Inicio Blog Páxina 1609

Os alcaldes galeguistas de Galicia; “un socialdemócrata e outro liberal”

0

 Foi unha visita case de cortesía. Non tivo contido político, pero as fotos cómplices de Rafa Cuíña, alcalde de Lalín, e Carlos Vázquez Padín, de Tui, están dando que falar. Hai uns anos, cando os dous competían por un espazo político semellante; un como dirixente de Compromiso por Galicia (CxG) e o outro de Converxencia 21, había distanciamento e mesmo tensión como se palpaba a través das redes sociais. Pero agora, a cousa cambiou.

Son os alcaldes “galeguistas” de Galicia, un de Lalín e outro de Tui. “Un socialdemócrata e outro liberal”. É o comentario de xolda que lle fixo Cuíña a Padín na primeira visita institucional do primeiro ao segundo para promocionar a festa do cocido de Lalín que terá lugar o vindeiro mes. Unha visita que xurdiu dun encontro casual na Deputación de Pontevedra.

“Tui é unhas das grandes vilas galegas pola súa importancia histórica e transfronteiriza”, dixo Cuíña sobre a súa visita a Tui. “Fomos moi  ben recibidos polo alcalde e alí tivemos o autobús que promociona o cocido, do que disfrutraron moitos tudenses”, apuntou en declaracións a Galicia Confidencial.

“CORDIALIDADE”

“Houbo un clima de cordialidade e de boas palabras con Carlos”, suliñou.  Tamén Padín coincidiu no mesmo. “Foi unha visita de cortesía. Houbo moita cordialidade entre os dous e eu estiven moi cómodo”, sinalou tamén en declaracións a este medio.

Rafael Cuíña e Carlos Vázquez Padín no autubús de promoción do cocido de Lalín, estacionado en Tui
Rafael Cuíña e Carlos Vázquez Padín no autubús de promoción do cocido de Lalín, estacionado en Tui / Carlos Vázquez Padín
Con todo,  unha entente entre os dous rexedores “galeguistas” terá que agardar. Polo momento, a xuntanza serviu pra rachar o xeo que os separaba e, pouco máis. Os dous coincidiron en suliñar que foi un encontro “produtivo”, pero descartan outra xuntanza nin de tipo político, nin de tipo institucional.

Aínda que os dous se declaran “galeguistas”, o certo é que a súa traxectoria é ben diferente. Cuíña goberna en Lalín desde hai case tres anos co apoio de catro forzas políticas: CxL, PSOE, APAC e BNG.

O pacto de goberno que lle permitiu ser elixido alcalde asinouse entre CxL, PSOE e APAC (Plataforma Aberta Cidadá de Lalín). A este acordo sumouse medio ano despois o BNG. Padín, pola contra, accedeu a alcaldía en outubro pasado a través dun pacto co PPdeG e mediante unha moción de censura que botou ao anterior rexedor socialista.

Un novo caso de contaxio COVID en colexios de Vigo

0


O número de alumnos contaxiados por COVID na área de Vigo ascende a 11, un máis,

Por outra parte, a área sanitaria queda sen clases pechadas, a semana pasada tiña unha.

Máis información en Galicia Confidencial.

Caballero: “O Marisquiño segue en Vigo tres anos e será súa cidade forever and ever”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ratificou este martes, tras unha reunión con representantes de Factor Ulises, empresa organizadora do festival de cultura urbana ‘O Marisquiño’, que a conversación focalizouse na intención de seguir traballando xuntos “o próximos tres anos”.

Nun audio difundido aos medios, o rexedor incide en que, tras a concesión, por parte da Unión Ciclista Internacional, da categoría C1 do circuíto internacional da Copa do Mundo de BMX Freestyle á proba de Vigo, O Marisquiño pasa a estar entre os poucos eventos internacionais con catro Copas do Mundo (skate, BMX, básquet 3×3, e break dance, que pasará a ser olímpico en 2024).

Ademais, ratificou que se vai a facer o descenso urbano porque o festival é “inimaxinable” sen esta proba, aínda que de momento programarase sen público á espera de como evolucione a pandemia.

Así as cousas, Caballero repasou novas infraestruturas previstas para a cidade e reafirmouse en que a súa aspiración é convertela “en capital europea da cultura urbana e dos deportes de acción”.

Finalmente, recalcou que esta edición de 2021 será “excepcional”, á vez que augurou que O Marisquiño de 2022 será “superlativo”. De feito, aínda que concretou a colaboración durante o próximos tres anos, concluíu que Vigo será “forever and ever”, “para sempre” ou “de forma permanente” a cidade de O Marisquiño.

Detido por violencia machista un home despois de dar patadas e puñadas á súa parella en plena rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de violencia de xénero a un veciño da cidade de 54 anos, que supostamente propinou patadas nas pernas e puñadas na cara á súa parella no transcurso dunha discusión en plena rúa.

Tal e como informou a Policía Local, sobre as 14,45 horas deste xoves unha patrulla desprazouse ata o Camiño Maceiras, concretamente ao parque do Centro Cívico de Teis, tras recibir un aviso de que un home subtraera varias pertenzas a unha muller.

No lugar, a muller manifestou que, pouco antes, un home ao que coñecía agrediuna e subtraeulle unhas lentes de sol –valoradas en 500 euros–, unha figura e un teléfono móbil. A muller facilitou aos axentes datos sobre a indumentaria do home e a dirección que seguira.

No entanto, pouco despois a muller recoñeceu que este home era o seu actual parella. Así, indicou que se iniciou unha discusión entre ambos, e nun momento dado el propinoulle varias patadas nas pernas e puñadas na cara, tras o que levou as súas pertenzas.

Os axentes verificaron que a muller presentaba unha contusión no pómulo e un ollo, así como erosións no pescozo e as pernas. A pesar diso, negouse a que a atendese unha ambulancia, indicando que se trasladaría polos seus propios medios a un centro sanitario.

Mentres, as patrullas buscaban ao home, quen ao ser interceptado levando algunhas das pertenzas da muller, recoñeceu discutir coa súa parella. Manifestou entón que ela estaba “moi bébeda” e que “nun momento dado cravoulle unha hostia”. Por iso, procederon á súa detención por un delito de violencia de xénero.

Localizada a menor que fuxira do centro de Aldeas Infatiles de Redondela a primeiros de marzo

A Policía Nacional localizou á menor que permanecía desaparecida desde o pasado 5 de marzo, tras fuxir do centro de Aldeas Infantís de Redondela, e confirmou que está en bo estado de saúde.

Segundo informaron fontes policiais, a denuncia pola desaparición da nena (que vive tutelada nese centro) interpúxose a principios de mes, despois de que a menor non regresase ás instalacións de Aldeas Infantís.

Nese momento activouse o protocolo previsto para este tipo de casos e a Policía contactou co xulgado de instrución 1 de Redondela para pór os feitos no seu coñecemento. Así mesmo, informouse os servizos de menores da Xunta e a outros servizos sociais, para tentar acceder á contorna máis próxima da nova.

As pescudas permitiron descubrir que a nena contactara cunha familiar próxima, o que axudou a acoutar a zona onde podería estar escondida. A Policía tamén puido pescudar, por persoas próximas, que a menor estaba en bo estado de saúde.

Finalmente, os investigadores lograron aproximar a procura e contactar coa menor, á que fixeron ver que o regreso voluntario ao centro era a mellor solución á situación.

Así, tras acompañala a un centro de saúde para comprobar que se atopaba perfectamente, contactouse co servizo de menores da Xunta para o seu traslado e entrega.

“Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar”, o evento feminista da UVigo

A Universidade de Vigo levará a cabo un acto virtual e aberto para conmemorar o Día Internacional da Muller, que será retransmitido en directo a través da canle de UVigoTV o vindeiro martes 9 de marzo a partir das 12:00 horas.

O acto comezará coa actuación musical da man do grupo galego Blues do País, formado por Bieita James e Pepe King, que serán, ademais, os que pechen o evento coa súa característica interpretación de música blues en galego. Tras esta actuación, o reitor da institución académica, Manuel Reigosa, presentará a celebración.

Baixo o lema “Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar”, búscase deixar patente a necesidade de incorporar á vida universitaria a perspectiva de xénero, entendida como “a mirada crítica que consiste en sinalar como transita a desigualdade das mulleres en todas as esferas de realización social a partir das grandes achegas proporcionadas pola teoría e o movemento feminista”, sinala a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez.

PREMIO DO COMPROMISO COA IGUALDADE DE XÉNERO

Por outra parte, este acto institucional servirá como marco para a entrega do noveno Premio do Compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, Uviguala 2021, que será presentado pola vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama.

Este premio representa o firme compromiso da institución por acabar coa desigualdade entre homes e mulleres, así como o recoñecemento ao esforzo e ao traballo desenvolvido nese sentido polas persoas galardoadas en todas as edicións.

CURSOS EN LIÑA

Seguindo co seu compromiso coa formación, aUnidade de Igualdade da Universidade de Vigo xa ten preparada unha nova edición doItinerario virtual de formación en xénero, un programa de cursos en liña que naceu a finais de marzo do ano pasado co que se pretende dar resposta ás necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria e que contou cunha gran acollida nas súas anteriores edicións.

Para a directora da Unidade de Igualdade, esta acción formativa da resposta á«forte demanda de formación en xénero e formación feminista, algo que resulta un reflexo dos cambios sociais que aconteceron na nosa sociedade dende hai cinco anos coa fortaleza do movemento feminista e, sobre todo, a resposta masiva de mulleres fronte as violencias sexuais que sufrimos polo feito de ser mulleres».

Así, con motivo do 11 de febreiro, lanzouse unha edición especial que inclúe a oferta de tres cursos centrados na incorporación da perspectiva de xénero á ciencia en xeral: Dimensión de xénero nos proxectos de I+D+i;  Mulleres e ciencia; e A inclusión da perspectiva e a análise de xénero na investigación e a innovación. Co prazo de inscrición aberto ata o 31 de marzo, a estes tres cursos súmanse a partir de hoxe outros cinco que veñen a completar o itinerario: Políticas públicas de igualdade, Pensar o amor no século XXI, Novas masculinidades, A prostitución no marco do capitalismo neoliberal, e Pornografía.

A “Primavera das Letras” será inaugurada este martes en Vigo no colexio onde estudou Xela Arias

A Real Academia Galega inaugurará este martes a ‘Primavera das Letras’ dedicada á escritora Xela Arias, protagonista do 17 de Maio deste ano, no CEIP Sárdoma-Moledo, o centro de Vigo no que estudou a autora.

O acto, que arrincará ás 10,30 horas co descubrimento dunha placa de homenaxe á escritora, contará coa presenza do presidente da Academia, Víctor Freixanes, e da académica Fina Casalderrey, acompañados de familiares das propia Arias e da comunidade educativa do centro.

O proxecto está dirixido ao alumnado de infantil e primaria e ofrece unha serie de recursos lúdicos e didácticos sobre a vida e obra de Xela Arias, que estarán dispoñibles a través da web ‘primaveradasletras.gal’.

Esta nova edición súmase á oferta dixital da web institucional da RAG sobre a homenaxeada das Letras Galegas 2021, onde xa está plasmada a biografía asinada por Ana Romaní, entrevistas e unha galería de retratos de Arias realizados por Xulio Gil.

O acoso sexual a través de comentarios sobre o corpo das mulleres, a análise

Un proxecto pioneiro desenvolvido pola Universidade de Vigo (UVigo) analiza o acoso sexual a través de comentarios realizados sobre o corpo no marco de relacións interpersoais. O traballo, denominado IgualaMÁS, conta con financiamento da convocatoria de 2019 de Proxecto de I+D+i na modalidade Retos de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación, segundo detallou nun comunicado a universidade.

As responsables de proxecto son as profesionais do grupo de investigación en Sexualidade e Saúde da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense María Lameiras e Yolanda Rodríguez. En concreto, iniciouse en 2020 e a súa duración fixouse en tres anos.

Esta iniciativa desenvólvese nun contexto no que non se alcanzou a igualdade de xénero, un feito que leva á obxectivización sexual das mulleres e a representar unha expresión de sexismo benevolente. IgualaMÁS busca profundar na súa utilización por parte da poboación adulta e as futuras xeracións. Para iso, investigadoras da UVigo abordan o acoso sexual mediante os comentarios sobre o corpo en relacións interpersoais.

PERCEPCIÓN DE PREXUÍZOS

A este respecto, as responsables do proxecto resaltaron a necesidade de percibir os prexuízos para proceder ao seu desafío. Así as cousas, o obxectivo da iniciativa é identificar, “por primeira vez no contexto español”, a presenza e o impacto nas mulleres de comentarios sobre o seu corpo en forma de gabanzas en distintos ámbitos e nas relacións íntimas.

Deste xeito, detallaron que se aspira determinar ata que punto os comentarios sobre o corpo das mulleres como gabanzas permanecen ancorados “ao modelo de feminidade e masculinidade hexemónicas que perpetúan as desigualdades e as violencias que sofren as nenas e as mulleres”.

PSA electrificará toda a gama de vehículos comerciais para 2021 e traballa en versións de hidróxeno

0

O Grupo PSA anunciou que todos os seus vehículos comerciais terán unha versión 100% eléctrica para 2021, mentres que a compañía continúa traballando no desenvolvemento de modelos de pila de combustible de hidróxeno.

Así o sinalou nunha conferencia ‘en liña’ o responsable de Vehículos Comerciais do consorcio francés, Xavier Peugeot, tras presentar as novas versións ‘cero emisións’ dos modelos Peugeot e-Expert, Citroën ë-Jumpy, Opel Vivaro-e e Vauxhall Vivaro-e.

Neste sentido, Peugeot indicou que a compañía esta centrada na redución de emisións, polo que continuará traballando coa tecnoloxía de pila de combustible de hidróxeno e o ano que vén terá unha frota dedicada a ela.

“Todo o mundo sabe que a tecnoloxía de hidróxeno é máis cara, pero tamén sabemos que ten dous puntos a favor: a autonomía e o rápido tempo de recarga“, indicou o directivo, quen engadiu que PSA pretende continuar a súa “folla de ruta” no ámbito da electrificación e que informará “nuns meses” sobre a tecnoloxía de pila de combustible.

Neste sentido, descartou o desenvolvemento de vehículos comerciais híbridos, aínda que indicou que grazas á plataforma multienerxía do Grupo PSA, poderíase adaptar para a chegada de modelos doutro tipo de combustible.

Peugeot tamén valorou as novas furgonetas medianas do grupo, que chegarán antes de final de ano aos mercados europeos con 230 ou 330 quilómetros de autonomía. Así, desde a compañía indicaron que prevén que un 70% dos clientes elixa a versión con maior autonomía, a pesar de que o 83% dos usuarios destes modelos circulan menos de 200 quilómetros ao día.

Entre outras características, os novos modelos eléctricos de PSA estarán dispoñibles en tres tamaños diferentes de ata 5,3 metros de longo e con 1.275 quilos de carga. Ademais, a maioría ten unha altura de 1,90 metros, que lle permite acceder aos aparcadoiros subterráneos.

Con 136 cabalos de potencia, o seu motor eléctrico alcanza unha velocidade máxima de 130 quilómetros por hora e acelera de 0 a 100 quilómetros por hora en 13,1 segundos.

O Goberno prevé unha caída do PIB do 9,2% este ano e unha taxa de paro do 19%

0

O Goberno prevé unha caída do PIB do 9,2% este ano e unha taxa de paro que se elevará ao 19%, mentres que para 2021 estima un repunte do 6,8% e un descenso da taxa de paro ao 17,2%.

Así o anunciou a vicepresidenta terceira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, en rolda de prensa en Moncloa para presentar o novo cadro macro e o Plan de Estabilidade 2020, onde destacou que a recuperación será en forma de ‘V’ asimétrica, cun descenso moi pronunciado e unha recuperación máis gradual.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed