InicioSociedadeREDE presenta novas denuncias contra DomusVi ante a Fiscalía por "abandono e...

REDE presenta novas denuncias contra DomusVi ante a Fiscalía por “abandono e imprudencia grave”

A Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Usuarias de Residencias e da Dependencia considera que nas residencias se está a producir un "auténtico xenocidio disfrazado de neglixencia".

PUBLICADO O

A Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Usuarias de Residencias e da Dependenica REDE vén de presentar ante a Fiscalia Superior de Galicia novas denuncias contra o grupo DomusVi e outras empresas xestoras de residencias polos delitos de denegación de auxilio, abandono, omisión de socorro e imprudencia grave con resultado de morte e lesións, todo iso realizado de forma dolosa.

A través da súa asociada Vellez Digna (asociación de familiares de usuarias de residencias, fundada en Cangas do Morrazo), a Rede pide que se investigue, concretamente, a Josefina Fernández Miguélez, CEO de DomusVi, e ao resto dos propietarios dese grupo, tanto en España, Francia e Inglaterra, así como aos propietarios das demais residencias afectadas pola COVID19 en Galicia. Tamén á totalidade dos directivos do grupo DomuVi e das demais residencias afectadas pola enfermidade que tiveran algo que ver, por acción ou omisión, co denunciado.

“NON SÓ A COVID MATA OS ANCIÁNS”

No documento de denuncia recollen que “non só é a COVID19 a que mata os anciáns” senón que tamén “a imprudencia, o abandono, a neglixencia e a falta de auxilio”. Así mesmo, dende a REDE critican a falta de desinfeccións, limpezas axeitadas e aplicación de medidas adicionais recomendadas por Sanidade, incluso “tras varios días e varios casos de infeccións e cun número crecente de afectados en residencias”.

Lonxe diso, “DomusVi e outras residencias decidiron aforrar cartos“, sentenzan, ao non contratar o servizo de empresas de limpeza e ao actuar con “pasividade” ante a expansión do coronavirus. Igualmente, afirman que “tampouco se reforzou o persoal de atención directa”, a pesar de ser “indispensable” para aplicar os protocolos que dende a administración sanitaria se ían recomendando.

“XENOCIDIO DISFRAZADO DE NEGLIXENCIA”

Por todo isto, a Federación considera que nas residencias se está a producir un “auténtico xenocidio disfrazado de neglixencia”: “Estas empresas socio-sanitarias teñen a obriga de velar e coidar dos anciáns e non o están facendo, nin siquera o razoable”, denuncian. Así pois, solicitan que a Fiscalía abra unha investigación e comece a recabar probas sobre o terreo a través da Policía Xudicial para concluír a existencia ou non de delito no proceder dos propietarios das residencias e os seus directivos, así coma do director de cada residencia.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...