Inicio Blog Páxina 1883

VIDEO | Esta é a receita natural coa que están trampeando velutinas masivamente no Val Miñor

0

O portavoz da Asociación Galega de Apicutura (AGA), Jesús Asorey, reclamou estes días ás administracións “coordinación” para frear o que cualificou como “infesta” da avespa velutina e ante unha campaña que, coma outros anos, considera “deficiente”. E é que suliñou que é “unha praga” que está atacando “con toda a súa furia”.

“Hai concellos que trampearon, pero menos que o ano pasado”, manifestou, en declaracións a Europa Press, sobre o sistema para capturar ás raíñas que se fai na primavera, así como o “labor preventivo” de retirada de niños.

Ademais, incide en que este mes de agosto “a praga” da avespa velutina atópase en Galicia “con toda a súa furia”, resume en referencia á presenza de niños “nas árbores, á beira de regatos, pero tamén a rentes do chan ou situados en muros co perigo que supón para a xente que vai rozar ou a realizar labores no campo”, apunta.

Así, asegura que lles consta que hai persoas que realizando estes traballos recibiron “unha decena de picaduras” de avespa velutina, rexeitando que haxa menos presenza que outros anos “nas hortas”.

No Val Miñor, zona costeira, a presenza deste invasor parece imparable e moitos veciños levan anos experimentando o trampeo con distintas receitas. Agua, azucre e lévedo. Vermouth e Coca-Cola, e a última coa que están trampeando este ano marmelada de ameixa. “Sacamos todas as trampas cheas nun día. E no silencio da noite escoítanse como zumban nas botellas. O de este ano rompe calquera estatística de anos anteriores. Están rillando a froita como peras e os amorodos”



PLAN “GLOBAL”
No caso dos apicultores con colmeas en zonas de montaña, aclara que se atrasou a presenza da avespa velutina “ou hai algo menos”. “Pero na costa está desbocada a praga”, incide. Ademais, apunta que “como este ano hai menos froita, van menos”, aínda que di que si están a aparecer na zona de viñedos.

Para o portavoz de AGA, existe unha “descoordinación por parte da Xunta” á hora de afrontar esta problemática. “É a que ten competencias, pon máis diñeiro, pero non coordinan”, afirma Jesús Asorey, quen cuestiona que as actuacións “se baseen na retirada de niños”. Con iso, considera que os resultados que se poden obter son “escasos”.

“Os concellos e os apicultores fan o que poden”, asevera o representante de AGA, para quen debería haber un plan “máis globalizado”. “Necesítase atacar a praga”, suliña reclamando “un trampeo coordinado na primavera”, ao que suma a retirada dos niños. Ademais, estende a necesidade desta coordinación ao ámbito da investigación.

DECLARACIÓN DE “PRAGA”

Por outra banda, pide que as autoridades españolas insten á Unión Europea a declarar a avespa velutina “como praga”. “Para que poida haber axudas para os sectores afectados”, engade facendo referencia, especialmente, ao sector da apicultura e da fruticultura. Aos prexuízos económicos, suma os medioambientaes e sanitarios polos “ataques” a persoas por parte da avespa.

Na actual situación, especifica que o sector está a recorrer a métodos caseiros con técnicas “sinxelas”. Entre elas, cita “a eliminación dos niños con escopetas de balines cun mínimo de insecticida ou o uso de trampas nas que se atrae á avespa velutina cunha composición de auga, azucre e fermento”.

Tras retirar o mel, hai apicultores que optan por reducir a entrada nas colmeas e instalar “arpas eléctricas, un mecanismo que funciona con enexía solar ou eléctrica”. “Uns bastidores con fíos de arame, enchufados a unha fonte de enerxía polo que pasan as abellas, pero non as velutinas”, sinala.

Pero, a pesar destas medidas, o portavoz da Asociación Galega de Apicultores insiste. “Non haberá resultados sen prevención, investigación e declarando a Unión Europea á velutina cunha praga para que haxa axudas para os sectores máis afectados”. “E por suposto a retirada de niños”, remarca.

NIÑOS RETIRADOS

De acordo cos datos achegados por Vicepresidencia da Xunta, “o número de niños retirados/neutralizados a través do Plan Seaga ascende a 8.398 no que vai de ano”, un servizo que se mantivo durante o estado de alarma.

Anpas emprazan á Xunta a dialogar con urxencia para manter os comedores escolares

0

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra (FANPA Pontevedra) e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (FOANPAS) emprazaron á Consellería de Educación a “dialogar con urxencia” para manter o seu compromiso de xestionar os comedores escolares, as aulas de madrugadores e as actividades extraescolares.

Rogelio Carballo e Miguel Álvarez, presidentes de Fanpa e Foempa, respectivamente, lembraron que as súas organizacións xestionan a máis de 3.500 usuarios de comedores escolares na provincia de Pontevedra.

Do mesmo xeito, advertiron que, no caso de non ter resposta e manterse as condicións establecidas no Protocolo proposto pola Xunta, “o compromiso” de xestión por parte as súas “organizacións considerarase inasumible para próximo curso escolar 2020-21” polo que procederán a “suspender os servizos”.

Ambas as organizacións comprometéronse a tomar “todas as medidas administrativas e xudiciais en defensa das familias e os seus dereitos á educación, saúde, traballo e conciliación”, reclamando ante as instancias correspondentes “as responsabilidades persoais e materiais que fosen esixibles”.

Nun escrito dirixido á Consellería estas Federacións de ANPAS insisten en que a proposta de Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020 é “completamente inasumible” polas asociacións sen ánimo de lucro que representan.

En primeiro lugar, segundo indicou Carballo, “pola redución de prazas que comporta, de tal magnitude, que afecta gravemente á universalidade do servizo”. Ao mesmo tempo, advertiu que unha redución de usuarios tan importante supón un “incremento significativo do custo”, consecuencia da repartición do custo de explotación entre menos comensais, agravado polas medidas de protección necesarias para asegurar a salubridade do servizo.

Miguel Álvarez destacou que “a magnitude deste incremento faino inasumible” pola maioría dos usuarios que quedarán despois da redución de aforamento disposto polo Protocolo.

Tanto Fanpa como Foanpas din estar dispostas a continuar coas actividades de comedor, aulas de madrugadores e actividades extraescolares “sempre que se garantan as condicións de seguridade sanitaria, atención á totalidade dos usuarios, custo económico asumible polas familias, e non agravar a xa limitada capacidade de xestión das nosas organizacións”.

Neste sentido, afirman que a atención á totalidade dos usuarios mantendo as condicións sinaladas no Protocolo COVID19 da Consellería de Sanidade implica a utilización de máis espazos dedicados a comedor e aulas de madrugadores, ben sexa de maneira provisional ou permanente, ou ben un aumento no número de horas do servizo.

Pero iso, conforme apuntan, leva un aumento significativo de monitores e coidadores ademais da desinfección pertinente do espazo de comedor, incluídos os recursos para á atención á diversidade (NEAE) cos consecuentes custos económicos derivados do incremento de persoal e dos materiais necesarios para garantir a salubridade dos servizos (Iimpieza, material sanitario, procesamentos culinarios, hidroxeles, etc.) que “teñen que ser asumidos de maneira extraordinaria pola Consellería de Educación mentres a aplicación do Protocolo estea en vigor”.

Neste sentido, piden o compromiso por parte da Consellería para “manter o custo actual dos servizos para as familias e atender á totalidade da comunidade educativa”. E da mesma maneira, engaden a petición de “facilitar a xestión por parte das organizacións tendo en conta o carácter voluntario e non retribuído dos seus responsables”.

Rogelio Carbalo urxe ao departamento que dirixe a conselleira Carmen Pomar a dialogar con urxencia xa que o próximo 10 de agosto debería comezar o prazo de matrícula para os comedores en Pontevedra.

Bueu dá un ultimátum á Xunta para que os habitantes de Ons accedan á illa sen restriccións

0

Os portavoces dos grupos municipais do Concello de Bueu esixen unha “solución inmediata” á Xunta de Galicia que garanta o dereito da veciñanza da Illa de Ons a acceder a este espazo sen restricións.

Este mércores acudiron ata a Delegación territorial da Xunta en Pontevedra o alcalde de Bueu, Félix Juncal; o portavoz do BNG, Xosé Leal; o seu homólogo de ACB, Julio Villanueva; a representante do Partido Popular, Elena Estévez, e o do PSOE, José Manuel Vilas.

Todos eles entregaron por Rexistro un documento no que esixen ao Goberno galego unha “solución inmediata” por parte do ente autonómico, así como a convocatoria urxente, de maneira telemática, dunha Mesa por Ons.

No escrito os portavoces municipais instan á resolución deste problema nun máximo de 24 horas pois, en caso contrario, a corporación bueuesa estudará a retirada da Declaración do Patrimonio que a Xunta pretende impulsar para o Parque Nacional das Illas Atlánticas no que se atopa Ons.

Os representantes da corporación aseguran que non están dispostos a aceptar o incumprimento do acordo ao que se chegou o 18 de setembro de 2019. Naquela ocasión acordouse establecer unha cota para insulares de 800 persoas en total. De existir unha demanda superior a esas 800 prazas preasignadas, bloquearíanse outras 300 da cota de visitantes, pero non con anterioridade nin na súa totalidade.

MESA DE DIÁLOGO

Ese foi o acordo ao que se chegou no marco dunha mesa de diálogo na que participou unha representación da veciñanza, os membros da corporación municipal, así como das consellerías de Medio Ambiente e Cultura.

Neste sentido, o alcalde de Bueu volveu a expresar o apoio incondicional á reclamación da veciñanza da Illa de Ons que estes días iniciou un peche no salón de plenos da Casa Consistorial en sinal de protesta ao non respectar a Xunta o sistema de cotas para o acceso ás súas vivendas.

O rexedor cualificou a actitude da Xunta de Galicia como “insensata, irresponsable e desleal coas persoas de Ons e co Concello de Bueu”.

Temor a un contaxio masivo no centro para discapacitados de Chapela tras confirmarse xa 7 positivos

Xa fomos avisando nestes pasados días. A CAPD de Chapela non cumpría os servizos básicos de hixiene e o pasado mércores 25 aumentaba o número de contaxiados por coronavirus. Á mañá deste xoves 26 hai novos casos de contaxios no Centro de Atención para Persoas con Discapacidade da zona.

Son un total de 7 contaxiados por coronavirus no centro. Os dous novos casos son dous coidadores da segunda planta que estaban na casa estes días, que entraran en contacto co primeiro positivo.

Pese as insistencias dos traballadores, a planta non se desinfectou ata o pasado mércores 24. Unha coidadora do centro pensa que “caerán todos os da planta e a xente nova contratada que está indo á mesma”. Ademais, a mesma coidadora asegura que “estamos á espera de novos positivos” xa que “as camareiras, limpiadoras e o equipo de mantemento do centro están na casa e non se sabe nada delas”.

CEN BAIXAS LABORAIS

Xustificando o estrés da situación, un total 100 persoas colleron a baixa esta semana, tal e como aseguran as fontes consultadas. “Había que facerlle as probas e se non dan positivo no coronavirus deberían ter que ir a traballar. Imos a ter unha carga de traballo enorme“, sinala unha coidadora do centro.

A causa, segundo a mesma traballadora é “porque son xente nova e non aguanta os casos cos que tratamos. Hai postos nos que xa houbo ata tres substitucións”. “É unha fuxida de paxaros”, conclúe.

A Xunta rexeita dar axuda a fondo perdido a Ritz Carlton

A Xunta de Galicia confirmou este mércores a súa disposición a participar nunha solución para o estaleiro vigués Barreras (en fase preconcursal, coa disolución xudicial da sociedade solicitada e coa actividade parada) e ofreceu colaborar no financiamento para rematar o cruceiro de Ritz Carlton, aínda que matizou que, “en ningún caso” se faría a través de axudas a fondo perdido.

Así o sinalou, en declaracións aos medios, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que este mércores participou nun acto en Vigo.

Conde lembrou que o goberno galego está “a traballar” tanto co estaleiro (que agora controla Ritz Carlton), como con Pymar, co Ministerio de Industria e con CESCE, e “identificouse a posibilidade de que a Xunta poida colaborar no financiamento” do cruceiro ‘Evrima’. No entanto, puntualizou, esa colaboración sería “sempre a través do financiamento e en ningún caso” mediante axudas a fondo perdido.

Segundo precisou o conselleiro, Ritz Carlton trasladou inicialmente unha necesidade de financiamento duns 5 millóns de euros, aínda que queda por coñecer “toda a información” e “a estrutura financeira que poida soportar o reinicio da actividade” no estaleiro vigués.

Con todo, Francisco Conde advertiu de que a participación da Xunta na solución para Barreras está condicionada a que haxa “un proxecto que permita a viabilidade” do estaleiro, que dea garantías aos seus traballadores e tamén á industria auxiliar. “Estamos preocupados non só por finalizar o cruceiro (para Ritz Carlton), senón tamén ocupados para dar solución a toda a industria auxiliar, aos traballadores de Barreras…”, insistiu.

A ese respecto, o conselleiro admitiu que os pasos dados polo estaleiro están enfocados neste momento a asegurar a estrutura financeira que permita finalizar o cruceiro, pero “hai que dar unha solución integral”. “Que non se fale só de dar resposta a un cliente, iso non sería responsable (…), os accionistas teñen unha responsabilidade”, engadiu o conselleiro, que pediu “falar tamén de que vai pasar” cos encargos das armadoras Havila e Grupo Armas.

PRÉSTAMOS A AUXILIARES

Por outra banda, Francisco Conde lembrou que a Xunta puxo en marcha unha liña de crédito para empresas auxiliares do naval, ideada para dar resposta ás industrias que, coa crise de Barreras, ven perigar a súa continuidade.

Segundo explicou, a Xunta trasladou ao goberno de España esta actuación, e confirmou que a administración autonómica xa concedeu 11 préstamos a outras tantas empresas auxiliares do naval, por valor de máis de 6 millóns de euros, e segue avaliando solicitudes pendentes.

Acusan a PSA Vigo de vulnerar o dereito a conciliación de dúas traballadoras

0

A Confederación Intersindical Galega (CIG) acusou a planta viguesa do Grupo PSA Peugeot Citroën de “vulnerar” o dereito á conciliación de dúas empregadas con redución de xornada por non concederlles o horario de traballo solicitado.

O sindicato resaltou que a normativa vixente permite que o horario establecido tras a concesión dunha redución de xornada se adapte ás “necesidades ordinarias de conciliación”.

Así mesmo, reprobou que a empresa asegurase ás empregadas que as horas nas que non desempeñarán o seu posto de traballo serán asumidas por outro empregado “seguramente de forma obrigatoria”.

Así, denunciou que a dirección da planta tamén advertise a estas traballadoras de que alterar as quendas de traballo para dar resposta ás súas necesidades “prexudicaría” a organización produtiva.

Ante esta situación, a central sindical remarcou a importancia de non antepor os “intereses” da empresa ao dereito á conciliación da vida laboral e familiar dos seus empregados e insistiu na importancia de que se analicen as posibilidades que permitan dar resposta ás demandas de modificación de horarios.

Detido nunha cafetaría de Vigo por agredir a un policía que lle ordenou que se identificase

Un home de 33 anos residente en Vigo, D.A.R., foi detido nunha cafetaría da cidade por un delito de atentado despois de agredir a un policía local que lle ordenou identificarse.

Segundo recolleu o corpo de seguridade nun comunicado, os feitos tiveron lugar este venres sobre as 13:17 horas nun establecemento próximo á Praza da Independencia cando un home sentou e, ao observar a carta, comezou a pórse nervioso e a asegurar que a comida ofertada sentaríalle mal. Ademais, comezou a insultar ao propietario e a ameazar aos clientes que trataron de acougalo.

Tras ser contactados polo dono, os axentes desprazáronse ao establecemento, onde solicitaron ao home que se identificase, aínda que el se negou. Tamén tentou dar dúas puñadas a un dos funcionarios, que puido esquivalos e bloquear unha das súas mans, e propinoulle dúas patadas no costado, que foron amortecidas polo chaleco antibalas.

Finalmente, D.A.R. foi inmobilizado e solicitouse unha ambulancia medicalizada polo seu estado de nerviosismo. O facultativo do hospital ao que foi trasladado, Povisa, informou de que se lle trataba por un trastorno da personalidade e receitou medicación para acougalo.

AVISTAMENTO DE SERPES

Noutra orde de cousas, este domingo os axentes foron contactados en catro ocasiones por particulares que atoparan serpes en distintos puntos da cidade.

En concreto, ás 12:21 horas, avistouse unha no centro da calzada da rúa Carrasqueira, que resultou estar morta. Ás 15:04 horas, atopouse unha cobra bastarda duns 70 centímetros nun aseo da rúa Arquitecto Desiderio Penas que foi devolta ao seu hábitat natural.

Ademais, ás 16:28 horas, un home observou unha serpe nunha leira da súa propiedade situada no Camiño Mide que, finalmente, foi liberada. Posteriormente, ás 17:05 horas, avistouse outro réptil de 150 centímetros de lonxitude que se introduciu nun garaxe da rúa Benito Corbal. No entanto, no último caso non foi necesaria a actuación policial dado que o requirente avisou de que o animal abandonara a zona.

Dez feridos en accidentes rexistrados en Tui, As Neves, Moaña e Ponte Caldelas

0

Dez persoas resultaron feridas este venres en distintos accidentes de tráfico rexistrados nos municipios de Tui, As Neves, Moaña e Ponte Caldelas.

Cinco persoas, tres delas menores, necesitaron asistencia médica tras saírse da estrada co seu vehículo sobre as 17.15 horas, á altura do número 4 da rúa da Guarda, en Tui.

Por outra banda, tres persoas resultaron feridas nunha colisión na que se viron implicados un coche e unha furgoneta, na estrada que une Ponteareas e As Neves, sobre as 16.00 horas.

Previamente, pola mañá, unha colisión múltiple entre dous coches e un camión saldouse cunha persoa ferida, que tivo que ser evacuada ao Hospital Povisa. O choque produciuse na PO-551, concretamente no punto quilométrico 31, ao redor das 12.15 horas.

Por último, unha menor tivo que ser atendida polos servizos sanitarios despois de producirse unha colisión entre dous turismos en Ponte Caldelas. O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 10,800 da PO-532, uns minutos antes das 17:00 horas.

Luis Enrique ilusiona ao celtismo incluíndo a Aspas e a Brais Méndez na selección española

0

O de Aspas era esperable, e a súa ausencia sería tan inconcebible como a de Jordi Alba. O moañés leva desde que comezou a tempada nun espléndido estado de forma. Funciona a gol por partido e o mellor é que o seu traballo no Celta vai máis aló: axuda a elaborar o xogo, roba balóns, lidera o ataque…

Pero este xoves os celtistas érguense coa boa nova de que Luis Enrique non só contará para a selección española cos servizos do príncipe das bateas, senón que decidiu apostar tamén polo centrocampista mosense Brais Méndez, promesa feita realidade da canteira celeste. 

Non é o seu perfil, o dun xogador novo que está a progresar nun equipo sen nivel Champions, un perfil moi tido en conta polos seleccionadores nacionais, que normalmente prefiren tirar de xogadores de Madrid, Atlético ou Barça, aínda que sexan suplentes, como é o caso do outro galego Lucas Vázquez, descartado nesta ocasión.

Tendo en conta a calidade de Méndez, pero tamén a de tódolos os seus competidores, terá que ver o pasado celeste do seleccionador nesta escolla?

Última hora: Incendio nunha nave industrial do Polígono A Granxa, en Porriño

0

Acaba de producirse un incendio na nave de Alumisel no Polígono Industrial A Granxa, no Porriño. Alumisel é unha empresa de transformación de residuos metálicos en materia prima, con delegacións en Porriño, Vigo, Barcelona e Ourense.

Esta organización adícase á reutilización de materiais na industria, para reducir a contaminación e axudar a preservar os recursos naturais, segundo aparece na súa páxina web. Dende Xornal de Vigo ampliaremos esta información nas próximas horas.

Incendio en Alumisel/ Xdv

Incendio nave de Alumisel
Bombeiros e Garda Civil, no incendio na nave de Alumisel no Polígono Industrial A Granxa, no Porriño / Garda Civil.

Incendio na nave de Alumisel no Polígono Industrial A Granxa, no Porriño
Incendio na nave de Alumisel no Polígono Industrial A Granxa, no Porriño / 112

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed