Inicio Blog Páxina 1598

Aprazado a setembro por segunda vez o Festival de Cans

0

A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu que a XVIII edición desta cita aprácese, como ocorreu o ano pasado, ata a primeira semana do mes de setembro, en lugar de regresar ás tradicionais datas en marzo.

En concreto, decidiuse que a cita se celebre entre o mércores 1 e o sábado 4 de setembro para “actuar con prudencia” e ter en conta a evolución da pandemia mentres avanza o proceso de vacinación.

O pasado ano, ao redor de 3.000 persoas pasaron por Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estritas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria, seguindo todas as normas de distanciamento. O festival optou tamén por vías seguras e alternativas á presenza física, como a retransmisión en streaming das principais actividades.

Ademais, incidiuse en medidas como trazar un “escudo protector” sobre as persoas maiores da aldea e diminuír tamén o número de ‘jalpóns’, xunto cunha redución do aforamento. Mesmo nestas circunstancias excepcionais, o festival discorreu “con total normalidade”, apuntan os organizadores.

Tendo en conta isto, nos próximos días, o festival comunicará as datas estipuladas para o envío de obras a concurso e os prazos marcados.

A Plataforma de Afectados polo Accidente do Marisquiño lamenta que o Concello se puxera “fronte as vítimas” e non “á súa disposición”

A Plataforma de Afectados polo Accidente do Marisquiño denunciou que as vítimas deban custear os seus tratamentos mentres as administracións “peléxanse por ver quen lle dá máis diñeiro á organización do festival ou quen pon máis lonas publicitarias”.

A través dun comunicado, o portavoz da plataforma e pai dunha das vítimas, Julio López, asegurou que esta entidade non se sitúa en contra do evento ao entender que beneficia a “a cidade e o tecido comercial”, pero si reprobou a xestión realizada respecto ao accidente do pasado verán. Nese sentido, acusou ao Concello de Vigo de situarse “fronte” ás vítimas e non “á súa disposición” desde “o primeiro día”.

Ademais, lamentou que pasase un ano desde que tivo lugar o suceso, que se saldou con 467 feridos, e que, con todo, os afectados carezan de información respecto ao proceso xudicial. Así, denunciou que aínda “haxa feridos sen valorar”. Nesa liña, criticou que se “tente dilatar” este proceso para que “acabe pasando desapercibido”.

Ante esta situación, advertiu que a plataforma continuará as súas reclamacións para que se determinen as responsabilidades do accidente e non se repita un suceso “similar”. Adicionalmente, Julio López demandou o peche da Comisión de Investigación levada a cabo no Parlamento de Galicia e a publicación das súas conclusións, actuacións que esperou que non se demoren “outro ano”.

Marea de Vigo advirte de que o plan de urbanismo vigués “non ten en conta a realidade social”

O grupo municipal Marea de Vigo advertiu este luns de que o primeiro documento do novo Plan Xeral de Ordenación Mmunicipal (PXOM), o informe sobre a metodoloxía e o diagnóstico socioeconómico, adoece de “importantes carencias”.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez, advertiu de que ese documento “volve consolidar o modelo de cidade que leva anos secuestrando o urbanismo vigués”, e que “non se ten en conta a realidade social, demográfica ou necesidades dotacionais”.

A ese respecto, sinalou que se repiten algúns dos “erros” que levaron ao cuestionamiento e denuncia do Plan do 2008, como a coñecida como ‘Rolda de Vigo’. “O novo equipo redactor se quere un desenvolvemento urbanítico diferente, queda constreñido a estes ‘mandamentos’ que lles entregaron, para que non se movan de aí”, engadiu.

Tamén advertiu de que é “imposible” que repita o modelo de progresión de número de vivendas que se recollía no plan anulado; e que mesmo os propios redactores apostan por “repensar a estratexia económica” do Plan Xeral.

Rubén Pérez sinalou, así mesmo, que non se pode priorizar a rehabilitación, como propón o informe, “e logo expor a recuperación de todos os ‘peris’ e ámbitos que recollía o plan do 2008”.

Finalmente, o portavoz de Marea apostou pola participación e por “buscar consensos” ao redor de algo tan vital para a cidade como o urbanismo, e volveu a pedir que todo o relacionado coa PXOM se debata nunha comisión de urbanismo e nun consello municipal de Urbanismo.

O alcalde acusa a Xunta de “pagar a Ryanair” para marchar de Vigo

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador vai recuperar os voos perdidos e retomar a senda de crecemento, e volveu a culpar á Xunta da marcha de Ryanair da terminal viguesa.

Preguntado polas cifras do aeroporto, que rexistrou un descenso do 7 % no número de viaxeiros nos primeiros 8 meses do ano, o rexedor olívico asegurou que Peinador ten “un crecemento sólido e moi forte”, pero que perdeu os voos de Ryanair “porque a Xunta lle pagou para que se fose de Vigo”.

Segundo o alcalde, a pesar diso, Peinador vai recuperar voos, e instou aos xornalistas a “preguntar á Xunta canto lle paga a Ryanair para que voe desde Santiago e non desde Vigo”.

Así mesmo, lembrou que a aeroliña pretendía asinar un contrato co Concello de Vigo no que nin sequera garantía que ía voar desde Peinador. “En Santiago quen lles paga? A Xunta, co diñeiro de Vigo”, sentenciou.

O Pozo do Inferno de Crecente completa a súa transformación

Cun investimento cercano aos 25.000 euros, a Consellería de Medio Ambiente rematou o novo mirador no Pozo do Inferno de Crecente mellorando tamén os accesos, con escaleiras e pasarelas en madeira.
O Pozo do Inverno (parroquia de Vilar) foi revalorizado nestes últimos anos con diversas obras, incluíndo as labores de recuperación do bosque de ribeira, indispensable para o desenrolo medioambiental do lugar.
Os traballos contan tamén con achegas do Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural, para o coidado e conservación dunha zona natural, a do río Ribadil, provista de diferentes especies que conforman unha vexetación autóctona.
Pola súa parte, Ana María Díaz, directora xeral de Patrimonio Rural, acentuou a contribución desta iniciativa para a dinamización do medio natural, e para que a sociedade galega poida disfrutar das paraxes naturais desta terra.

Expertos abordarán o impacto do cambio climático na iluminación en Vigo

0

Expertos abordarán o impacto do cambio climático, a contaminación e o custo da enerxía na iluminación no marco do Simposium Nacional de Iluminación, que terá lugar en Vigo entre o 29 de setembro e o 1 de outubro.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres na urbe olívica, o presidente do Comité Español de Iluminación (CEI), Fernando Ibáñez, celebrou que o evento vaia a ter lugar na cidade tras suspenderse en 2020 debido á pandemia.

Neste sentido, sinalou que o Simposio Nacional de Iluminación representa “o maior evento” organizado polo comité que preside e detallou que durante o mesmo terán lugar 88 relatorios e varias mesas redondas e conferencias maxistrais.

Así, Ibáñez incidiu na necesidade de realizar un “repaso” da lexislación nacional, europea e mundial para analizar o impacto de novos retos como o cambio climático, a contaminación, os prezos da enerxía e a evolución de produtos dedicados á iluminación durante o simposio.

Nesta liña, recalcou que o obxectivo é incrementar o confort das persoas mediante enerxía de menor custo e con “o mellor respecto ao medioambiente”. Así mesmo, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo o foco na necesidade dun intercambio de coñecemento e unha colaboración entre as institucións que permitan alcanzar “a maior eficiencia enerxética”.

Afectados pola explosión de Paramos queren que Xunta e Goberno central “aclaren” o decreto de axudas

0
A Asociación de Afectados Paramos- Guillarei de Tui (Pontevedra) solicitou unha reunión coa Subdelegación do Goberno tras analizar o Real Decreto-Lei 2/2019 do 25 de xaneiro, que amplía as axudas previstas polo accidente pirotécnico ocorrido o 23 de maio e no que faleceran 4 persoas. Ademais, a asociación tamén solicitará outra reunión coa Xunta de Galicia para “concretar e definir temas pendentes”, segundo informa a organización nun comunicado.
A entidade veciñal informou que a directiva se reunirá en breve coa corporación do Concello de Tui para abordar o desentullo e o decreto das axudas municipais. Doutra banda, o vindeiro martes 29 celebrarán unha asemblea de socios nas Penizas ás 21,00 horas. Ao finalizar todos estes encontros, expoñerán a súa “postura sobre o Decreto e outros puntos”, como o avance do rebo e os próximos movementos que farán.
O Goberno ampliou as axudas para os afectados pola explosión dunha pirotecnia ilegal na parroquia de Paramos en Tui (Pontevedra), que se saldou con dúas vítimas mortais e 37 feridos. O Real Decreto-Lei aprobado en Consello de Ministros este venres amplía as axudas financeiras e os beneficios fiscais concedidos para paliar os danos producidos polos temporais, incendios, inundacións e outros desastres ocorridos en 2018, entre eles, o do 23 de maio en Tui.
Entre outras medidas, ampliouse o prazo para solicitude as axudas e a supresión dos límites previstos na normativa a actual para que o Concello poida recibir axudas polos gastos causados.
AXUDAS
Tras a ampliación decretada polo Consello de Ministros, as axudas por falecemento ou por incapacidade absoluta e permanente ascenden a 18.000 euros; por destrución ou danos en aveños, ata 2.580 euros, e a establecementos industriais, mercantís e de servizos, incluídos os agrarios, marítimo pesqueiros, turísticos e doutros servizos, ata 9.224 euros.
En canto aos danos na vivenda, por destrución total cubrirase o custo dos danos cun máximo de 15.120 euros; por danos á estrutura ata o 50% dos danos cun máximo de 5.160 euros; por danos a elementos comúns dunha comunidade de propietarios, o 50% dos danos cun máximo de 9.224 euros e por destrución ou danos nos aveños domésticos de primeira necesidade, ata 2.580 euros.

Alerta na costa pola presenza das velenosas carabelas portuguesas

0

Dende a Costa da Morte ata o Morrazo, a fronte que azota estes días Galicia deixou tras de sí o varamento dun importante número de carabelas portuguesas (Physalia physalis).

Numerosos veciños alertaron nas redes sociais da súa presenza varadas nos areais do Morrazo, Marín e Carnota pese a non ser unha especie moi frecuente nestas latitudes dado que este tipo de hidrozoo frecuenta augas máis cálidas, neste caso a máis próxima sería a da corrente do Golfo, pero todo parece indicar a que o temporal consegui arrastralas ata a costa.

A súa picadura é moi velenosa, xa que contén sustancias neurotóxicas, citotóxicas e cardiotóxicas, producindo unha dor moi intensa como unha quemazón. Incluso existen casos rexistrados por morte por shock anafiláctico.

O Goberno galego prorroga ata final de ano a axuda ao aluguer a afectados pola explosión de Paramos

0

O Goberno galego aprobou a prórroga ata finais deste ano 2020 a axuda autonómica para o pago do aluguer das familias que aínda permenecen desprazadas tras verse afectadas pola explosión dunha pirotecnia en maio de 2018 na parroquia de Paramos, en Tui.

Así, a Xunta que deu luz verde a continuar axudando economicamente as nove familias que aínda están pendentes de regresar ás súas casas en construción ou rehabilitación.

En total, a ampliación desta cobertura económica suporá un desembolso de 23.500 euros para estas familias, que se viron afectadas pola demora no inicio das obras –ante a afectación da zona por amianto ou as limitacións de acceso á área da explosión– e a interrupción dos traballos pola pandemia.

Os beneficiarios continuarán percibindo ata finais de ano axuda económicas de entre 300 e 450 euros para o pago do aluguer.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed