Inicio Blog Páxina 1845

Cáritas cumpre en Vigo medio século de vida

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo cumpre 50 anos “camiñando cos pobres”, polo que organizará aos longo dos próximos meses unha serie de actos, conferencias e concertos solidarios para celebrar que o próximo 9 de xaneiro de 2020 se cumpre medio século desde que en 1970 monseñor José Delicado Baeza, entón bispo de Tui-Vigo, erixise a Cáritas Diocesana como a institución promotora e coordinadora da acción caritativa da igrexa católica.

Desta maneira, tal e como explicou este xoves nunha rolda de prensa o director de Cáritas Diocesana, Gonzalo Davila, os actos conmemorativos comezarán o luns 21 de outubro, cando se celebrará unha charla sobre as principais accións levadas a cabo pola institución ao longo de toda a súa historia. Terá lugar no Club Faro de Vigo ás 20,00 horas.

Neste sentido, o delegado episcopal de Acción Caritativa e Social, Javier Alonso, destacou a importancia de situar as persoas “no centro” e agradeceu o labor de todos os voluntarios “que fan posible a caridade”.

“A historia de Cáritas forma parte da historia da cidade“, subliñou o delegado diocesano de Medios de Comunicación Social, Alberto Cuevas Fernández, quen fixo un repaso do labor que realizou Cáritas en Vigo nos seus 50 anos.

ACTOS CONMEMORATIVOS

En novembro continuará a celebración dos 50 anos de Cáritas en Vigo coa conferencia ‘A caridade, camiño privilexiado de santidade’, que contará co relator Vicente Altaba, exdelegado episcopal de Cáritas Española, que será no Salón Rexio da Fundación Celta de Vigo ás 20,00 horas.

Ademais dunha eucaristía de acción de grazas, que se celebrará na Concatedral o día 19 de decembro ás 20,00 horas, o sábado 21 de decembro realizarase un concerto solidario de Nadal do Conservatorio Mayeusis a favor de Cáritas na parroquia do Sacro Corazón de Jesús.

Os últimos actos conmemorativos serán o propio 9 de xaneiro de 2020 no cinema Salesianos de Vigo, que a partir das 19,00 horas acollerán unha conferencia de monseñor Juan José Omella y Omella, para acabar ás 20,00 horas coa clausura e entrega de recoñecementos a persoas e institucións.

A Xunta remitirá o luns unha proposta de convenio ao Concello para que asuma o mantemento de Eiras

0

A Xunta de Galicia remitirá o luns unha proposta de convenio ao Concello de Vigo para que a administración municipal asuma o mantemento e xestión da presa de Eiras, de xeito que non sexa necesario pagar o canon de regulación a Augas de Galicia.

Asi o anunciou o delegado territorial do Goberno galego, Ignacio López-Chaves, que sinalou que a Xunta xa propuxera “verbalmente” esa posibilidade ao Concello, pero “ata agora non houbera resposta”. O delegado da Xunta explicou que o canon que Augas de Galicia reclama ao Concello (e que o goberno de Abel Caballero se nega a pagar, alegando que a xestión da presa de Eiras é levada a cabo pola concesionaria municipal) é a “repercusión” dos gastos nos que incorre Augas de Galicia para manter en boas condicións o encoro.

López-Chaves relatou algunhas das invesións realizadas polo ente autonómico en Eiras, como melloras de automatización, substitución de válvulas, actuacións de seguridade e mantemento, vixilancia e control de calidade do auga, substitución do sumidoiro do fondo da presa, etc.

Todas estas actuacións levan a Augas de Galicia a reclamar máis de tres millóns de euros (as taxas acumuladas dende 2014, momento no que se comezou a aplicar o canon de regulación na conca Galicia-Costa). “Se non queren pagar o canon, que firmen o convenio”, concluiu o delegado da Xunta.

DÉBEDA DE MÁIS DE TRES MILLÓNS DE EUROS

Así desmentiu que sexa a concesionaria Aqualia a que faga esas labores de mantemento y, de feito, precisou que “se se funde unha bombilla, Aqualia chama a Augas de Galicia para que a cambie”. A ese respecto, o delegado apuntou que a concesionaria encargaríase da captación e a conducción para a traída, que si é competencia municipal.

Finalmente, Ignacio López-Chaves subliñou que xa algúns concellos galegos firmaron convenios coa Xunta para asumir a xestión dos seus encoros. como A Coruña ou Ferrol; mentres que outros optaron por pagar o canon.

O CONCELLO NEGA 

O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, negou que o Concello rexeitase asumir a xestión do encoro de Eiras e acusou ao delegado territorial da Xunta na cidade, Ignacio López-Chaves, de “mentir” a ese respecto.

Durante unha rolda de prensa celebrada este venres na cidade olívica, o rexedor pronunciouse deste xeito despois de que o delegado territorial do Goberno galego afirmase que se expuxo “verbalmente” ao Concello a posibilidade de asinar un convenio para que fose o ente local o que asumise a xestión do encoro, pero que ata agora non houbera “resposta”.

Preguntado a ese respecto, o rexedor olívico indicou que se decidirá a postura do goberno local sobre o documento unha vez que sexa recibido. Así mesmo, Abel Caballero volveu a asegurar que é a concesionaria municipal, Aqualia, a que leva a cabo os traballos de mantemento do encoro que abastece a esta cidade e a outro nove municipios e non Augas de Galicia. Por iso, rexeitou que o Concello deba pagar un canon á entidade autonómica.

Ingresado grave no Álvaro Cunqueiro o electricista que roubou o Códice Calixtino

0

Manuel Fernández Castiñeiras, o electricista que foi condenado a oito anos de prisión polo roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago, permanece ingresado na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, tras sufrir un derrame cerebral.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o home leva case dúas semanas no centro hospitalario vigués, tras sufrir este accidente cerebrovascular no cárcere pontevedrés da Lama, onde cumpre condena.

Fernández Castiñeiras se atopou mal o pasado 26 de abril e foi trasladado, nun primeiro momento, ao Hospital Montecelo de Pontevedra. Dado o seu estado de gravidade, foi posteriomente evacuado a Vigo, onde ingresou no Hospital Álvaro Cunqueiro.

O recluso cumpre condena pola subtracción continuada durante anos de diñeiro e documentos da basílica compostelá, entre eles o Códice Calixtino. Así mesmo, está considerado como autor dun delito de branqueo de capitais.

A noticia da subtracción do Códice Calixtino da Catedral de Santiago deuse a coñecer o 5 de xullo de 2011. A peza foi localizada case un ano despois, o 4 de xullo de 2012, dentro dun garaxe na poboación coruñesa do Milladoiro, propiedade do detido.

Abel Caballero evita a Feijóo e a plana maior do PP na entrega das Medallas Anfaco-Cecopesca

O seu nome estaba na lista de autoridaes que acudirían á entrega das Medallas da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco-Cecopesca). Pero non apareceu. O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, evitou así encontrarse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo –co quen mantén de longo unha agria disputa política– e con parte da plana maior do PP.

O certo é que a marca PP dominou o acto, coa presenza de Ana María Pastor Julián (ex-ministra e presidenta saínte do Congreso dos Deputados; Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; Rosa Quintana Carballo, conselleira do Mar; Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade, e Pedro Sanz Alonso, vicepresidente primeiro do Senado. Só a presenza de Fernando González Laxe (ex-presidente da Xunta polo PSdeG e un dos recoñecidos este ano coas Medallas de Anfaco-Cecopesca) podía supor un ‘alivio’ para Caballero. Pero o alcalde, segundo puido saber este xornal por fontes próximas, esgrimiu “problemas de axenda” para non acudir ao acto.

A ‘morbosa’ foto de Caballero e Feijóo xuntos –ou cando menos preto o un do outro– non se deu. A última vez que coincidiron foi nun acto celebrado en febreiro pasado na delegación do Goberno galego na cidade olívica, para presentar as obras da nova estación de autobuses de Vigo, que estará integrada no complexo intermodal de Urzáiz (onde tamén se constrúe o novo centro Vialia, segundo o deseño de Thom Mayne). Aí, aparcaron as diferenzas que acostuman airear, no seu particular enfrontamento político.

Caballero evitou esta vez atoparse con Feijóo e foi o grande ausente do evento. A escusa é que tiña outros actos programados na súa axenda, pero o certo é que a súa presenza fora confirmada polos propios organizadores dos premios.

MEDALLAS

Anfaco-Cecopesca entregou a súa medalla de ouro ao Senado, galardón que recolleu o vicepresidente primeiro desta institución, Pedro Sanz.

As de prata recaeron na presidenta do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, Corina Porro (ex-alcaldesa de Vigo polo PP), e no ex-presidente socialista da Xunta e catedrático de Economía Aplicada Fernando González Laxe.

A medalla de bronce foi para catro traballadores do sector en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, con máis de 45 anos de experiencia: María Luisa Lojo (Jealsa), Carmen Ferreiro (Calvo Conservas), Margarita Soñora (Conservas Friscos) e Julio Carril (Industrias Cerdeimar).

Vídeo e fotos: nunca choveu que non escampara, e Vigo despídese da borrasca Helena

Vaia días levamos! Por sorte, aínda que sexa por unhas horas, regresaron o sol e o bo tempo a Vigo. Pero queda o recordo das fortes convulsións coas que a chuvia despediu o primeiro mes de 2019.

 

Ata nas fotografías é perceptible o perigo e a forza da natureza.

A máis de un sorprenderá que nestas circunstancias de temporal marchara estes días un barco ás Malvinas.

 

 

 

 

Coñece a parodia a Caballero do alcalde de Portomarín que se está facendo viral

Ao alcalde de Portomarín, pequena localidade lucense de pouco máis de 1.500 habitantes, o humor gústalle. Se lle nota. De ahí as súas recentes declaracións, nas que relata aos medios de comunicación os novos investimentos do seu goberno nun estilo caballeriano.

Outro con bo sentido do humor é o propio Caballero, que riu ao dicir para os medios do país que “Madrid e Barcelona quedan pequeniños” en relación ás luces de Nadal de Vigo, que di as mellores do mundo.

O alcalde de Portomarín non foi o primeiro en mofarse…antes o fixo o incombustible cómico catalán Andreu Buenafuente, no seu programa LeitMotiv.

Juan Serrano, alcalde de Portomarín pertencente ao PP, sacaba peito no seu vídeo das “vivendas tuteladas” construídas no municipio. Sentará precedente esta iniciativa humorística?

O xerente do hospital Álvaro Cunqueiro dedica o seu tempo de traballo a arrincar carteis das protestas

O conflito entre as auxiliares de enfermaría do Hospital Álvaro Cunqueiro e a xerencia do mesmo parece moi lonxe de solucionarse, á vista deste vídeo no que o xerente procede persoalmente a arrincar os carteis da protesta fronte á indignación das Tcaes.

As auxiliares defenden que non lles corresponde a labor de transportar as bolsas de roupa sucia aos puntos de recollida, mentres que a Xerencia non tolera esta negativa, sen chegar as negociacións a ningún punto polo momento. As traballadoras si que contan co respaldo do Concello de Vigo.

E, como telón de fondo, a privatización e subconcentración de servizos dun hospital polémico dende a súa inauguración, e en cuxas paredes non se poden pegar carteis de protesta, posto que pertencen a unha empresa privada.

 

A falta de material obriga a Stellantis suspender a quenda de fin de semana de furgonetas e monovolumes

0

A dirección da planta do Grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) de Vigo comunicou ao persoal a súa decisión de suspender de forma “temporal” a quenda de fin de semana do sistema 2 de produción, o que monta as furgonetas e monovolúmenes, debido á crise de aprovisionamentos provocada pola falta de semiconductores (‘microchips’).

Así, debido a esa circunstancia, a empresa reuniu este luns ao comité para informar da “suspensión temporal” da actividade na quenda de fin de semana, tamén chamado cuarta quenda, do sistema 2. A suspensión manterase “en canto as circunstancias actuais non permitan a continuación da súa actividade”.

A dirección da factoría sinalou que esta medida ten por obxecto lograr unha organización da actividade produtiva máis adaptada á actual situación, e adecuando a produción á dispoñibilidade de compoñentes. Así, confía en que isto permita manter un calendario de traballo “máis regular”.

Por outra banda, a empresa confirmou que, nos próximos días, iniciarase un proceso de negociación cos sindicatos “para xestionar as necesidades asociadas” a esta suspensión de actividade e para concretar a data desde a que se paralizará esta quenda.

Mentres, mantense o traballo do sistema 1, o que monta o Peugeot 2008 e os modelos Peugeot 301 e C-Elysée.

Máis de 38.000 euros da Bonoloto para un acertante de Salceda de Caselas

0

O sorteo da Bonoloto deixou 38.127,29 euros a un acertante de segunda categoría (cinco acertos e o complementario) en Salceda de Caselas , segundo informa Lotarías e Apostas do Estado.

En concreto, o boleto validouse no Despacho Receptor Nº 45.670 da capital. Ademais, hai outros tres billetes premiados nesta categoría selados na Administración de Lotarías Nº 13 de Santa Coloma de Gramenet (Barcelona), na Nº 394 de Madrid e en León.

A combinación gañadora do sorteo celebrado este sábado estivo formada polos números 2, 4, 5, 16, 32 e 48. O número complementario é o 29 e o reintegro, o 5. A recadación do sorteo ascendeu a 2.061.864 euros.

De primeira categoría (seis acertos) non existen boletos acertantes, polo que co bote xerado que se porá en xogo no próximo sorteo de BonoLoto un único acertante podería gañar 500.000,00 euros.

O PSdeG insta a Xunta a utilizar todas as vías legais para frear a poxa de Maderas Iglesias e atopar investidores

0

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, pediulle este martes á Xunta que utilice “todos os instrumentos legais” para frear a poxar da empresa do Porriño Maderas Iglesias e atopar novos investidores.

Xunto ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e as deputadas Carmen Rodríguez e Paloma Castro, o parlamentario socialista reuniuse este martes na Cámara galega con representantes do Comité de Empresa de Maderas Iglesias.

Martín Seco esixiulle ao Goberno galego que “non dea por perdido o investimento público que recibiu a empresa” e que ascende a 2,4 millóns a través do Igape, e que se implique na procura de novos investidores, activando, ademais, os mecanismos de axuda para evitar o peche dunha empresa que dá traballo a 150 traballadores.

Os socialistas galegos demandan o apoio do Goberno galego a un persoal “pendente da conta atrás” ata a poxa e despois “dunha década de problemas financeiros”.

Nesta liña, indica que a inquietude entre os traballadores é “total” polo inminente anuncio da poxa do inmoble da fábrica a consecuencia dunha resolución do Xulgado número tres do Porriño, segundo sentenza do pasado mes de agosto.

Segundo o PSdeG, os traballadores mesmo temen que o inmoble, valorado en 28 millóns, sexa vendido por unha cantidade inferior para un negocio inmobiliario.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed