InicioPolíticaO PP pide ao Concello de Vigo que comunique cantos edificios teñen...

O PP pide ao Concello de Vigo que comunique cantos edificios teñen orde de demolición pendente de executar

O Goberno local insiste en culpar a Xunta da caída dun edificio a pasad semana e os 'populares' pídenlle que "non bote balóns fóra".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Popular de Vigo presentou na mañá deste mércores unha pregunta para que a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo informe acerca de cantos edificios da cidade teñen unha orde de demolición pendente de execución.

Esta petición prodúcese despois de que un edificio en ruínas se derrubase o pasado xoves na rúa República Arxentina; a colación do que o Goberno de Vigo sostivo que a Xunta tardou oito anos en aprobar a demolición e o responsable da propiedade levaba “oito meses cos brazos cruzados”.

Neste contexto, o PP vigués, que tamén solicitou acceso electrónico a todos os expedientes relativos ao edificio derrubado, criticou que o Goberno local bote “balóns fóra” e culpe “a outros do derrube”. “A responsabilidade é do Concello”, selou.

Doutra banda, o grupo popular tamén presentou preguntas para coñecer a ocupación nas vivendas sociais municipais e para que se explique por que non se exime á hostalaría do pago de impostos municipais ante as restricións pola pandemia.

Cae un edificio en ruínas en pleno centro de Vigo

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...