Inicio Blog Páxina 1705

A triste confesión duns fillos que denuncian aos seus pais: “Habitualmente están ebrios e peléxanse”

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de idade, F.C.Q., e á súa parella, de 42 anos, M.M.P.P., por agredirse mutuamente durante unha discusión no seu domicilio da cidade olívica.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na noite deste martes, cando o 092 recibiu a chamada dunha muller asustada, que explicou que golpeara á súa parella e que temía que el falecese.

Unha dotación desprazouse ata o domicilio, na rúa Xílgaro, e pesar da insistencia chamando á porta, ninguén a abriu. Por iso, e debido a que se escoitaban golpes e berros de auxilio, os axentes extraeron a mirilla da porta e puideron ver unha parede e uns cristais cubertos de sangue.

Ante a aparente gravidade dos feitos, os policías romperon a porta e entraron na vivenda, onde atoparon a un home que se achegou a eles sangrando pola cabeza, e a unha muller chorando e en estado de nerviosismo.

DISCUSIÓN

A muller explicou que mantivera unha discusión coa súa parella porque ela mercou un bañador, e que o home, de forma repentina, propinoulle unha puñada na mandíbula e, posteriormente, suxeitáraa coa intención de tirala polo balcón. Nese instante, ela golpeoulle na cabeza cunha botella, deixándoo inconsciente, momento en que se asustou e chamou á Policía, crendo que estaba morto.

Aínda que o home non quixo achegar a súa versión dos feitos, si o fixeron os fillos da parella, menores de idade, que estaban nun parque próximo sós, xogando. Os nenos explicaron aos policías que as pelexas entre os seus proxenitores eran frecuentes, e que habitualmente están ebrios, e consumen drogas.

Segundo relataron, ese mesmo día, a súa nai dixéralles que, ao chegar a casa, ía romperlle unha botella na cabeza ao seu pai; e tamén lembraron que, noutra ocasión pasada, a súa nai tentara afogar ao seu pai no pilón da casa. Os pais dos nenos foron detidos, mentres que os menores foron deixados ao coidado duns familiares.

O berro das mulleres en Vigo contra a perda de dereitos e o machismo: “Nin un paso atrás”

Tódolos colectivos feministas e varios centenares de persoas concentráronse na noite deste martes, primeiro na porta do Marco, e despois pola rúa do Príncipe e García Barbón, no contexto dun rexeitamento á dereita máis conservadora que xa triunfou en Andalucía e pode extenderse por todo o Estado.

Manifestación feminista en Vigo/ Miguel Núñez

En canto a colectivos políticos, destacou a presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, ou o portavoz de Marea de Vigo Rubén Pérez.

Prisión provisional por homicidio para o detido pola morte do seu pai en Vigo

0

O presunto parricida de Sárdoma (Vigo), detido pola morte do seu pai, de 81 anos de idade, foi enviado a prisión provisional por este homicidio, tras ser posto este luns a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución número 8 da cidade olívica.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informou de que o titular do xulgado instrutor decretou para a detido prisión provisional comunicada e sen fianza e que está investigado por “algunha forma de homicidio“.

A causa está secreta e o avogado do detido, Benjamín Maio, asegurou aos medios de comunicación que o seu representado mostrou “total colaboración coa Administración de Xustiza”.

O avogado do detido, Benjamín Maio, confirmou aos medios que o presunto parricida prestou declaración ante o xuíz e asegurou que o seu patrocinado mostrou “total colaboración coa Administración de Xustiza”.

O home foi detido o pasado xoves, despois de que, durante un rexistro en casa do seu pai, recoñecese que o matou no transcurso dunha discusión. No entanto, esa manifestación espontánea non foi realizada en presenza do seu letrado nin no marco dunha declaración formal, e non transcendeu se, na súa comparecencia ante o xuíz, ratificouse nesa manifestación.

O cadáver do octoxenario Manuel A.R. foi localizado o pasado 7 de xaneiro, cerca do río Eifonso, na parroquia viguesa de Sárdoma. O corpo presentaba signos de violencia, e estaba oculto por vexetación e uns plásticos.

Caballero responde ao PP, que pediu dimisións polo Marisquiño: “Dentro de 20 anos Font seguirá de concelleiro”

O concelleiro do PP Manuel Fidalgo vén de pedir a dimisión de Carlos López Font, concelleiro socialista no Concello  de Vigo, a causa do acentecido durante a última xornada do Marisquiño.

Mais o rexedor da cidade olívica, Abel Caballero, xa respostou a estas declaracións. Alegou, ao ser preguntado esta mañá en rolda de prensa, que “dentro de 20 anos Font seguirá de concelleiro, e Fidalgo o maio que vén, tralas municipales, irá á súa casa”.

Tamén engadiu o alcalde, entre risos, que “que o señor Fidalgo pida a dimisión de alguén é de risa”.

Morat “atreveuse a volver” a Vigo e encantou un Castrelos cheo ata rebentar

Morat, banda colombiana de pop, é moi coñecida por éxitos como “Besos en guerra” ou “Cómo te atreves”, que chegou a ser a canción do verán de 2016 en moitos países. Este martes ofreceron no Auditorio de Castrelos o concerto máis multitudinario do Vigo en Festas 2018. Xa tocaran na nosa cidade o pasado ano, no Auditorio Mar de Vigo.

A alcaldesa de Moaña, sobre Rande: “É unha burla, o Goberno español defende ás grandes compañías e aos fondos voitre”

Dende Xornal de Vigo, trala entrevista ao alcalde de Bueu, e a cobertura á concentración en Domaio o pasado domingo, continuamos o noso seguimento ao conflito de Rande entrevistando á rexedora do Concello de Moaña, Leticia Santos (BNG).

P- Decembro de 2017. O goberno de Moaña decide non acudir á inauguración de Rande, debido a que as obras aínda estaban sen rematar.

R- E, a caso, non se confirmou o que advertiamos? A pregunta agora é quen estaba en primeira plana. A veciñanza creo que ten xa claro quen defende os seus intereses e quen os dos seus amigos. O PP está xogando un papel clave. Eu teño ben claro que o meu soldo é pagado polos veciños e veciñas de Moaña, e baixo este concepto hai que actuar, en consecuencia.

Os meus xefes non son as empresas do Ibex senón a miña veciñanza. O goberno español está a poñer aquí aos fondos voitre e ás grandes compañías por diante dos cidadáns do Morrazo.

P- Ten razóns a veciñanza para estar molesta, como se amosou na concentración celebrada en Moaña o pasado domingo?

R- Claro que ten razóns, leva soportando as molestias continuas das obras desde que comezaron hai dous anos e desde febreiro os colapsos diarios sen que desde a institución competente, o Ministerio de Fomento, se nos dea ningún tipo de resposta, mesmo se atreven a restarlle importancia aos graves problemas que ocasionan as obras.

P- E teñen realmente os veciños/as capacidade de cambiar esta situación?

R- A cidadanía cada 4 anos temos a oportunidade de facer algo, e xulgar a quen nos administra. É un dereito fundamental, aínda que moita xente o exerza sen valorar as consecuencias do mesmo. Eu espero que a AP-9 sexa transferida a Galicia. Dende o BNG temos un recurso presentado, non lles vai quedar outra. Non teñen xa en que ampararse para seguir bloqueando as solicitudes unánimes do Parlamento Galego.

Leticia Santos, alcaldesa de Moaña / BNG

P- Quen ten o poder entre a concesionaria e Fomento?

R- Estes días xa enviaron un comunicado segundo o cal van valorar aínda a subida das barreiras para casos moi puntuais. Audasa non o da por bo e o Ministerio parece que o acepta.

P- Fomento está comunicándolles as súas decisións?

R- Ás alcaldías nin nos avisaron das obras nin dos prazos de execución das mesmas. Tampouco se coordinaron cos concellos para establecer un plan de tráfico e cortan carrís nas horas punta, incluso mentres tiñamos cortado tamén o corredor do Morrazo.

Agora que o corredor xa abriu, as caravanas siguen producíndose no acceso á ponte de Rande porque resulta imposible evacuar por un único carril a península do Morrazo ao completo.

Enviamos unha comunicación desde os gobernos de Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa ao Ministerio de Fomento en febreiro, pedindo unha reunión urxente e trasladando os problemas de colapsos que as obras nos estaban a ocasionar diariamente.

Non nos responden a ningunha das peticicións, nin nos dan información sobre as obras e aínda máis, envían unha carta dicindo que como non nos decatáramos de que se retomaban as obras en febreiro se mandaran nota de prensa..

É dicir, que os gobernos municipais temos que informarnos pola prensa do seguimento das obras de infraesturas que xa están inauguradas. Isto é unha falta de respecto institucional e coa nosa veciñanza tremenda, máis cos problemas que nos están a ocasionar e sufrimos nós.

P- Entenden que a relación entre institucións debe ser directa.

R- Si e máis coa nefasta xestión das obras que estamos a padecer. A coordinación entre administracións é fundamental para minimizar os efectos das obras. Emprazaramos ao Ministerio de Fomento a unha xuntanza este venres en Cangas, despois de levar esperando a que nos concedan unha reunión informativa desde febreiro, e non viu ninguén.

A información que temos segue a ser pola prensa, e ao parecer esta fase de obra vai durar ata finais de mes e despois chegará unha terceira que influirá “minimamente” ao tráfico, pero non sei xa como tomarme iso. Todo isto nos parece unha absoluta burla por parte de Fomento e esiximos solucións.

Rande dende Golf Domaio
Dende o campo de Golf de Domaio: panorámica de Rande / Miguel Nuñez

P- Coa continuación das obras, poden xerarse problemas de seguridade?

R- Poden e mesmo temos indicios de que a estrutura da ponte podería estar resentíndose trala colocación dos novos carrís exteriores, de aí os problemas de reaxuste dos tensores. Tamén cabe dicir que e os carrís exteriores son perigosos pola súa estreitez e a súa exposición directa ás inclemencias metereolóxicas, as pasarelas que os comunican cos carrís centrais da ponte para evacuar en caso de emerxencia están ocupadas con materiais de obra, que pasa se hai un accidente? Hai cousas que non son razoables.

P- Considera esta situación inxusta para os galegos e galegas?

R- Ata que punto podemos xustificar que esta sexa a autoestrada máis cara de todo o Estado? Temos que asumir vía suba das peaxes o custe destas obras, mentres cos impostos de galegos e galegas fanse obras noutros territorios e rescátanse autoestradas que, cando se inauguraron, xa se sabía que ían dar perdas e polo tanto que ía ter o Estado que recuperalas con indemnizacións millonarias ás concesionarias (radiais madrileñas, murcianas, etc).

E esta autoestrada que está totalmente amortizada e é das máis rendibles do Estado, temos que seguir soportando o pago de peaxes abusivas cando non existe unha infraestrutura alternativa á mesma. Mesmo saíu publicado en prensa que o custe das obras de ampliación xa foi recadado por Audasa co cobro das peaxes desde que comezaron a facelas.

O pobo galego está a ser discriminado desde o goberno do Estado, a pesar de ter solicitada a transferencia desta infraestructura, imprescindible na conexión do Eixo Atlántico, ata en tres ocasións o Parlamento Galego acadou un acordo unánime sobre este asunto pero o goberno do Estado negouse a que se debatera no Congreso.

Ademais volvo repetir que é a autoestrada máis cara do Estado, cando os salarios medios de Galiza son dos máis baixos. Tampouco quero esquecer que Audasa é propiedade de fondos de investimento que non reinvisten os seus beneficios no terrritorio, ademais de contar cun réxime fiscal moito máis beneficioso para a empresa ca as persoas autónomas ou as Pemes galegas.

É importante dicir tamén que Audasa ten unha bonificación do 95% sobre o IBI concedida por unha lei estatal franquista de 1972 que non foi derrogada ata o de agora, mentres as familias en risco de exclusión social non poden gozar por este feito de ningún tipo de bonificación. No caso do noso Concello Audasa tería que pagar en concepto deste imposto 20.000€ anuais mentres que só abona 1.000€.

P- E, todo isto, é legal?

R- Coma opinión persoal, coas últimas noticias xa me cuestiono se o legal é o lexítimo no Estado español, por exemplo co caso da Manada ou a condena ao rapeiro.

Pode ser legal porque a lei o ampara e os xuíces o determinan. É xusto? Ás veces as leis non son xustas, a lei en EE.UU. obrigaba a calquera persoa negra ceder o sitio a un branco no transporte público, porque tiñan preferencia; ata que esa lei foi abolida por racista. Coma cargo público teño o deber de respectar e acatar as sentenzas porque actúo en representación da miña veciñanza, agora ben, a nivel persoal, en ocasións non as comparto e mesmo cuestiono a súa lexitimidade.

Ponte Rande
Os catro carrís de Rande operativos /Miguel Núñez

Soben as hospitalizacións e os contaxios activos na área de Vigo, mentres baixan en Galicia

0

Galicia comeza esta semana cunha lixeira baixada dos pacientes Covid hospitalizados, que se sitúan en 264, dous menos que a xornada anterior, mentres que os casos activos descenden a 2.481, polo que se manteñen en cifras similares ás de agosto.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, baixan a 49 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19, o que supón dúas menos, e mantéñense en 215 as que permanecen hospitalizadas noutras unidades.

A presión hospitalaria sobe en tres das sete áreas sanitarias galegas, entre elas, a de Vigo na que caen a 11 os que están en UCI –un menos–, pero aumentan a 55 os doutras unidades –dous máis–.

MÁIS CONTAXIOS

En canto aos casos activos deste coronavirus na Comunidade galega seguen con tendencia descendente, pero máis retardada e sitúanse en 2.481, o que supón 38 menos. Os casos activos soben en dúas das sete áreas sanitarias galegas: na de Vigo a 500 –suma 14– e na de Pontevedra e O Salnés a 208 –oito máis–, mentres que baixan nas outras cinco.

En canto aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba mantéñense contorna do centenar, con 103, fronte aos 107 da xornada anterior. En Vigo houbo 25 novos casos.

TAXA DE POSITIVIDADE

Ata a data a Comunidade galega realizou 1.802.302 PCR, o que implica 3.330 probas máis que as contabilizadas ata a xornada anterior –un centenar máis que as do día pasado–. En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– repuntou a un catro por cento, tras situarse nun 2,8% este domingo. No entanto, Galicia continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

Campaña do BNG para apurar ao Goberno a cumprir os seus compromisos sobre as peaxes

0

O BNG presentou este xoves en Redondela unha campaña social que se desenvolverá en toda Galicia contra a “ultraxe” da AP-9 e para esixir ao Goberno central que cumpra “coa máxima urxencia” os seus compromisos sobre a bonificación das peaxes desta autoestrada e a eliminación da taxa no tramo Vigo-Redondela.

Nun acto simbólico, a deputada nacionalista Alexandra Fernández e os portavoces municipais de Vigo e Redondela, Xabier Pérez Igrexas e Xoán Carlos González, despregaron unha pancarta na saída da autoestrada en Rande coa lema ‘Basta de ultraxe a Galicia’.

Alexandra Fernández urxiu o cumprimento do compromiso de rebaixar as peaxes e eliminar a peaxe de Rande, recollido no acordo de investidura entre o BNG e o PSOE. “Tiveron todo este tempo para facer os cambios normativos necesarios, por iso non podemos aceptar que a única previsión sexa a do primeiro semestre do ano”, advertiu da deputada autonómica do BNG.

Tras lembrar que hai partida orzamentaria para implementar esas bonificacións, cualificou de “inaceptable” que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana alegue agora “dificultades”, e cualificou como “escusas” as explicacións do Goberno, que “ten que cumprir con Galicia”.

Na mesma liña, o concelleiro nacionalista en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, lembrou o rexeitamento “unánime” dos cidadáns á “estafa” das peaxes na AP-9, e criticou o “cinismo” do PSOE que, tras dicir que o compromiso do Goberno é firme, votou en contra dunha moción do BNG no pleno de Vigo para esixir que devandito compromiso se faga efectivo.

Mentres, o portavoz municipal do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, denunciou o grave prexuízo que supón a peaxe de Rande-Chapela para os veciños de Redondela, que levan “máis de 30 anos sufrindo” esta situación. Así, subliñou que a eliminación deste pago permitirá mellorar a mobilidade na parroquia de Chapela e reducir o tráfico.

Alemaña amplía a toda España, salvo Canarias, a consideración de “zona de risco”

0

A recomendación do Instituto Robert Koch supón que todos os viaxeiros que volvan de España estarán obrigados a pasar unha corentena en certos estados.

As autoridades de Alemaña concluíron que toda España, incluída Baleares, coa única excepción das Illas Canarias, é unha “zona de risco” por contaxio do novo coronavirus, polo que quen regrese deberán someterse a unha proba e poderían quedar suxeitos a corentena, en función do que decidan os gobernos rexionais.

A portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de Alemaña, Maria Adebahr, xa avanzara este venres en rolda de prensa que o Executivo de Angela Merkel estaba a estudar emitir unha recomendación de non viaxar a Baleares debido ao aumento de casos de COVID-19.

Fuentes do Goberno aseguraron que as Illas, popular destino turístico para os alemáns, pasarán a ser unha zona de risco, do mesmo xeito que o resto de zonas de España que aínda non foran incluídas nesta lista. Por agora só figuraban Madrid, País Vasco, Aragón, Cataluña e Navarra.

O país xermano xa implementara a obrigatoriedade dun test serolóxico de regreso ao país.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed