes a súa ausencia dos debates electorais organizados por medios de comunicación ou outros colectivos, argumentando que el xa fala “directamente coa cidade”.

Sobre esa ausencia, que adoita suplir o concelleiro e candidato número 8 da súa lista, Carlos López Font, Abel Caballero proclamou: “O meu contacto é coa xente”.

Segundo afirmou, entre risas, “hai algúns que non son capaces de falar coa xente porque a xente non lles fai caso, e queren ver se estou eu para que os atendan”.

“Eu falo directamente coa cidade, eu falo directamente coa cidade, eu falo directamente coa cidade”, repetiu tres veces, ante as preguntas sobre os seus motivos para non acudir a eses debates.

Manter o benestar social, a chave para saír da crise provocada pola covid

O docente e investigador da Universidade de Vigo (UVigo) Albino Prada publicou o libro ‘Riqueza nacional e benestar social. Máis desenvolvemento con menos crecemento’, no que apunta que recuperar un 5 por cento o PIB en España tras a crise polo covid-19 chegaría, “a condición de que ese crecemento se transforme en benestar social”.

Segundo a universidade viguesa, o investigador sinalou que a crise económica actual, provocada pola pandemia, trouxo “un colapso económico importante e unha caída dun 11 por cento do PIB”. No entanto, considera que “o máis sintomático e preocupante” da actual crise “é que practicamente todo o mundo querería recuperar eses puntos do PIB e, se fose posible, todos dun golpe”.

“Xa nin sequera parece un éxito crecer ao redor dun 6 por cento, que é onde se sitúan as últimas previsións do Goberno”, lamentou, insistindo en que “chegaría con crecer ao 5 por cento, a condición de que ese crecemento se transforme en benestar social”. “De que nos serve crecer ao 10 ou 15 por cento se o nivel de benestar social empeora?”, cuestionou.

Neste sentido, remarcou que “non se trata de emular aos máis ricos, senón a algúns menos ricos que alcanzaron logros de desenvolvemento semellantes”, a colación do que defendeu que unha educación e sanidade universais e públicas é “algo clave para o benestar e estabilidade da poboación a escala mundial”.

Prada tamén fai referencia no libro á crise económica de 2008, da que “España saíu relativamente ben, na medida en que foi quen de ir recuperando o PIB a un ritmo moi notable”, aínda que admitiu que foi “perdendo polo camiño moitas posicións en benestar social”.

RIQUEZA E BENESTAR

Segundo informou a universidade viguesa, o libro ‘Riqueza nacional e benestar social. Máis desenvolvemento con menos crecemento’ representa “unha folla de ruta válida a escala mundial” acerca de que nivel de crecemento económico é compatible coa sustentabilidade global do planeta e o benestar dos seus habitantes.

Este ensaio, que conta cunha linguaxe “moi accesible”, recompila o traballo de investigación realizado no últimos sete anos por Prada en colaboración co tamén investigador da UVigo Patricio Sánchez.

A partir destes estudos, comprobaron que determinados países ou rexións, tendo un nivel relativamente alto ou alto en riqueza, baixaban moitos postos se o que se medía era o benestar social; e viceversa, rexións que, cunha riqueza máis modesta, conseguían niveis moito maiores de benestar social”.

Falece no Chuvi un home de 68 anos que fora diagnosticado de coronavirus

0

Catorce falecementos por Covid-19 notificados este domingo elevan a 1.622 as vítimas mortais que se cobrou a pandemia en Galicia desde o seu inicio no primeiro trimestre de 2020.


Do total de decesos comunicados polo Servizo Galego de Saúde, cinco rexistráronse no CHUAC, na Coruña, catro homes de 67, 77, 79 e 83 anos e unha muller de 86.

En centros sociosanitarios, morreron unha muller de 56 anos na  Pai Menni de Betanzos, unha muller de 87 na  DomusVi de Carballo e unha muller de 86 na  DomusVi de Vimianzo.


Tamén morreron tres persoas no CHOP, en Pontevedra. Eran tres homes de 55, 81 e 87 anos. No  CHUO, en Ourense, morreu un home de 67 anos, e outro home de 86 no hospital de Verín, procedente do asilo Hogar Santa María. Así mesmo, no  CHUVI, en Vigo, morreu un home de 68 anos.
Todas estas persoas tiñan patoloxías previas, segundo indica o Sergas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Falecen no Chuvi catro persoas con coronavirus

A área sanitaria de Vigo suma catro mortes máis por mor da pandemia, segundo os últimos datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade. Trátase de tres homes de 77, 80 e 82 anos, respectivamente, e unha muller de 93. Todos eles tiñan patoloxías previas.

No conxunto de Galicia, o Servizo Galego de Saúde notificou un total de doce mortes. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

O Parlamento volverá investigar a fusión de Caixanova e Caixa Galicia tras o auto da Audiencia Nacional

O Parlamento de Galicia volverá contar cunha comisión de investigación da fusión das caixas galegas –Caixanova e Caixa Galicia– e a súa posterior bancarización, máis de oito anos despois de que se abrise por primeira vez na Cámara autonómica.

Tanto PPdeG como BNG incluíron na orde do día senllas peticións concretas sobre esta cuestión, pero xa negocian, tamén co PSdeG, un acordo para abrir este órgano de investigación parlamentaria co consenso de todas as forzas políticas. A idea é, ademais, aproveitar os traballos realizados, que acabaron sen un ditame da Cámara.

No escenario dunha comisión de investigación, que os tres grupos teñen intención de facer por consenso, a oposición advirte de que, en primeiro lugar, a Xunta “ten” que entregar a documentación que aínda non se enviou no seu día.

Esta comisión chegará, de confirmarse como é intención, despois de que se coñeceu un auto da Audiencia Nacional no que se sostén, sobre a intervención do FROB relativa ás caixas de aforro galegas, que “a única razón” pola que tivo que actuar “foi pola situación económico-financeira na que se atopaba, en 2010, Caixa Galicia, antes de que se producise a fusión”.

Nese mesmo auto engádese que “Caixanova nunca sería intervida se non se vira obrigada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NovaCaixaGalicia“.

A Xunta obriga ao persoal de limpeza e coidadoras escolares de Vigo a traballar nas resicencias xeriátricas intervidas

2

“Porse a disposición da Xunta para incorporarse de xeito inmediato para continuar as súas labores pero en residencias xeriátricas por necesidades do servizo” Esa é a chamada que recibiu o persoal laboral de limpeza e auxiliares de coidados en centros educativos da Xunta da área de Vigo a pasada semán, sen apenas posibilidade para opoñerse.

A labor asignada non sería a limpeza dos seus institutos ou centros escolares onde traballaban ate o día 16 de marzo, se non nas residencias de anciáns privadas intervidas pola Xunta de Galicia a causa das infeccións e falecementos por COVID19.

Unha destas traballadoras asegurou a esta redacción que incluso poderían ter que desprazarse ata Ourense para realizar os traballos, e que non atenden a razóns sobre as limitacións que poidan ter.

Segundo puido saber Xornal de Vigo éstas traballadoras non teñen formación en prevención de riscos laborais, non recibiron formación no momento do chamamento para incorporarse, nin teñen experiencia en coidados xerontolóxicos no caso das auxiliares de coidados en centros educativos. “É un sin sentido. Unha loucura que nos manden así. Parecemos os “liquidadores” de Chernóbil, que apenas sabemos poñer unha mascarilla e xa estamos preparadas para traballar” sinala Remedios (nome ficticio) limpiadora nun centro escolar da área de Vigo que prefire preservar a súa identidade por medo a represalias.

“No meu caso teño á miña nai maior ao meu cargo, con moitas doenzas e nin se quera me deron opción de alegar dada a miña condición de persoa vulnerable recollida nos tres supostos das directrices da propia Xunta pola emerxencia sanitaria do coronavirus. Tiven que acudir ao meu sindicato para advertirlles do que estaba a pasar, para que me axuden e non me penalicen por non presentarme no posto de traballo.” asegura.

“É todo unha improvisación e unha irresponsabilidade por parte da Xunta, como fixeron dende o principio cando suspenderon as clases e esqueceron engadir nas directrices ao persoal non docente, deixando a criterio das direccións dos centros a decisión sobre a nosa asistencia ou non aos postos de traballo. Unha irresponsabilidade” engade.

CIG denuncia ante a Inspección de Traballo

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo e da Seguridade Social contra a Consellería de Política Social pola chamada precisamente para traballar na residencia de maiores ‘Nosa Señora de Fátima’ do Barco –intervida pola Xunta— a seis auxiliares de coidados de centros educativos “sen ningunha experiencia nin formación en atención a maiores”.

Neste sentido, a central nacionalista asegura que Política Social “non proporcionou formación en prevención de riscos laborais” para traballar con infectados por coronavirus nun centro que, a pesar de ser intervido pola administración tras detectar un centenar de casos entre usuarios e persoal, mantén “a mesma dirección”.

Así, cren “cuestionable” que o “responsable do centenar de contaxios” que supuxo a intervención da Xunta se encargue “da aplicación das medidas de prevención de riscos laborais, se as hai”.

En canto ás traballadoras, a CIG afirma que chegaron ao centro o pasado xoves 8 de abril. Segundo a central, que achega o testemuño das empregadas, recibiron un pixama e un EPI “con apenas cinco minutos de presentación e sen explicación da súa colocación”.

Tampouco, continúan, lles deron formación “específica” sobre as tarefas a desempeñar “e moito menos” formación de prevención de riscos laborais.

Por outra banda, a CIG cre que a articulación dun comité de expertos para deseñar a saída á crise do coronavirus anunciada pola Xunta supón “un desprezo” ás instuciones sociais “creadas a tal fin”, como son o Consello Económico Social (CES) e o Consello Galego de Relacións Laborais (CRGL). Nun comunicado, o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, incidiu en que entre as fuciones do CES e o CRLG están as encomedadas a este comité, polo que “habería que respectar as atribucións” a estas entidades.

A Xunta condiciona o apoio a Barreras a un acordo coas empresas auxiliares

A Xunta sinalou a necesidade de que o estaleiro vigués Hijos de J. Barreras garanta a carga de traballo e alcance un acordo coas empresas auxiliares como condicións para prestarlle o seu apoio tras unha reunión mantida con entidades da industria naval.

Segundo trasladou a Consellería de Economía, Emprego e Industria, o encontro, celebrado este mércores, contou coa participación de representantes da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) e o Clúster do Naval Galego (Aclunaga).

Nese contexto, o Goberno galego insistiu en que o sector naval é “estratéxico” para esta administración, polo que se comprometeu a “formar parte da solución” para a situación de Barreras. Con todo, condicionou o seu apoio a que a empresa garanta a carga de traballo e alcance dun acordo coa industria auxiliar.

Nese sentido, o Executivo autonómico remarcou a necesidade de achegar “estabilidade a curto, medio e longo prazo” ao estaleiro vigués. Deste xeito, reiterou que o apoio financeiro non se concederá mediante axudas a fondo perdido e limitouno a un escenario no que se presente “un proxecto viable que teña en conta os traballadores e a industria auxiliar”.

Así mesmo, na reunión, a Xunta lembrou que a finais do ano pasado se puxo unha liña de crédito a disposición das empresas auxiliares mediante a que se concederon 17 préstamos por valor de máis de 9,5 millóns de euros.

SITUACIÓN DO ESTALEIRO

Esta reunión tivo lugar días despois de que se presentase no Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, o acordo de reestruturación que permitiu a Barreras eludir a entrada en concurso de acredores.

Deste xeito, a sociedade Cruise Yacht 1 Ltd asumiu o sobrecusto do cruceiro ‘Evrima’, que encargara o estaleiro, ademais de tomar o control de Barreras grazas á cesión dos dereitos políticos realizada por Pemex e Albacora, que representan o 75% do accionariado, e a un acordo alcanzado coa banca e Cesce.

Mentres, a industria auxiliar, que aínda non retomou os traballos nas bancadas de Beiramar, deu un prazo de tres meses a Barreras para saldar a débeda contraída, que se estima en máis de 20 millóns de euros.

Pola súa banda, Pemex busca desfacerse das súas accións, que representan un 51 por cento do total, e recuperar os 5,1 millóns de euros que lle custaron e outros 8 millóns que depositou en garantías.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed