Inicio Blog Páxina 1630

Zona Franca de Vigo compra o antigo centro de informática de Caixanova

Os órganos de dirección do Consorcio da Zona Franca de Vigo aprobaron este xoves a compra, por 12,2 millóns de euros, do antigo centro de informática de Caixanova, situado na rúa López Mora e ata agora propiedade de Abanca.

Segundo confirmou o Consorcio, o centro consta de catro edificios situados nunha parcela duns 8.500 metros cadrados, entre López Mora, Tomás Alonso e Arquitecto Pérez Bellas. Nese complexo Zona Franca prevé crear un centro que, segundo o delegado do Estado, David Regades, irá “máis aló dun clásico centro de negocios”. “Queremos facer un complexo a favor das novas necesidades da economía, onde se dedique especial atención ao I+D+i, ás novas tecnoloxías e, como é habitual no noso traballo, en estreita colaboración coa Universidade”, sinalou.

A adquisición destes edificios faise mediante un proceso de licitación, no que a única oferta admitida foi a de Abanca. Así, Zona Franca solicitou un informe de tasación dos inmobles aos servizos técnicos do Ministerio de Facenda, que fixaron o valor en 12,27 millóns.

Por outra banda, a rehabilitación dos edificios (sen contar equipamentos) estimouse en case 10 millóns de euros e, cando o complexo estea listo, haberá unha superficie alquilable de 12.362 metros cadrados, e a posibilidade de habilitar 122 prazas de aparcadoiro.

Un estudo do Centro Oceanográfico de Vigo mostra que o peche de zonas á pesca reduce as capturas accidentais

Un estudo mostrou que a ordenación espacial de zonas de pesca, como os peches, permiten protexer ecosistemas mariños vulnerables e mitigar a captura incidental de especies.

Segundo trasladou o Centro Oceanográfico de Vigo, cuxos investigadores levaron a cabo o estudo, analizouse como a ordenación espacial impide a pesca comercial con artes de fondo nas zonas de corais de augas frías e esponxas de augas profundas.

Así, os investigadores da área de Pesqueiras Afastadas do Centro Oceanográfico de Vigo Pablo Durán Muñoz, Mar Sacau, Ana García Alegre e Esther Román analizaron datos obtidos polo Instituto Oceanográfico Español (IEO) mediante campañas de avaliación de grupos de peixes de fondo financiadas pola Unión Europea (UE) e como se integraron no proceso de ordenación da pesca de alto mar no Océano Atlántico noroccidental.

Os resultados desta investigación e outras dúas levadas a cabo por investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo relacionadas co crecemento azul foron recollidas pola revista científica Marine Policy.

En concreto, Esther Abad, Maria Grazia Pennino, e Julio Valeiras publicaron un artigo que aborda a integración de medidas de ordenación espacial na pesca mediante o estudo de caso de dúas especies de galo.

Ante o incremento das zonas de ordenación espacial, como as de conservación ou as vedas espaciais e temporais, presentaron un marco espacial para identificar as áreas nas que son máis abundantes as especies comerciais de tamaño inferior ao normal para facilitar que os pescadores as eviten e, deste xeito, se minimice o impacto sobre as mesmas.

Ademais, os investigadores Esther Abad e Martta Quinzán levaron a cabo un estudo xunto a profesionais da Universidade de Vigo (UVigo) e o Instituto de Investigacións Mariñas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) sobre o uso da visión por computador a bordo de buques pesqueiros para cuantificar capturas.

Para iso, sitúase o dispositivo iObserver sobre a cinta transportadora da zona de clasificación da pesca, onde toma fotografías de toda a captura durante a separación. Un software de recoñecemento de imaxes de código aberto permite identificar o número de individuos, a especie e a lonxitude de cada individuo de acordo con descritores da pel e a forma. Para facilitar a definición das rexións pesqueiras, o iObserver dispón dunha interface gráfica e fácil de usar.

Así mesmo, Maria Grazia Pennino elaborou un estudo metodolóxico sobre descartes nun momento no que a Unión Europea (UE) incluíu, a través do Regulamento da Política Pesqueira Común (PPC), a súa prohibición. Para iso, búscase que se cumpra o desembarco das capturas non desexadas como medida para promover a súa redución.

Na investigación, sinalouse que o axuste de métodos novos, como modelos de estatística espacial e ecosistémicos, podería facilitar a identificación do mellor método de xestión.

Adicionalmente, a sección especial da revista científica elaborouse por mor das publicacións das contribucións realizadas no congreso MARTEC 18, que acolleu senllas conferencias internacionais sobre avances en tecnoloxías mariñas en maio de 2018 en Vigo.

REDE presenta novas denuncias contra DomusVi ante a Fiscalía por “abandono e imprudencia grave”

A Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Usuarias de Residencias e da Dependenica REDE vén de presentar ante a Fiscalia Superior de Galicia novas denuncias contra o grupo DomusVi e outras empresas xestoras de residencias polos delitos de denegación de auxilio, abandono, omisión de socorro e imprudencia grave con resultado de morte e lesións, todo iso realizado de forma dolosa.

A través da súa asociada Vellez Digna (asociación de familiares de usuarias de residencias, fundada en Cangas do Morrazo), a Rede pide que se investigue, concretamente, a Josefina Fernández Miguélez, CEO de DomusVi, e ao resto dos propietarios dese grupo, tanto en España, Francia e Inglaterra, así como aos propietarios das demais residencias afectadas pola COVID19 en Galicia. Tamén á totalidade dos directivos do grupo DomuVi e das demais residencias afectadas pola enfermidade que tiveran algo que ver, por acción ou omisión, co denunciado.

“NON SÓ A COVID MATA OS ANCIÁNS”

No documento de denuncia recollen que “non só é a COVID19 a que mata os anciáns” senón que tamén “a imprudencia, o abandono, a neglixencia e a falta de auxilio”. Así mesmo, dende a REDE critican a falta de desinfeccións, limpezas axeitadas e aplicación de medidas adicionais recomendadas por Sanidade, incluso “tras varios días e varios casos de infeccións e cun número crecente de afectados en residencias”.

Lonxe diso, “DomusVi e outras residencias decidiron aforrar cartos“, sentenzan, ao non contratar o servizo de empresas de limpeza e ao actuar con “pasividade” ante a expansión do coronavirus. Igualmente, afirman que “tampouco se reforzou o persoal de atención directa”, a pesar de ser “indispensable” para aplicar os protocolos que dende a administración sanitaria se ían recomendando.

“XENOCIDIO DISFRAZADO DE NEGLIXENCIA”

Por todo isto, a Federación considera que nas residencias se está a producir un “auténtico xenocidio disfrazado de neglixencia”: “Estas empresas socio-sanitarias teñen a obriga de velar e coidar dos anciáns e non o están facendo, nin siquera o razoable”, denuncian. Así pois, solicitan que a Fiscalía abra unha investigación e comece a recabar probas sobre o terreo a través da Policía Xudicial para concluír a existencia ou non de delito no proceder dos propietarios das residencias e os seus directivos, así coma do director de cada residencia.

Tui volverá á época medieval durante o IV Festival da Cultura Arraiana

0

A localidade pontevedresa de Tui acollerá entre o 30 de agosto e o 1 de setembro a cuarta edición do Festival da Cultura Arraiana, ‘Arraianos’, na que se instalará un mercado medieval, haberá oferta cultural e gastronómica, segundo avanzou este venres a organización, no acto de presentación do certame, que contou coa presenza do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

O festival comezará na tarde do venres coa apertura do Mercado Medieval, que se desenvolverá na praza do Concello, e nas de San Telmo e Fromista; así mesmo, no antigo cárcere, celebraranse as ‘ceas de taberna’ na noite do venres, nas que os comensais deben ir ataviados con roupas medievais e poderán degustar un menú inspirado na serie ‘Xogo de Tronos’ (pito ao mel, cebolas salteadas con manteiga, pastel de porco, pastel vexetal, carne á brasa, salada, galletas de mel, etc.). Na noite do venres tamén se celebrará a chamada ‘Noite da doncela’, na Praza de San Fernando, con espectáculos a cargo de Circocido e Asacocirco.

Xa o sábado, terá lugar pola mañá a carreira popular de kaiaks, ‘A Conquista do Miño’, que sae da praia fluvial A Mariña, e termina na vella ponte internacional; así mesmo, nesta xornada haberá xogos para nenos e novos, incluído un xogo de rol ambientado no século XIV (unha das novidades desta edición).

Outra as ofertas dese fin de semana van ser as visitas teatralizadas con diferentes temáticas. A primeira celebrarase na noite do sábado, e será a ‘Noite das Curuxas’, de medo; as outras dúas serán o domingo (con dous pases, ás 18,00 e ás 19,30 horas), unha visita teatralizada ambientada no mundo viquingo. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse (8? por adulto e 4? para nenos de 11 a 18 anos).

O domingo haberá unha conferencia ás 12,00 horas no antigo cárcere, a cargo do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e, ás 21,00 horas, celebrarase a ‘Noite do escudeiro’ no Paseo Fluvial, con representacións de xustas medievais, combates corpo a corpo, etc.

O alcalde e os organizadores fixeron un chamamento aos cidadáns e aos comerciais para que, como en anteriores edicións, se impliquen na celebración deste festival. Así mesmo, os comerciantes poden participar no concurso de caracterización medieval. Ademais de todas as actividades, cinco locais de Tui ofrecerán, durante o fin de semana, tapas elaboradas de receitas medievais a un prezo de 2 euros.

O deputado Abel Losada e a ex-ministra Espinosa, nos primeiros postos da lista de Caballero para as municipais

A ex-ministra Elena Espinosa e o deputado autonómico do PSdeG Abel Losada figuran no terceiro e o quinto posto, respectivamente, da lista que o alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, presentará para as próximas eleccións municipais do 26 de maio, segundo informaron fontes do PSOE local.

Coa saída de Abel Losada do Parlamento de Galicia –o regulamento do PSOE contempla que cada militante só poida ostentar un cargo– queda despexada a incógnita sobre que parlamentario autonómico facilitaría a entrada do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ao Pazo do Hórreo.

E é que o xefe de filas dos socialistas galegos concorreu no seu momento como número cinco da lista do PSdeG por Pontevedra nunhas eleccións autonómicas na que esta formación se fixo con catro escanos. O propio Gonzalo Caballero anunciou que formalizaría a súa entrada tras as eleccións municipais, polo que a saída de Losada deixa claro como se producirá a substitución.

Segundo precisaron estas fontes do PSOE local, a actual tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ocupa o número dous da candidatura de Abel Caballero, na que María José Caride (agora concelleira de Urbanismo) concorre no cuarto posto.

RESTO DA CANDIDATURA

A profesora da UVigo Ana Mejías, designada recentemente como vogal no pleno de Zona Franca de Vigo, figura no sexto lugar; seguida polo actual edil de Persoal, Javier Pardo. O concelleiro de Tráfico e Seguridade, Carlos López Font, está no oitavo posto da candidatura, e tamén repite na lista, agora no noveno lugar, o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros (que foi no posto 17 nos comicios de 2015).

No posto número 10 da candidatura, aprobada esta tarde por aclamación na asemblea da agrupación socialista viguesa, figura outra das ‘novidades’ da lista, Yolanda Aguiar, funcionaria do Concello olívico, quen fora man dereita de Dolores Villarino tanto no consistorio como despois, sendo xefa de gabinete da entón presidenta do Parlamento de Galicia. O seguinte nome na lista é o do actual edil de Deportes, Manel Fernández.

No posto 12 figura Patricia Rodríguez, que actualmente é asesora do alcalde; seguida por catro candidatos que son concelleiros na actualidade: Anxo Rivas, Nuria Rodríguez, Santos Héctor Rodríguez e Isaura Abelairas.

Os considerados postos de saída por corresponderse cos 17 concelleiros cos que goberna con maioría absoluta o PSOE este mandato complétanse con Gorka Gómez. A candidatura péchase con outro dez aspirantes.

PROGRESIÓN ASCENDENTE

A cabeza de lista e candidato á reelección concorreu por primeira vez ás municipais viguesas en 2007 e, con 9 concelleiros, pactou co BNG (que logrou 5 edís) un goberno de coalición. Na seguinte cita electoral, en 2011, a lista de Abel Caballero alzouse con 11 representantes e, nesa ocasión, os nacionalistas, aínda que apoiaron a investidura, rexeitaron reeditar o pacto, polo que o alcalde gobernou en minoría.

O rexedor socialista volveu gañar as eleccións locais en 2015, ‘arrasando’ co maior apoio obtido nunca por un candidato: unha maioría absoluta de 17 representantes. Nesas últimas eleccións municipais, o PP obtivo 7 concelleiros, e Marea de Vigo, 3 representantes.

Para a cita do próximo 26 de maio, Caballero xa vaticinou que volverá gañar e que conseguirá aínda máis apoio dos cidadáns de Vigo. Así, en varias ocasións aventurou que chegará aos 21 concelleiros, mentres que o PP quedará en 4, segundo os seus cálculos.

Piden unha solución “de urxencia” para os traballadores de Vulcano, que levan catro meses sen cobrar

0

Os sindicatos da comarca de Vigo UXT-FICA, CC.OO. e CIG solicitaron este martes unha reunión co conselleiro de Economía, Francisco Conde, para “desbloquear” a situación na que se atopa o estaleiro vigués Vulcano.

Os tres sindicatos recordaron ao titular de Economía que se cumpriu un mes desde que Vulcano, PIMAR, Banco Santander, ARMAS, a Xunta e os representantes sociais se reuniron para tratar a viabilidade do actual proxecto de construción existente no estaleiro vigués e que “seguen sen noticias” de como avanza a negociación.

“O único que sabemos é que os traballadores de Vulcano levan catro meses sen cobrar os seus salarios”, manifestan os sindicatos na súa carta ao conselleiro, ao que lle piden unha “solución de urxencia” para poder “restituír” a actividade e “recuperar” o pago puntual aos traballadores do estaleiro e ás industrias auxiliares.

Anuncio para coches

É coma un anuncio de coches ou das Cíes… Se non fora a procura de aparcamento na praia mais popular.

Iago Aspas, a estrela de Moaña a polo Zarra

0

Iago Aspas leva máis de 20 goles no que vai de Liga. Uns goles que o sitúan coma un dos dianteiros con máis efectividade, só superado, polo momento, por Messi, Ronaldo e Luis Suárez.

É, sen dúbida, o xogador europeo da Liga que pode poñer en certos apuros o dominio americano. Así, esta tempada aspira a gañar de novo o Trofeo Zarra ao máximo goleador español da Liga Santander.

Aos seus 30 anos, Aspas é un dos xogadores máis en forma da Liga e é un dos indiscutibles do adestrador, Juan Carlos Unzué. Xa foi nomeado Mellor Xogador do Mes o pasado novembro e a súa traxectoria futbolística vai en ascenso. Pode acabar, como o pasado ano, sendo o mellor español e europeo da Liga, só superado por Messi, con quen algúns comezan xa a comparalo por ser unha peza fundamental e indiscutible do seu equipo.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed