Inicio Blog Páxina 1812

Unha exposición da UVigo denuncia a nosa “delirante” relación cos animais en perigo de extinción

Diferentes tipos de primates, lémures, osos… un amplo catálogo de animais en perigo de extinción veñen de ocupar os muros da sala de arte contemporánea da Universidade de Vigo no campus de Ourense. Nesta exposición de Xosé Vilamoure, toman o lugar do ser humano para deixar patente a “delirante visión da nosa relación cos animais”, segundo explica o propio creador.

A mostra, que estará aberta ao público ata o 16 de novembro, foi inaugurada este xoves por Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense; Xosé Manuel Buxán, director da Sala Alterarte; o artista Xosé Vilamoure e o curador Ángel Cerviño.

Sinalando como unha vez máis Alterarte se transforma para acoller a proposta artística dun creador, Xosé Manuel Buxán destacou como Alterarte cumpre 14 anos de vida acollendo unha “obra fermosísima” que forma parte “dun proxecto tan elegante” como o creado por Xosé Vilamoure, “Animais en Perigo de Extinción”.

Parte da exposición/ Duvi

 

Esther de Blas subliñou como a Sala Alterarte “quere ser unha fiestra para todos os artistas galegos”, agradecendo a implicación e “o traballo ben feito” das persoa que traballan no seu desenvolvemento.

Neste mesmo senso, Ángel Cerviño subliñou “a importancia de salas coma esta, un núcleo de resistencia fronte ao desmatelamento do sistema da arte galega”. Sobre a elección do artista, o curador destacou a calidade das series de Vilamoure, lembrando como coñeceu a súa obra no ano 2015.

Parte da exposición/ Duvi

Segundo explicou o artista antes da inauguración, a exposición está formada por unha selección de obras da súa serie “Animais en Perigo de Extinción”, formada por arredor de 70 obras e exposta en parte en 2011 no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Tendo en conta este referente, á Sala Alterarte Vilamoure trouxo once dos cadros desta serie, catro deles que non foron expostos anteriormente, e unha instalación de 78 de 101 pequenas figuras de barro sen cocer feitas para esta mostra.

Ángel Cerviño e Xosé Vilamoure/ Duvi

Sobre os cadros expostos, Xosé Vilamoure sinalou que reflicten “animais en perigo de extinción humanizados” abordando a apropiación do home sobre eles. A serie, apuntou, iniciouna a principios do ano 2008 no seu estudo en Vilamoure despois de ver nunha revista dominical dun xornal un artigo no que saían as imaxes de catro monos en perigo de extinción.

“Ao día seguinte empecei a pintar, comezando por eses catro monos”, indicou o artista. As escenas que reflicten os cadros, apuntou, abranguen desde unha voda á saída dun papa ou cardeal, e son todo escenas baseadas en fotografías que o artista recolleu de xornais ou revista de todo tipo, sempre “buscando unha imaxe potente, que fose forte e que encaixara co animal”.

Parte da exposición/ Duvi

En definitiva, nelas, o animal aprópiase dunha escena da vida humana. Sobre a execución técnica, o creador ourensán destacou desta serie, feita sobre papel e en esmalte acrílico, a evolución do detalle, desde os trazos de fondo moi soltos ata o preciosismo das facianas dos animais.

Sobre a instalación de barro, Vilamoure apuntou como se baseou en imaxes de animais en perigo de extinción vistos en Internet, reproducindo as súas cabezas. A elección do material, comentou, pretendeu xogar coa “simboloxía do barro sen cocer, a fraxilidade do barro pero tamén a dos animais en perigo de extinción”. Completa a mostra un poema de José Martín Carmona titulado Comedia da extinción.

Feijóo pide a implicación do Estado no proxecto AutoAncora, de Stellantis, para achegar fondos europeos

0

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou ao Goberno central para que o proxecto AutoAncora, do Grupo Stellantis (antes, PSA), poida optar aos fondos europeos ‘Next Generation’ como unha das iniciativas tractoras da candidatura galega a este instrumento de financiamento.

Así llo trasladou nunha reunión mantida no seu despacho en Monte Pío, en Santiago, co responsable de Stellantis Juan Antonio Muñoz Codina, quen é o encargado de liderar o novo polo deste grupo empresarial que, a través dunha rede de factorías –entre elas, a de Vigo–, estará dedicado á produción de vehículos comerciais lixeiros.

Segundo informa a Xunta, Feijóo aproveitou este encontro para trasladarlle “o compromiso” do seu Goberno de “seguir apostando” pola colaboración público-privada como “a mellor fórmula” para consolidar as posibilidades de que o proxecto AutoAncora poida formar parte da asignación final de fondos europeos.

De feito, trátase dunha iniciativa promovida polo conxunto da industria da Comunidade galega –non só por Stellantis, senón tamén por auxiliares representadas en Ceaga e polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG)– co apoio da Administración autonómica.

AutoAncora, destaca a Xunta, prevé un investimento final próxima a 1.300 millóns de euros e aposta pola automoción do futuro “co foco posto na sustentabilidade, a dixitalización e as novas tecnoloxías”, o que se traducirá en “oportunidades para avanzar en novos modelos e solucións innovadoras” no caso de lograr esta asignación de fondos ‘Next Generation’.

FÁBRICA DE BATERÍAS

Ademais, Feijóo abordou con Muñoz Codina a posibilidade de que Galicia reciba estas contías comunitarias para a construción dunha futura planta de fabricación de baterías. De igual modo, este encontro serviu para tratar a situación do sector a nivel internacional debido á crise dos microchips.

Neste contexto, o presidente da Xunta avogou por un “compromiso conxunto” de todas as administracións dentro das súas competencias en defensa da automoción galega.

Vigo chegará aos 30º este venres

O venres as altas presións situaranse sobre Galicia onde seguirán achegando estabilidade e favorecendo a entrada de aire cálido.

O día amencerá con néboas en puntos do interior e nubes baixas ao norte, aínda que as nubes iranse desfacendo quedando unha tarde de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, segundo o prognóstico de Meteogalicia.

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente. O vento soprará de compoñente norte, con réxime de brisas nas Rías Baixas.

Principais indicadores das temperaturas extremas previstas nas cidades: A Coruña 19° 26°; Ferrol 16° 30°; Lugo 15° 30°; Ourense 16° 37°; Pontevedra 16° 30°; Santiago 15° 31°; Vigo 17° 30°.

O PP pide ao Concello de Vigo que comunique cantos edificios teñen orde de demolición pendente de executar

0

O Partido Popular de Vigo presentou na mañá deste mércores unha pregunta para que a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo informe acerca de cantos edificios da cidade teñen unha orde de demolición pendente de execución.

Esta petición prodúcese despois de que un edificio en ruínas se derrubase o pasado xoves na rúa República Arxentina; a colación do que o Goberno de Vigo sostivo que a Xunta tardou oito anos en aprobar a demolición e o responsable da propiedade levaba “oito meses cos brazos cruzados”.

Neste contexto, o PP vigués, que tamén solicitou acceso electrónico a todos os expedientes relativos ao edificio derrubado, criticou que o Goberno local bote “balóns fóra” e culpe “a outros do derrube”. “A responsabilidade é do Concello”, selou.

Doutra banda, o grupo popular tamén presentou preguntas para coñecer a ocupación nas vivendas sociais municipais e para que se explique por que non se exime á hostalaría do pago de impostos municipais ante as restricións pola pandemia.

Cae un edificio en ruínas en pleno centro de Vigo

Denunciado por circular a gran velociade e co carné caducado polo centro de Vigo

0

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron e denunciaron a un condutor, J.P.C., de 57 anos de idade de idade e natural das Palmas, que circulaba a gran velocidade e que carecía de permiso de conducir logo de que este perdera a súa vixencia.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na mañá do pasado sábado, cando unha dotación do 092 que estaba a realizar labores de control do tráfico en Tomás Paredes observou a un turismo que circulaba a gran velocidade. A patrulla seguiu ao condutor, que realizou unha estraña manobra para, a continuación, pararse na zona interior da rúa Miño.

Os axentes identificaron o condutor e, ao verificar os seus datos, comprobaron que lle constaba unha perda de vixencia do permiso de conducir. Por iso, tramitaron denuncia por un suposto delito contra a seguridade viaria e inmobilizaron o vehículo, que foi trasladado ao depósito municipal. Por outra banda, a Policía Local tamén informou de dúas intervencións por senllos incendios, que se rexistraron o pasado luns en diferentes zonas da cidade.

Así, pola mañá declarouse un lume no interior dun colector subterráneo da Praza de Compostela, que foi sufocado grazas á intervención dun vehículo cisterna do servizo municipal de limpeza; xa pola tarde, unha dotación do 092 acudiu á Baixada á Estación tras recibir un aviso de que estaba a arder un coche.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que o lume se atopaba nos baixos do motor do vehículo e apagárono co extintor do coche patrulla. Os dous ocupantes do coche sinistrado, unha moza de 22 anos e o seu acompañante, da mesma idade, resultaron ilesos.

A Xunta di que fixo 85.000 probas PCR mediante o sistema COVID-Auto

A área Sanitaria de Vigo suma 85.000 probas PCR realizadas mediante o sistema COVID-Auto, un dispositivo posto en marcha o pasado 17 de marzo que permite a toma de mostras sen que os pacientes deban saír do seu vehículo.

Precisamente, este venres a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou o punto COVID-Auto do Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, segundo apuntaron fontes do Sergas. Neste contexto, o xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Ponte, valorou a actividade dos puntos COVID-Auto dos que dispón o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

En concreto, detallou que ata o 31 de outubro realizáronse 85.199 probas PCR mediante este sistema, un total de 66.342 no Hospital Meixoeiro e 18.855 no Hospital Álvaro Cunqueiro. Ademais, o 30% destas últimas, 5.634, correspóndense co COVID-Auto Escola.

Adicionalmente, o xerente da área Sanitaria da cidade olívica resaltou que nos primeiros días de novembro alcanzouse “o número máis alto de probas realizadas“, unhas 1950. Deste xeito, destacou que se permitiu incrementar “de modo moi significativo” a capacidade diagnóstica da zona de Vigo.

Así mesmo, Marta Fernández-Tapias lembrou que a posta en marcha do sistema de COVID-Auto Escola permitiu priorizar a realización de probas de nenos ante o inicio de curso. Así, cando se detecta un posible caso nunha aula, o alumnado que se determina que debe someterse a PCR derívase de modo automático a estes puntos.

A delegada territorial do Goberno galego remarcou a “eficacia” deste sistema, que permitiu axilizar os diagnósticos e achegar máis información á Administración para “adoptar as medidas necesarias en cada momento de face a frear o virus”. Ademais, durante a visita, entregou varios lotes de libros infantís que se repartirán aos nenos que acudan ao COVID-Auto para someterse á proba.

Ferido grave ao intentar tirarse á auga cunha corda en Ponteareas

0

Un mozo resultou ferido de gravidade ao soltarse dunha corda á que se agarrou para lanzarse ao río en Ponteareas e caer nunha zona de terra firme, informaron o 112 e Protección Civil de Ponteareas.

O mozo atopábase na tarde do venres na contorna do río Tea, ao seu paso por Ribadetea e utilizou unha corda atada a unha árbore para tirarse á auga. No entanto non alcanzou o río e golpeouse co chan. Ao lugar desprazouse o helicóptero con base en Ourense para atender o ferido, que se atopaba inconsciente.

A alerta activouse no 112 cara ás 19,00 horas do venres, tras recibir o aviso de Urxencias Sanitarias-061. O mozo foi trasladado pola aeronave ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, para ser atendido.

Ademais, desprazáronse ao lugar membros de Protección Civil de Ponteareas e axentes da Policía Local e colaboraron tamén a Garda Civil e profesionais do GES-Bombeiros de Ponteareas.

Ritz escenifica a toma de control de Barreras co nomeamento de catro membros do consello de administración

A naviera de Ritz Carlton escenificou a toma de control do estaleiro Hijos de J. Barreras mediante o nomeamento de catro membros do consello de administración en substitución dos representantes de PMI, filial de Pemex, e grupo Albacora.

Nas últimas horas celebrouse unha reunión telemática durante a que os conselleiros representantes da filial da petroleira e o grupo Albacora presentaron a súa dimisión e foron substituídos por catro novos integrantes, nomeados pola naviera.

Este feito responde ao acordo polo que Ritz asumiu os dereitos de gobernación sobre o 75,5% das accións de Pemex e Albacora, unha transferencia que, segundo sinalou, facilitou mediante “un considerable investimento adicional” que non detallou.

Ademais, o expresidente do estaleiro e presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, José García Costas, mantense como integrante do consello de administración, dado que ostenta o 24,5% dos títulos de Barreras.

Esta situación tivo lugar despois de que se fixese efectivo o acordo de reestruturación do estaleiro e a naviera de Ritz Carlton nomease unha dirección provisional na empresa.

Cruise Yatch Yardco Ltd (CYYL) avanzou esta semana que nomearía proximamente “novos directores experimentados procedentes da industria marítima” e que, posteriormente, sumaríanse “novos equipos de xerencia” para “garantir a finalización en prazo do Evrima” e “desenvolver outros contratos viables para o estaleiro”.

En concreto o plan de reestruturación foi homologado polo Xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra despois de que a propietaria do buque Evrima, Cruise Yatch 1 Ltd, alcanzase un acordo coa banca acredora; o organismo público de crédito CESCE; e os propietarios do 75,5% das accións do estaleiro (PMI e Albacora).

VÍDEO: Crecente, un exemplo de solidariedade en tempos de coronavirus

0

Os veciños de Crecente seguen amosando a súa solidariedade. Tras un primeiro vídeo colectivo impulsado polo Cub de Lectura Elefantes de Papel para enviar unha mensaxe de ánimo a todos os heroes desta localidade, volven cunha segunda montaxe dedicada a todos os que están traballando e axudando nesta situación tan dura que vivimos todos de confinamento pola pandemia do coronavirus.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed