InicioSociedade"Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar", o evento feminista...

“Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar”, o evento feminista da UVigo

A entrega do Premio Uviguala protagoniza a conmemoración virtual do 8M na Universidade de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo levará a cabo un acto virtual e aberto para conmemorar o Día Internacional da Muller, que será retransmitido en directo a través da canle de UVigoTV o vindeiro martes 9 de marzo a partir das 12:00 horas.

O acto comezará coa actuación musical da man do grupo galego Blues do País, formado por Bieita James e Pepe King, que serán, ademais, os que pechen o evento coa súa característica interpretación de música blues en galego. Tras esta actuación, o reitor da institución académica, Manuel Reigosa, presentará a celebración.

Baixo o lema “Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar”, búscase deixar patente a necesidade de incorporar á vida universitaria a perspectiva de xénero, entendida como “a mirada crítica que consiste en sinalar como transita a desigualdade das mulleres en todas as esferas de realización social a partir das grandes achegas proporcionadas pola teoría e o movemento feminista”, sinala a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez.

PREMIO DO COMPROMISO COA IGUALDADE DE XÉNERO

Por outra parte, este acto institucional servirá como marco para a entrega do noveno Premio do Compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, Uviguala 2021, que será presentado pola vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama.

Este premio representa o firme compromiso da institución por acabar coa desigualdade entre homes e mulleres, así como o recoñecemento ao esforzo e ao traballo desenvolvido nese sentido polas persoas galardoadas en todas as edicións.

CURSOS EN LIÑA

Seguindo co seu compromiso coa formación, aUnidade de Igualdade da Universidade de Vigo xa ten preparada unha nova edición doItinerario virtual de formación en xénero, un programa de cursos en liña que naceu a finais de marzo do ano pasado co que se pretende dar resposta ás necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria e que contou cunha gran acollida nas súas anteriores edicións.

Para a directora da Unidade de Igualdade, esta acción formativa da resposta á«forte demanda de formación en xénero e formación feminista, algo que resulta un reflexo dos cambios sociais que aconteceron na nosa sociedade dende hai cinco anos coa fortaleza do movemento feminista e, sobre todo, a resposta masiva de mulleres fronte as violencias sexuais que sufrimos polo feito de ser mulleres».

Así, con motivo do 11 de febreiro, lanzouse unha edición especial que inclúe a oferta de tres cursos centrados na incorporación da perspectiva de xénero á ciencia en xeral: Dimensión de xénero nos proxectos de I+D+i;  Mulleres e ciencia; e A inclusión da perspectiva e a análise de xénero na investigación e a innovación. Co prazo de inscrición aberto ata o 31 de marzo, a estes tres cursos súmanse a partir de hoxe outros cinco que veñen a completar o itinerario: Políticas públicas de igualdade, Pensar o amor no século XXI, Novas masculinidades, A prostitución no marco do capitalismo neoliberal, e Pornografía.

ÚLTIMAS

Vigo apaga “o mellor Nadal da historia do mundo”

Vigo apagou este domingo "o mellor Nadal da historia do mundo", tras preto de 60...

Piden máis de cinco anos de cárcere para tres acusados de estafar a inquilinos a través de contratos de aluguer de pisos

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o...

Prisión para os 9 detidos vinculados cos 1.000 quilos de cocaína intervidos nun colector no porto de Vigo

O xulgado de instrución 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza...

Abel Caballero sobre a AP-9:  “Se a xestionase Galicia non podería pagar a indemnización, España si”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este venres a gratuidade da autoestrada...