InicioPolíticaMarea de Vigo advirte de que o plan de urbanismo vigués "non...

Marea de Vigo advirte de que o plan de urbanismo vigués “non ten en conta a realidade social”

O grupo municipal Marea de Vigo advertiu este luns de que o primeiro documento do novo Plan Xeral de Ordenación Mmunicipal (PXOM), o informe sobre a metodoloxía e o diagnóstico socioeconómico, adoece de "importantes carencias".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo advertiu este luns de que o primeiro documento do novo Plan Xeral de Ordenación Mmunicipal (PXOM), o informe sobre a metodoloxía e o diagnóstico socioeconómico, adoece de “importantes carencias”.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez, advertiu de que ese documento “volve consolidar o modelo de cidade que leva anos secuestrando o urbanismo vigués”, e que “non se ten en conta a realidade social, demográfica ou necesidades dotacionais”.

A ese respecto, sinalou que se repiten algúns dos “erros” que levaron ao cuestionamiento e denuncia do Plan do 2008, como a coñecida como ‘Rolda de Vigo’. “O novo equipo redactor se quere un desenvolvemento urbanítico diferente, queda constreñido a estes ‘mandamentos’ que lles entregaron, para que non se movan de aí”, engadiu.

Tamén advertiu de que é “imposible” que repita o modelo de progresión de número de vivendas que se recollía no plan anulado; e que mesmo os propios redactores apostan por “repensar a estratexia económica” do Plan Xeral.

Rubén Pérez sinalou, así mesmo, que non se pode priorizar a rehabilitación, como propón o informe, “e logo expor a recuperación de todos os ‘peris’ e ámbitos que recollía o plan do 2008”.

Finalmente, o portavoz de Marea apostou pola participación e por “buscar consensos” ao redor de algo tan vital para a cidade como o urbanismo, e volveu a pedir que todo o relacionado coa PXOM se debata nunha comisión de urbanismo e nun consello municipal de Urbanismo.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...