InicioSociedadeFalece no Chuvi un home de 68 anos que fora diagnosticado de...

Falece no Chuvi un home de 68 anos que fora diagnosticado de coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catorce falecementos por Covid-19 notificados este domingo elevan a 1.622 as vítimas mortais que se cobrou a pandemia en Galicia desde o seu inicio no primeiro trimestre de 2020.


Do total de decesos comunicados polo Servizo Galego de Saúde, cinco rexistráronse no CHUAC, na Coruña, catro homes de 67, 77, 79 e 83 anos e unha muller de 86.

En centros sociosanitarios, morreron unha muller de 56 anos na  Pai Menni de Betanzos, unha muller de 87 na  DomusVi de Carballo e unha muller de 86 na  DomusVi de Vimianzo.


Tamén morreron tres persoas no CHOP, en Pontevedra. Eran tres homes de 55, 81 e 87 anos. No  CHUO, en Ourense, morreu un home de 67 anos, e outro home de 86 no hospital de Verín, procedente do asilo Hogar Santa María. Así mesmo, no  CHUVI, en Vigo, morreu un home de 68 anos.
Todas estas persoas tiñan patoloxías previas, segundo indica o Sergas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...