Inicio Blog Páxina 1772

Marea de Vigo pide que a nova maioría absoluta de Caballero non baleire de contido o Concello

O candidato de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa, pediu este luns que a nova vitoria electoral de Abel Caballero (que reforzou a súa maioría absoluta con 20 edís) non baleire de contido o Concello olívico, no que os últimos anos de goberno socialista se caracterizaron pola “perda de calidade democrática”.

Pérez Correa volveu facer balance dos resultados dos comicios municipais, nos que o seu grupo perdeu un representante e pasou de 3 a 2 concelleiros, cuns 6.000 votos menos que hai 4 anos.

O candidato celebrou que nin Vox nin Ciudadanos lograsen representantes na Corporación olívica e expresou a súa esperanza de que o abafador apoio ao PSOE “non sirva para converter o Concello en algo baleiro de contido”.

A ese respecto, criticou a actuación do goberno de Abel Caballero durante todo o mandato e, especialmente, nesta campaña electoral “dopada”, aprazando investimentos e proxectos para concentralos nas semanas previas á cita coas urnas.

“Gustounos que todos os partidos xogásemos na mesma liga” afirmou, en alusión á presenza mediática de Abel Caballero “condicionada polo diñeiro que sae do Concello”, e engadiu que “non é moi democrático executar millóns de euros en 15 días” ou realizar “visitas que son inauguracións” de forma continuada nese período.

Por outra banda, Rubén Pérez volveu vincular os malos resultados de Marea de Vigo co conflito interno no seo da esquerda rupturista en Galica. “Levamos tres anos de conflitos e aínda que Marea de Vigo logrou sumar outras forzas (en alusión á integración de Podemos e Equo na candidatura), iso é un condicionante que cansa ao electorado”, incidiu.

O Concello desconfía da Xunta sobre a tramitación de proxectos de varias zonas da ETEA

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou que a tramitación, por parte da Xunta, dos proxectos sectoriais PS1 e PS6 dos terreos da ETEA (áreas de viarias, espazos libres e usos complementarios) é “máis burocrática que real”, despois de “11 anos sen facer nada”.

Nunha rolda de prensa, o alcalde olívico explicou que o Concello presentou as súas consideracións no trámite de consultas previas na elaboración deses proxectos sectoriais. “O que nos sorprende é que o convenio sobre a ETEA é de 2008, e nos últimos 11 anos a Xunta non fixo nada. Agora inicia unha tramitación que é máis burocrática que real”, sentenciou Abel Caballero.

Con respecto á proposta do goberno galego, o Concello fixo varias observacións. Así, proponse que se conserven parte dos materiais dos viarios que a Xunta suxire eliminar ou que se xustifique a demolición dalgunhas edificacións. Así mesmo, segundo apuntou o rexedor, a Xunta propón un aparcadoiro en superficie, cando o plan sectorial inicial planeaba un aparcadoiro subterráneo.

Pode repetirse unha traxedia incendiaria como a de outubro de 2017?

Case 60.000 hectáreas arderon dunha tallada durante a semana do 17 de outubro de 2018. Un caos incendiario que provocou catro mortos e numerosos danos materiais. Desa traxedia, da que se vai facer un ano, non se coñecen aínda as causas, nin os autores.  E, agora, o ditame dunha Comisión de Investigación aprobada no Parlamento galego acaba de ser aprobada cos votos a favor de PPdeG e PSdeG e o voto en contra de En Marea e o BNG.

Populares e socialistas destacan que este órgano parlamentario axudou a que se activen novos mecanismos e protocolos para evitar un desastre semellante, e tamén que haxa máis medios. Pero En Marea e BNG critican que non se teña entrado no fondo da cuestión.

Estas formacións oinciden en que faltan elementos chave no texto como poñer couto ao eucalipto, remodelar o sistema de extinción cunha aposta pola homoxeneización e contra a precarización, así como apostar polas Unidades de Xestión Forestal ( Uxfor), entre outras. Tamén que non se teña feito mención a responsabilidades políticas.

Lume rapaces o apagan.
Dous rapaces extinguen o lume nunha carballeira preto das casas/ Miguel Núñez

RECOMENDACIÓNS

Desta comisión saen máis dun centenar de recomendacións como a posta en marcha dun ente instrumental específico –dependente da Xunta– que coordine a todas as administracións en materia de prevención de incendios e vixilancia de incumprimentos, con asesoramento estable aos concellos.

Ademais, recoméndase a creación dun grupo de expertos –elixidos polos grupos parlamentarios– que antes do período de alto risco de 2019 estableza melloras para o servizo de extinción. Para a investigación chámase a progresar na coordinación entre corpos e o uso de novas tecnoloxías.

Tamén se propón determinar que parcelas están abandonadas en Galicia, mentres para a mellora das franxas de seguridade potenciarase que nestes espazos se desenvolvan actividades agrarias ademais de rozas.

Entre estas máis de 100 medidas, se aposta por: unha ordenación integral do territorio, potenciar as competencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a multifuncionalidade do monte, a gandería en extensivo, a inclusión obrigatoria de frondosas autóctonas nas plantacións produtivas e incentivos fiscais no rural. Todo iso nun texto no que se identifican problemas estruturais como o abandono, a estrutura do territorio e a súa ordenación, así como o cambio climático.

O PP vigués considera “evidente” no Marisquiño un “desastre de control e prevención”

O concelleiro popular, Diego Gago, anunciou que o PP de Vigo “esgotará todas as vías dispoñibles” para acceder á información “que Abel Caballero nega ao grupo municipal do Partido Popular, aos feridos no afundimento do paseo das Avenidas e a todos os vigueses”.

A este respecto, Diego Gago lamentou que máis dunha semana despois do acontecido “o grupo municipal do Partido Popular e toda a cidade de Vigo seguimos sen ter respostas en relación ao fatídico accidente”.

“Nós e toda a cidade seguímonos preguntando o mesmo: “Onde está a licenza de actividade? Onde están os permisos? Onde están os informes de seguridade? Onde están os plans de urxencia e de protección? Onde está toda a información que o alcalde de Vigo está ocultando á cidade e a case 500 feridos?”, incidiu.

Gago recordou que xa finalizou o prazo de 5 días que marca a lei para que o rexidor local facilitase o expediente con todas as actuacións administrativas preceptivas de autorización das actividades de O Marisquiño, e tras este prazo, “non obtiveron ningunha resposta por parte do goberno municipal”.

Cambio de ubicación do concerto a unha zona “non segura”

O concelleiro popular resaltou que desde o PP de Vigo se alegran de que “un evento de ámbito internacional como O Marisquiño continúe na cidade”, pero indicou que “é lóxico e coherente que se realice con absoluta e total garantía en materia de seguridade”.

Así, destacou que neste caso “é evidente que houbo un desastre de control e prevención”, tendo en conta que se trata dun evento de gran envergadura e que acabou con case 500 feridos.

Neste marco, o edil custionou o cambio na ubicación do concerto a unha zona que non era segura” e por que non se fixo un control do aforo, “como se fai en todos os grandes eventos a nivel nacional”.

“O concerto víñase desenvolvendo en lugares onde había maior seguridade” apuntou, sinalando tamén como outra das causas do desastre o control do aforo: “Literalmente non temos nin idea de canta xente había alí, témolo que calcular mediante fotos. É unha absoluta irresponsabilidade ter a 4.500 persoas alí, como dixo o alcalde”, incidiu.

Así mesmo, o popular referiuse ao anuncio do alcalde de Vigo de crear unha oficina de información xurídica e psicolóxica, da que sospeita que “o que pretende é asesorar aos feridos na dirección que ao alcalde lle interese”.

Duelo entre irmáns: España e Portugal acadan un empate no primeiro gran choque do Mundial

0

O primeiro encontro oficial de España no Mundial de Rusia, vibrante de comezo a fin, resolveuse cun empate no último momento. Os de Fernando Hierro estiveron boa parte do encontro por debaixo do marcador, conseguiron remontar e poñerse por diante pero finalmente o asubío final do árbitro chegou con 3-3.

Ao término do encontro, o novo adestrador defendeu a De Gea nun mal día e deu por boas tanto a capacidade de repoñerse como o bo xogo do equipo, que non só tivo a posesión senón que foi superior en moitos aspectos do xogo, tamén en ocasións de gol. Pero Cristiano Ronaldo si tivo un día grande e materializou tres veces, nun partido no que o combinado portugués non fixo moito máis que defender con bo criterio.

O xogador do Real Madrid, co seu futuro no aire entre os problemas con Facenda e os descontentos co seu club, foi elixido mellor xogador do partido, cun gol de penalti, outro grazas a un tiro raso que sorprendeu a De Gea e un golazo limpo de falta, moitos meses despois.

Fernando Hierro, novo adestrador de España / Federación Española de Fútbol

Por España marcou dúas veces Diego Costa, amosando a súa forza nun dos seus mellores partidos coa selección, e tamén o defensa Nacho, cun gran tiro lonxano que entrou tras impactar no pau.

O combinado español demostrou bo ritmo e profesionalidade no campo, pero a sorte non estuvo do seu lado e pese a merecer máis acada un empate que sabe a gloria para os últimos campións europeos, que buscaron o perigo á contra, nos centros e a balón parado, en contraste coa maior elaboración dos nosos.

Pola súa parte, os galegos Lucas Vázquez e Iago Aspas contaron con algúns minutos ao final do encontro. O celeste chegou a efectuar un tiro a porta nada máis saír, pero lamentablemente non conectou ben co balón e chegou moi manso, sen problemas para o porteiro.

Este resultado deixa a Irán primeira de grupo e Portugal e España empatados a puntos, Marrocos última. Tanto para uns como outros será crucial gañar os próximos partidos para asegurar, cando menos, a segunda praza.

Abel Caballero, denunciado ante a fiscalía por un delito contra a saúde pública

O grupo municipal Marea de Vigo presentou este martes ante a Fiscalía da cidade unha denuncia contra o alcalde olívico, Abel Caballero, por un suposto delito contra a saúde pública por imprudencia grave, en relación cos problemas de calidade da auga nos últimos meses.

Así o confirmou en rolda de prensa o portavoz do grupo, Rubén Pérez, quen lembrou que Marea tentou “outras vías” para obter información acerca da calidade da auga da traída en Vigo, as análises tomadas na rede de subministración e outras cuestións.

Segundo manifestaron, ante a negativa do goberno municipal a achegar información ou a constituír unha comisión de investigación, Marea de Vigo optou por acudir aos tribunais, presentando unha denuncia contra o alcalde, como responsable último de asegurar que a xestora (Aqualia) fornece a auga en condicións aptas para o consumo humano. A denuncia esténdese tamén ao director xeral da concesionaria.

Abel Caballero, alcalde de Vigo / EP

A denuncia de Marea de Vigo fundaméntase en varios feitos: por unha banda, a insistencia do rexedor en que a auga era apta para o consumo a pesar dos resultados de analíticas que daban valores de ferro ou trihalometanos superiores aos recomendados; por outro, a “ocultación de información” sobre eses resultados, especificamente, en zonas con centros escolares, aos que non se lles informou dos problemas na calidade da auga.

Así mesmo, no escrito, o grupo denunciante tamén sinala que a concesionaria realizaba purgas na rede de abastecemento naqueles puntos problemáticos, para modificar os parámetros de análises e dar aparencia de que non había valores irregulares.

Na denuncia presentada ante Fiscalía, Marea de Vigo lembra que son os concellos os que, por lei, deben garantir que a auga fornecida a través da súa rede é apta para o consumo humano, e que se a calidade da auga sofre modificacións, a concesionaria debe pór en coñecemento da administración e, a través dela, dos cidadáns, os posibles riscos.

Segundo incidiu Rubén Pérez, as análises demostraron que a auga da traída en Vigo, polo menos desde finais de decembro, non satisfacía os valores óptimos recolleitos na normativa.

Domaio Protesta.
Rubén Pérez (Marea de vigo), nas protestas de Rande / Miguel Núñez

Ademais, lembrou que o goberno de Abel Caballero prorrogou o contrato a Aqualia nun acordo que tiña como contrapartida un plan de investimentos na cidade. Estes investimentos centráronse, criticou, na realización de humanizacións, instalación de sebes decorativos e mesmo festas de barrio, pero non se acometeron as obras que os técnicos urxían xa hai anos para mellorar a rede, entre elas, a modernización da planta potabilizadora de O Casal.

Finalmente, Rubén Pérez tamén apuntou que, a pesar de que os portavoces autonómicos d”deixaron caer de maneira velada” que a auga de Vigo non era de calidade, “a Xunta non foi clara” e non actuou de maneira tallante, como si fixo en Ferrol en 2015, decretando a alerta sanitaria en 24 horas.

Manuel Reigosa, novo reitor da Universidade de Vigo

O catedrático de Fisioloxía Vexetal, Manuel Reigosa, foi elixido este luns novo reitor da Universidade de Vigo, con máis de 2.480 votos, e un respaldo maioritario dos estudantes, impóndose ao outro candidato, Emilio Fernández, que logrou algo máis de 1.600 apoios, segundo fixo público a Universidade cun 96 por cento do escrutinio realizado.

Das máis de 20.200 persoas con dereito a voto, acudiron ás urnas instaladas nos tres campus só algo máis de 4.100, e a participación maior rexistrouse entre os docentes, especialmente os profesores doutores con vinculación permanente á institución académica.

O voto para elixir o reitor ou reitora é ponderado por sectores, e corresponde un 51 por cento ao profesorado doutor con vinculación permanente á Universidade; un 9 por cento ao resto de persoal docente e investigador; un 30 por cento ao alumnado; e un 10 por cento ao persoal de administración e servizos.

Reigosa foi o aspirante máis votado tanto polos docentes como polo persoal de administración e servizos e, sobre todo, polos estudantes. Os apoios por parte do profesorado doutor con vinculación permanente á Universidade estiveron repartidos de forma equilibrada entre os dous candidatos e a diferenza a favor de Reigosa entre o resto de docentes non foi moi grande; no entanto, a balanza inclínase rotundamente ao seu favor no caso do PAS e, sobre todo, dos alumnos.

‘A UNIVERSIDADE DAS PERSOAS’

Reigosa, que xa desempeñou labores de vicerreitor durante o mandato de Alberto Gago, exerceu unha oposición crítica co equipo de goberno saínte, liderado por Salustiano Mato, e presentouse nesta contenda electoral esgrimindo o lema de ‘A universidade das persoas’.

Este catedrático baseou o seu programa na necesidade de investir “máis en persoas e menos en ladrillo”, coa vista posta no “horizonte 2040” e con varios eixos estratéxicos: o compromiso de maior contratación, reducir a carga docente, a captación de alumnado en paises iberoamericanos ou a revisión de proxectos herdados que “necesitan un xiro”.

O seu equipo complétase con Miguel Ángel Michinel (secretario xeral), Jorge Genaro Soto (vicerreitor do campus de Pontevedra), María Esther de Blas (vicerreitora do campus de Ourense), José María Martín (vicerreitor de Economía), Natalia Caparrini (vicerreitora de Capatación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria) ou María Belén Rubio (vicerreitora de Investigación), entre outros.

PARABÉNS

O reitor saínte da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, déulle parabéns a Reigosa, e, en alusión a que este baseou a súa campaña en cambiar a xestión actual, Mato considerou que a pesares diso Reigosa está “de acordo co modelo xeral da universidade” e o cambio proposto céntrase en “cuestións concretas”.

Nunha rolda de prensa este martes, Mato remarcou que “xa non hai unha confrontación de modelos no sentido global”, porque “todos están de acordo co modelo” implantado, e considerou que as discusións entre os candidatos durante a campaña estiveron “máis unidas ás miradas sobre como facer determinado tipo de cousas”, como a burocracia e a adicación do profesorado.

“Non se está cuestionando o modelo, senón tería ao longo destes anos unha oposición real”, manifestou o reitor, que neste sentido apuntou que a proposta de ‘cambio’ do candidato elixido enténdea como “cousas propias da campaña, como parte do discurso para conseguir confianza coa comunidade universitaria”.

Así as cousas, desexou “o mellor” ao proxecto de Reigosa, porque “o mellor para el e o seu equipo será o mellor para a universidade”; e avanzou que unha vez que os resultados sexan confirmados ambos elaborarán unha axenda de traballo para levar a cabo a substitución sen “perder nin un segundo”. “Non está todo feito, hai que seguir sachando”, rematou.

BALANCE E FUTURO

Aínda que descartou entrar a facer un balance pormenorizado sobre a súa xestión, si que mantivo que “cumpriu ao 100 por cen” o programa electoral que presentou ás dúas eleccións nas que foi como candidato, e que non fixo “nada que non prometese, gustase ou non gustase”. “O que prometín é o que expuxen, iso non ten discusión”, selou.

Respecto dun posible salto á política, Salustiano Mato comentou que “hai que valorar”, pero en todo caso “depende das plataformas políticas” e non del. “Non estou a facer carreira dentro de ningún partido e nunca o fixen; todos os cargos que ocupei solicitóuseme que me presentase, en ningún caso fixen un traballo individual ou propio para ser candidato de nada”, aclarou.

O Centro Tecnolóxico do Mar celebra o seu vixésimo aniversario tras participar en 600 accións de investigación

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, conmemorou o seu vixésimo aniversario tras participar en case 600 accións de investigación mariña desde a súa posta en marcha.

Así, a sede do Cetmar en Vigo acolleu este venres un acto conmemorativo no que participaron a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Silvia Cortiñas; a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, e a directora-xerente do Cetmar, Paloma Rueda.

A través do evento, ao que tamén asistiron membros do Padroado da Fundación e antigos directores, socios, colaboradores e traballadores, reivindicouse o labor realizado desde 2001 para a mellora do medio mariño, así como dos seus recursos e os sectores vinculados ao mesmo cun fomento da innovación e a sustentabilidade.

Neste contexto, Silvia Cortiñas resaltou o papel do centro tecnolóxico como aliado do mar de Galicia e en particular dos seus profesionais. En concreto, explicou que se levaron a cabo proxectos centrados na protección do litoral galego mediante a loita contra a contaminación mariña, a prevención e mitigación de residuos mariños e a vixilancia da contorna.

COLABORACIÓN CON MÁIS DE 1.800 SOCIOS

Durante a súa traxectoria, esta institución traballou con máis de 1.800 socios de case 60 países e colaboradores de ámbitos da investigación, a universidade, a Administración e empresas e entidades vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro.

O labor do Cetmar incluíu ademais a cooperación internacional nunha vintena de países de África e América Latina, ademais da súa participación en numerosos consorcios cun equipo de case 300 traballadores.

As liñas de traballo da institución comprenden a loita contra a contaminación mariña, a xestión sustentable de recursos mariños, a posta en valor de subproductos, a seguridade alimentaria e a monitorización mariña e costeira. Paralelamente, abordáronse o desenvolvemento de novas tecnoloxías para o estudo mariño, a formación marítima e a divulgación da cultura oceánica e o coñecemento no ámbito da socioeconomía da pesca.

O sector do metal, “optimista” de cara ao futuro

0

A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) mostrouse “optimista” de cara ao futuro do sector, xa que considera que a crise pola covid-19 non fixo desaparecer os proxectos senón que só “retardou o ritmo de investimento”. Ante esta situación, entende que a clave será que as empresas poidan “subsistir ata que afloren eses investimentos”, o que estima que sucederá no segundo semestre do ano.

Así o comunicou o presidente de Asime, Justo Sierra, no marco da celebración da asemblea xeral anual da asociación, celebrada este xoves. No acto de clausura tamén estiveron presentes o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Sierra fixo un repaso aos datos rexistrados no ano 2020 polo sector metal de Galicia, no que o número de traballadores foi de 57.345 persoas, o que supuxo un descenso do 2%. Ademais, a facturación situouse en 12.038 millóns de euros, co que representou unha caída do 12%.

Acto seguido apuntou que os retos aos que se enfronta o sector metal de Galicia nos próximos meses son de tipo estrutural, como conseguir infraestruturas, enerxía alcanzable e chan a prezos razoables; e de tipo conxuntural, o que pasa por afrontar as necesidades de formación e os “elevados” custos de materias primas –como o aceiro ou o aluminio–.

NAVAL E AUTOMOCIÓN

Sobre o naval, o presidente de Asime apostou porque a actividade se reactive tanto no estaleiro Vulcano como en Barreras, posto que o seu peche suporía “perder empresas de referencia” do metal de Galicia. Neste contexto, indicou que o naval “ten que loitar por ser competitivo”, un marco no que Asime está “a axudar a iso”.

Doutra banda, destacou o “bo funcionamento” da automoción, na que considerou que “se fixo ben desde o punto de vista competitivo e da internacionalización”. De feito, destacou que este sector supuxo o pasado ano un 73 % das exportacións totais da industria do metal galego.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed