Inicio Blog Páxina 1786

Vigo, a primeira gran cidade en cancelar todos os eventos públicos e obrigar a desinfectar taxis e buses

O rexedor da cidade olívica informou a mañá desde mércores 11 do aplazamento das actividades organizadas para os seguintes días. “Se se requiren máis días, alargarémolo”, indica.

Os actos dos días da muller organizados para esta semana, concertos, citas deportivas -como o Padel Tour, a liga escolar de natación ou a Gran gala do deporte en Vigo-, quedan suspendidos. “Non queremos celebrar estes eventos con tensión no ambiente”, sinala o alcalde.

O TEMA DA RECONQUISTA DE VIGO E OS VIGUESES DISTINGUIDOS

Sobre a Reconquista dixo que “hai que empezar a prever o que pode acontecer. Valoramos todas as posibilidades, pero aínda estamos falando coas asociacións organizadoras dos eventos” sinalou o alcalde. “Hai que tomalo con cautela, pero sen ficar quetos”, destacou.

“Comparado con outras cidades, Vigo non é un foco de contaxio, mais é unha cuestión dinámica sobre hai que estar atentos ao que din as autoridades sanitarias”, dixo.

RESTRICCIÓN AO TRANSPORTE PÚBLICO

Abel Caballero, asegurou que haberá unha restricción aos taxis, de forma que “deberán desinfectar o automóbil despois de levar a cada cliente”. “O mesmo sucederá cos autobuses, limparanse os asentos, barras de agarre, etc“, prometeu o rexedor. E engadiu que, “estamos valorando a posibilidade de introducir desinfectantes de mans nos autobuses urbáns, mais non sabemos se hai disponibilidade para todos os autobuses”

ATENCIÓN AO PÚBLICO

“Na Lonxa do Concello, buscaremos previa cita telefónica, evitando as colas e as grandes aglomeracións de xente”, sinalou.

O TEMA DA ENSINANZA

“Haberá un estricto protocolo de hixienización nas superficies coas que entran en contacto os alumnos: os taboleiros, as portas, os baños, entre outros”, indicou. “Será sobre todo atendendo ás escolas infantís e de educación primaria, debido á sensibilidade dos máis novos”, asegura.

“Haberá recomendacións tamén para os centros de traballo e as empresas”, concluiu o rexedor. Con todo, podes ver a continuación os vídeos da nota de prensa.

O Celta segue sen gañar e en postos de descenso

Athletic e Celta empataron a un gol en San Mamés en partido da vixésima xornada de LaLiga, a primeira da segunda volta, un encontro vibrante de principio a fin no que Rafinha Alcántara adiantou aos celestes xa na segunda metade e Raúl García, de penalti, estableceu o 1-1 definitivo.

O Celta púxose por diante no marcador no minuto 56 grazas a un disparo raso e colocado de Rafinha desde a frontal da área que, tras tocar lixeiramente na bota de Yeray Álvarez, superou a Iago Herrerín.

No 76, Raúl García marcou o 1-1 ao transformar un penalti decretado polo árbitro, Mediei Jiménez, por unha man de Fran Beltrán dentro da área ao interceptar un centro de Iker Muniain desde a esquerda.

O resultado non deixou contento a ningún dos dous equipos, xa que ao Athletic impídelle retornar a posicións europeas, nas que se colocou a tres puntos da liga de Campións de gañar, e o Celta ve que, combinado coa goleada do Mallorca á Valencia, este 1-1 deixao en postos de descenso.

De todos os xeitos, o marcador final foi un castigo para uns ‘leóns’ que fixeron todo o que debían de facer para gañar, salvo estar máis acertados e ter un pouco máis de fortuna na definición, e quizais demasiado premio para uns celestes que gozaron da fortuna que tantas veces lles deu as costas nas súas visitas anteriores a ‘A Catedral’.

A UVigo será a primeira universidade española autorizada para voar drones en espazo aéreo controlado

A Universidade de Vigo recibiu autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, AESA, para realizar voos con drones en espazo aéreo controlado, de modo que se converteu na primeira universidade española con este certificado (que ata agora só tiñan 8 empresas privadas).

Esta autorización permitirá que a Unidade de Detección Remota do CACTI (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación) da Universidade poida voar aeronaves non tripuladas de ata 25 quilos, dentro dun radio de 8 quilómetros dun aeroporto, pero sempre fose da contorna aeroportuaria.

Ramiro Álvarez, técnico responsable desta Unidade, explicou que se poderán realizar voos “para actividades profesionais de investigación e desenvolvemento, fotografía e levantamentos aéreos, como topográficos ou fotogrametría”.

Ata agora, por exemplo, os drones da UVigo non podían voar sobre as praias da cidade, sobre a ría ou sobre o termo municipal de Mos, pero co certificado da AESA poderanse solicitar voos nestas zonas, e mesmo no espazo aéreo controlado doutros aeroportos.

O feito de ser a única universidade española con este permiso supón “unha vantaxe á hora de realizar proxectos en lugares” nos que outras institucións académicas non poden, segundo Ramiro Álvarez.

A Unidade de Detección Remota xa recibiu a primeira solicitude para un deses voos. Trátase dunha empresa interesada en contratar ao CACTI para facer un voo fotogramétrico sobre unha parcela moi próxima ao campus vigués.

Se o acordo coa empresa confírmase, a Universidade enviará ao aeroporto de Peinador a autorización da AESA cun mínimo de 20 días de antelación e o propio Ramiro Álvarez, que conta co título de piloto de vehículos aéreos non tripulados e un curso de radiofonista, ‘pilotará’ ese voo.

PSOE, BNG e AER acordan facer alcaldesa de Redondela á socialista Digna Rivas

PSOE, BNG e a Agrupación de Electores de Redondela (AER) chegaron a un acordo de investidura que fará alcaldesa á socialista Digna Rivas este sábado, e que podería ser a antesala dun acordo de goberno, segundo trasladaron fontes socialistas.

Tras semanas de contactos e reunións, e cando todo dependía da posición de AER, alcanzouse un acordo para evitar que o PP de Javier Bas volvese facerse coa alcaldía desta localidade, e repetise o goberno en minoría que ostentaba desde 2011 (primeiro con 10 edís e logo con 9).

Socialistas e nacionalistas alcanzaran un acordo para apoiar a investidura de Digna Rivas, pero era necesario o apoio dos 3 representantes de AER, xa que o PSOE obtivo 7 edís, o BNG 2 e o PP 9 concelleiros, e a maioría absoluta está en 11.

Finalmente, segundo informaron a Europa Press fontes da Agrupación de Electores, apoiarán a investidura despois de que o PSOE aceptase as súas demandas, que afectan a varias áreas municipais. Trátase de cuestións como aumentar a transparencia e a participación cidadá na xestión municipal, establecer criterios obxectivos en contratacións e subvencións, ou as restricións na percepción de soldos para evitar duplicidade de ingresos por cargo público.

DESCULPAS PÚBLICAS

Á marxe de consideracións programáticas, AER estableceu desde o principio das negociacións unha condición que cualificou como “liña vermella”, e que era a esixencia de que o exsecretario provincial do PSdeG, Santos Héctor Rodríguez, pedise “desculpas públicas” por unhas acusacións vertidas contra concelleiras desta agrupación.

Así, lembraron que, en 2015, o cargo socialista acusou a AER de ser “unha marca branca do PP” e de recibir favores laborais do alcalde Javier Bas.

Tras o acordo de investidura, o PSOE fixo público un comunicado no que a propia Digna Rivas trasladaba “as desculpas de Santos Héctor” por unhas declaracións que, segundo o exsecretario provincial do PSdeG, “foron froito da complexa e tensa situación política que se estaba vivindo neses días”. “Santos Héctor quere resarcir os prexuízos que ditas declaracións, feitas nun momento de tensión, puidesen ocasionar aos membros de AER”, conclúe o comunicado.

Este sábado, no pleno convocado para as 11,00 horas, Digna Rivas converterase na primeira alcaldesa que teña Redondela, onde o PSOE gobernou durante máis de 32 anos de forma ininterrompida, da man do veterano Xaime Rei, alcalde entre 1979 e 2011.

As perdas de 2017, inasumibles para os montes veciñais, aumentan aínda máis o risco de incendio

A Asociación Forestal de Galicia aínda agarda por un plan público de restauración dos montes afectados pola vaga de lumes, en risco de abandono. O colectivo lembra a necesidade de apoios que permitan a recuperación dos bosques afectados, que corren un serio risco de ‘selvatización’.

Parte dos traballos de corta e saca da madeira queimada están aínda sen acometer no primeiro aniversario da vaga de lumes do outono do 2017, que arrasou arredor de 50.000 hectáreas en Galicia.

Desde a Asociación Forestal agárdase un plan público de restauración que permita afrontar a recuperación dos bosques calcinados. A vaga de lumes levou por diante boa parte do patrimonio forestal de comunidades de montes do sur de Pontevedra que estaban a distinguirse pola súa boa xestión.

Só en comunidades socias da Asociación Forestal de Galicia, as perdas na provincia de Pontevedra pola vaga de lumes foron de 18,9 millóns de euros, cuns custos de restauración estimados en arredor de 10 millóns de euros.

Os montes veciñais, que quedaron descapitalizados a raíz dos lumes, vense agora sen posibilidades de afrontar as necesarias tarefas de restauración dos montes afectados, nos que haberá que acometer plantacións e tarefas que faciliten a rexeneración do bosque.

O eucalipto medra/ Miguel Núñez

Cómpre lembrar que a propia Consellería do Medio Rural, en visita cursada en decembro do 2017 a montes afectados do Condado-Paradanta, se comprometera coa Asociación Forestal de Galicia na busca de financiación para impulsar un plan de tales características.

“De non acometerse un plan de restauración, boa parte dos montes corren un serio risco de abandono e selvatización, pois ante os escasos recursos económicos propios cos que contan os propietarios, reduciranse os traballos de xestión, o que aumentará os riscos futuros de posibles incendios forestais”, advirten.

Para esta asociación, “resulta significativo que un ano despois dos lumes, parte da madeira afectada estea aínda sen retirar do monte por diversas circunstancias”.

Permanecen ingresadas 6 persoas das 442 que foron atendidas polo accidente do Marisquiño

A Consellería de Sanidade vén de informar de que permanecen ingresadas seis persoas a consecuencia do accidente ocorrido no festival do Marisquiño, despois de que no día de hoxe foran dadas de alta dous pacientes no Hospital de Povisa.

Continúan ingresadas catro personas no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), unha no Hospital Povisa e outra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Ata as 18:00 horas de hoxe martes, foron atendidas un total de 442 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente, nos distintos dispositivos asistenciais.

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

Por centros, 199 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 57 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 109 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 4 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

A Consellería de Sanidade agradeceu o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.

Carlos Sainz visita PSA Vigo e eloxia a súa “eficiencia”, a piques de comezar a produción do K9

O director do centro de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Frédéric Puech, confirmou que os proxectos da factoría van “segundo o previsto“. Así, manifestou que “en próximos días” arrincará a produción en serie do modelo K9, cuxo lanzamento “vai ser este verán”, e a preparación do V20 empezará “á volta de verán, para ter o lanzamento o ano que vén”.

Ratificouno nunha rolda de prensa este mércores, no marco da visita que realizou o piloto Carlos Sainz á factoría, onde Puech indicou que o lanzamento de novos modelos supón “un cambio importante” tanto para a fábrica como para os provedores, e incidiu en que o seu obxectivo é “gañar a carreira que é este lanzamento”.

Neste sentido, manifestou que a transformación das liñas de montaxe require “un tempo importante”, pero en todo caso destacou que este ano terán “a oportunidade de ter un novo récord de produción cos dous coches”.

“Se sumamos o B9 (que se fará no sistema un) e o K9 (no sistema dous) creo que este ano será tamén récord de produción” respecto ao ano pasado, cando a fábrica tamén superou a súa propia marca, con 307.000 unidades, referendou.

FELICITACIÓNs

Puech trasladou a súa satisfacción pola visita de “un gran campión como é Carlos Sainz”, gañador este ano do Ralli Dakar ao volante dun Peugeot 3008, vitoria que coincide co 60 aniversario da fábrica. “Agradecemos que comparta a súa experiencia e poidámoslle mostrar o traballo que facemos nesta fábrica, baixo o compromiso da excelencia”, apostilou.

“Temos moitos motivos para felicitarnos, pero estar na mellora permanente é a única forma de seguir á cabeza“, destacou, insistindo en que a fábrica de PSA en Vigo está “en plena carreira”.

Pola súa banda, Carlos Sainz felicitou á factoría no seu 60 aniversario, así como a “todos os traballadores”, e recoñeceu “a complexidade” de facer “tan eficiente unha fábrica como esta”, que “é veterana pero segue sendo a número un“. Ademais, dixo estar “encantado” de visitar Vigo e Galicia, por ser unha “terra con gran paixón polo mundo do motor e os ralis”.

O COCHE AUTÓNOMO

Cuestionado polos xornalistas acerca de como ve o futuro dos coches autónomos, Carlos Sainz subliñou que lle divirte conducir, porque “un se expresa e goza conducindo“, e polo tanto gustaríalle “ter a opción” de poder seguir conducindo manualmente.

Ademais, considerou que competicións de coches autónomos que carecesen do factor humano “deixarían de ter interese” para el. “Sería interesante para enxeñeiros, pero persoalmente se cadra véndoa unha vez xa me chegaría”, explicou.

Neste contexto, recoñeceu que está “moi de moda” o coche autónomo e é “ao que tenden as factorías”, pero apuntou que “tamén as modas ás veces cambian“.

O Mercado de Talentos

Un ano máis na Praza de Abastos do Calvario, e adicado esta vez ao maestro Miguel Vázquez, o mercado da arte. Unha mostra do talento que posúe a nosa cidade.Tanta creatividade, e tan poucos lugares expositivos e axudas.  “A arte salva”. Tomen nota.

O festival TerraCeo de Vigo reúne a case 24.000 persoas na súa segunda edición

0

O festival TerraCeo de Vigo reuniu a case 24.000 persoas nos 54 concertos celebrados na súa segunda edición, que tivo lugar entre o pasado mes de maio e setembro na terraza do Auditorio Mar de Vigo.

Durante unha rolda de prensa, o alcalde, Abel Caballero, destacou que este evento se converteu “nunha gran referencia de festivais en Galicia e España” e sinalou que 19 das actuacións foron realizadas por grupos locais. Ademais, resaltou que nove dos 13 solistas máis novos foron mulleres.

Na primeira edición do TerraCeo celebráronse 37 concertos, que se incrementaron a 54 este ano, o que supuxo un aumento do impacto económico do festival, que xerou 25 empregos en máis de 1.300 xornadas.

Un total de 64 grupos e solistas participaron no evento e algúns deles, como Baiuca, Sidonie, A Ben Querida, Taburete, Carlos Sadness e Funzo&Baby Loud, esgotaron as entradas o mesmo día que saíron á venda.

PISTAS DEPORTIVAS

Noutra orde de cousas, preguntado polos medios, Abel Caballero indicou que os traballos para a execución de pistas de ‘skate’ e BMX na parte inferior do Auditorio Mar de Vigo non se contrataron a pesar de que no inverno se anunciou que a obra estaría finalizada tras o verán. Mentres, asegurou que o proxecto para a construción dun pavillón cuberto no barrio de Navia para realizar estas disciplinas atópase “moi avanzado”.

Por outra banda, o rexedor avanzou que o cemiterio de Pereiró acollerá un ano máis visitas guiadas teatralizadas de carácter gratuíto durante as xornadas previas e posteriores ao Día de Todos os Santos. As representacións terán lugar entre o 14 de outubro e o 14 de novembro ás 18,30, as 19,00 e as 19,30 horas, e o prazo para as primeiras inscricións abrirase este martes.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed