Inicio Blog Páxina 1582

Morre un home ao sufrir un corte cunha motoserra en Cangas

0

Un home faleceu ao sufrir un corte coa motoserra que manexaba nuns terreos da súa propiedade na parroquia de Aldán, en Cangas.

Segundo informou este venres o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 12,00 horas, cando un familiar do home pediu asistencia médica urxente para o home.

Tras recibir o aviso, o 112 solicitou a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, a pesar dos esforzos, nada puido facer para salvarlle a vida.

Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou da situación aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, informouse os bombeiros do Morrazo e aos membros de Protección Civil da localidade.

O Sergas explica que non se podía cubrir a praza de pediatra en Bueu porque “hai paro cero”

A xerencia sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorporará o vindeiro martes 26 de marzo un profesional de Pediatría que se fará cargo da atención sanitaria infantil ordinaria no centro de saúde de Bueu xunto co que xa prestaba este servizo na localidade.

Segundo informou a xerencia pontevedresa, esta incorporación “permite recuperar a situación previa á existente en Bueu antes da resolución do concurso aberto e permanente do Sergas do pasado mes de outubro”.

Respecto diso da situación, o Sergas explicou que, aínda que a EOXI de Pontevedra e O Salnés “dispoñen permanentemente de dúas prazas de Pediatría de Atención Primaria asignadas no centro de saúde de Bueu”, a atención sanitaria infantil prestábase “provisionalmente desde o pasado mes de outubro de 2018 por só un pediatra nesta localidade”.

Neste sentido, a xerencia sanitaria da zona lembra que nesta especialidade “hai paro cero”, de modo que “non se dispón de pediatras nas listas de contratación, do mesmo xeito que ocorre noutras áreas sanitarias de Galicia e noutras comunidades autónomas”.

“Esta indispoñibilidade de efectivos para incorporar ao sistema sanitario público foi a que dificultou ata o de agora a cobertura da segunda praza de Pediatría de Atención Primaria do centro de saúde de Bueu”, concluíu.

Tato Lorenzo, aquel inquedo anarquista nado en Mondariz que denunciou a ditadura rusa

0

Xosé Tato Lorenzo naceu o 22 de decembro de 1886 no Concello de Mondariz. O seu lugar natal era moi coñecido desde a antigüidade polas augas termais e medicinais. O pintoresco río Tea que baña as súas terras e o verdor da súa paisaxe fórono convertendo en zona de veraneo e descanso.

A poucos quilómetros da súa aldea está a cidade de Vigo, cidade que un anarquista, Ricardo Mella, convertía en faro das ideas libertarias. Cando Xosé contaba con trece anos os seus pais deciden emigrar ao Brasil.

Foi o 30 de novembro de 1900 cando se embarcou nun trasatlántico cargado de emigrantes rumbo ao novo mundo. Atrás quedaba o duro traballo no campo. O 20 de decembro Xosé chega a Río de Janeiro en compaña do seu pai. Durante dous días percorren fascinados as belezas desta cidade.

O 22 dese mes, cando el cumpre 14 anos, cos poucos aforros que tiña merca un billete de tren cara ao sur deste grande país. Os seus primeiros padecementos comezarán nesta viaxe xa que Xosé non preveu que a mesma duraría moitísimas horas.

A falta de cartos para poder comer fíxolle pasar fame. Segundo conta o seu amigo Ricardo Vicente Accurso, “Tato tivo que deixar o tren e emprender a viaxe a pé. Ocorreu tal cousa o 6 de xaneiro de 1901. Ante as continuas choivas tivo que se trasladar por camiños lamacentos, atravesar fragas frondosas, etc, ata que ao día seguinte chegou ao enxeño “La Branca” e así puido reunirse co seu pai”.

O un de febreiro ambos se trasladaron ao pequeno lugar de Bara de Bacalhe. Logo pai e fillo proseguen viaxe por barco e ferrocarril ata Río Grande do Sur onde o 22 de maio consegue empregarse.

Ata daquela, ao igual que o seu pai, pasaron momentos moi difíciles nun país que descoñecían e con grandes distancias. Naqueles anos o traballo nas facendas era un sistema de semiescravitude. O entrar era fácil mais o saír signficaba a morte.

Pai e fillo resolven deixar este país e o pai trasládase primeiro a Uruguai. Tato Lorenzo chega a Montevideo o 12 de xullo de 1902. Aos poucos días, o 20, reencóntrase co seu pai e trasládanse a vivir ao lugar o 25 de agosto.

Montevideo e as vilas máis poboadas do interior estaban en plena efervescencia libertaria. En 1903 debido a certos enfrontamentos de carácter político co seu pai decide trasladarse a Montevideo. Nesta cidade acorda adicarse por completo ao seu ideal anarquista. Namentres o seu pai desalentado retorna a Galiza o 4 de marzo de 1903.

Malia que Montevideo era unha cidade onde prendía con certa facilidade o ideario anarquista, en Bos Aires as ideas libertarias e as súas accións tiñan maior magnitude. Esta situación lévao a cruzar o río e instalarse en Rosario, provincia de Santa Fe.

O 8 de agosto de 1904 sofre a primeira reclusión xa que a policía o detén por anarquista co obxectivo de lle aplicar a Lei de Residencia, recentemente promulgada para reprimir aos extranxeiros de ideas maximalistas. O 1 de marzo de 1905 sae da cadea e trasládase a Bos Aires. Nesta cidade coñece a Tomasa Álvarez, de orixe galega, coa que casa en decembro dese ano.

A súa primeira filla naceu en 1906 falecendo aos poucos meses. A familia de Tato Lorenzo establécese en Lanús, nos arredores do grande Bos Aires. Esta barriada era a elixida polos emigrantes galegos neses anos. Neste novo fogar nace a súa segunda filla á que lle pon o nome de Urania. Era moi común nos anarquistas poñerlles aos seus fillos nomes que estiveran vinculados coa natureza.

Tato Lorenzo ganaba a vida traballando de `canillita´, vendedor de diarios. Durante os anos 1908 e 1909 Tato realiza unha activa militancia sindical e a través dos xornais anarquistas colabora activamente no emblemático xornal “La Protesta”. O 31 de decembro dese ano é detido co obxectivo de ser deportado.

O 10 de xaneiro de 1910 parte no vapor Frisia; no porto quedaba a súa esposa Tomasa embarazada e a súa filla Urania. O barco que o traslada de Montevideo a Galiza ten un estrago mecánico e volve a Bos Aires. A noticia éncheo de ledicia ao poder estar cos seus. O 5 de abril nace o seu fillo Ariel. Mentres, Tato espera ata novembro para ser expulsado esta vez no vapor italiano Princesa Mafalda. O 3 de decembro chegaba a cidade de Barcelona. En 1911 atopamos a Tato como profesor dunha escola racionalista dirixida por unha irmá de Sebastián Suñé que coñecera en Bos Aires.

Malia a solidariedade recibida polos seus compañeiros anarquistas de Cataluña Tato sente a necesidade de volver. O 30 de xaneiro de 1912 abandona Barcelona e trasládase ata Vigo. Durante algúns días está na súa aldea á espera de conseguir algún barco e marchar de polisón. Ante a dificultade de embarcar, trasládase a Porto, e de alí a Lisboa, onde logra introducirse no vapor “Oropesa” rumbo a Uruguai.

O 5 de marzo estaba novamente en Montevideo e aos poucos días xa estaba traballando como xornalista no diario “La Tribuna Popular”, reuníndose coa súa familia, que se traslada desde Bos Aires. 1912 será un ano de moi intensa actividade xa que por un banda funda o seu primeiro xornal “ANARKOS”, pola outra, as súas longas ausencias van deteriorando a súa relación afectiva coa súa compañeira.

Durante ese ano Tato comezará unha apaixonada relación sentimental con Teresa Cocita, destacada militante anarquista. A relación entre ambos remata en matrimonio e con varios fillos: Mirtho, Alba, Helios e Rub. Tato Lorenzo non para no seu labor xornalístico, e o 29 de outubro de 1916 funda o xornal “El Hombre”.

Coa revolución rusa de 1917 Tato posiciónase cos sectores intransixentes do anarquismo e denuncia o carácter dictatorial desta. No seu xornal e noutros de orixe libertaria ábrese un apaixonando debate sobre o carácter desta revolución. Desde o outro xornal “La Batalla” de ideoloxía anarco-bolxevique xorde unha provocación doutro anarquista que intenta asasinalo dunha puñalada. Tato Lorenzo sae ileso deste atentado producto do fanatismo que producira a primeira revolución obreira triunfante.

Tato edita o seu xornal “El Hombre” ata o 20 de febreiro de 1931. En agosto de 1944 aparece o último dos xornais de Tato, chamado “Inquietud”, publicación mensual de carácter político cultural que contaba con ilustracións do gravador Juan Pardo. Este xornal editarase ata setembro de 1950. Tato Lorenzo colaborou tamén con numerosos xornais de pensamento anarquista, entre eles “Voluntad” e “Solidaridad”.

A súa última grande batalla ideolóxica deuna contra o desviacionismo anarco-guevarista ou guerrilleirismo xa que segundo el: “Todo isto toleou á mocidade, completamente desorientada e cegada, facéndoa “avanzar” como os caranguexos cara ao espantoso servilismo do totalitarismo estatal”.

O 20 de setembro de 1969 faleceu no Hospital de Clínicas de Montevideo cando contaba con 83 anos. A súa morte provocou fondo pesar nos círculos anarquistas de todo o mundo. A destacada libertaria Federica Montseny despedía así a Tato nas páxinas do semanario ESPOIR: “Xa non volveremos saborear as súas admirables “GOTAS DE MEL E ASENTE”. Ata o último momento o seu espírito vivo, a súa pluma áxil, o seu corazón aberto, estiveron atentos a todas as inquedanzas do pensamento e a todos os anceios de superación mental e social. A súa morte, en idade moi avanzada, debíase producir un día ou outro. Non importa. Críamos que ese carballo resistiría aínda os embates do tempo”.

Moaña celebra a súa primeira Festa da Diversidade: teatro, danza e música para reclamar unha educación sexual diversa

O Concello de Moaña celebrará os días 1 e 2 de xuño a primeira edición da súa Festa da Diversidade, que consistirá en diferentes actividades e actos deseñados polo colectivo de veciños e veciñas LGTB de Moaña xunto co Concello.

O Venres 1 ás 20:30 celebrarase a inauguración no parque do Concello, xunto ao banco da diversidade, un banco pintado coas cores do colectivo LGTB “co que pretendemos visibilizar e normalizar a existencia do colectivo e da diversidade afectivo-sexual“, subliñan dende a organización. Após da inauguración, no propio parque, chegará a actuación da Compañía Cisma, co espectáculo de danza “Entrenanas e Cascallos”.

O sábado 2, no parque da Xunqueira, a festa comezará ás 20:00 co espectáculo teatral “Impro-Diversa” realizado pola compañía de teatro Moito Morro Teatro, expresamente para esta festividade.

Despois do teatro tócalle o turno ao grupo vigués Broken Peach a partires das 22:00. Para rematar, a festa contará co espectáculo a cargo da Drag Queen Angélica Naia, a partires das 23:45 e por último co DJ Adrián Rios a partires das 00:30. Haberá servizo de barra o sábado 2, no Parque da Xunqueira, a cargo da A.C A Fontenla.

O Concello de Moaña defende esta festa como “unha celebración totalmente necesaria nos tempos que corren, uns tempos nos que as persoas pertencentes ao colectivo LGTB seguen a sufrir ataques e os seus dereitos son vulnerados a diario simplemente por vivir a súa vida afectivo-sexual dun xeito diferente ao que impón o heteropatriarcado”.

Cartel da Festa / Concello de Moaña

“A igualdade entre persoas é unha máxima fundamental á que ningunha sociedade debe renunciar“, lembran, e polo tanto A Festa da Diversidade de Moaña tratará de ser “un gran de area para levar a todos os recunchos do noso concello a diversidade de sentir, manifestar e exercer a nosa sexualidade, tentando ser un axente normalizador neste ámbito”.

Aproveitarán este acto festivo tamén para reclamar unha educación sexual diversa nos centros de ensino, un dos lugares onde o ataque hacia a diversidade sexual “faise evidente e palpable”: “Educar en diversidade e nutrir ao colectivo LGTB de xente comprometida cos dereitos e liberdades das persoas é fundamental para loitar contra os ataques e desigualdades sociais”.

Dende o Concello de Moaña entenden que “normalizar e educar na diversidade sexual e no feminismo, como pezas fundamentais para derrubar o sistema heteropatriarcal no que vivimos, é dunha importancia maiúscula”.

E polo tanto consideran á festa da Diversidade de Moaña “unha pequena axuda que fará avanzar á sociedade, xa que a sociedade xusta que todas buscamos pasa necesariamente por respectarnos e valorarnos como persoas libres e sen sometementos”.

AER, que deixará o goberno de Redondela en setembro, pide investigar unha posible infracción ambiental da alcaldesa

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) remitiu un escrito á Dirección de Cambio Climático da Xunta de Galicia, no que solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que investigue unha posible infracción ambiental por parte da alcaldesa da localidade, a socialista Digna Rivas, en relación coa limpeza das praias mediante métodos mecánicos “agresivos”.

Dáse a circunstancia de que a Agrupación de Electores anunciou hai dúas semanas que abandonará o goberno local cando empece setembro, tras a crise aberta cando a rexedora retirou as súas competencias ao concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, sobre a limpeza de praias. O conflito suscitouse pola discrepancia entre ambas as formacións acerca da forma en que debía acometerse esa limpeza (AER pedía que se fixese de forma manual e a alcaldesa decidiu que dita actuación non podía atrasarse ante as queixas dos veciños pola existencia de gran cantidade de algas nos areais) Así, tras rexeitar o PSdeG a petición de AER de que Digna Rivas dimitise, a ruptura do pacto farase efectiva cando acabe agosto.

Neste escenario, AER comunicou este mércores o rexistro deste escrito, no que pon de manifesto que a limpeza das praias de Redondela está a facerse de forma inadecuada desde mediados de xullo, sen ter en conta que a praia de Cesantes, na enseada de San Simón, pertence á Rede Natura 2000.

Así, alude a un informe técnico municipal no que se recolle que os métodos utilizados na devandita praia supoñen “a eliminación total de arribazón (afluencia de peixes) nunha zona de especial protección”. Respecto diso, infórmase o uso dunha pa escavadora para extraer algas de forma “indiscriminada”, o que significa “unha destrución do sistema intermareal non só a nivel estrutural senón tamén a nivel de fauna”.

AER lembrou que a enseada de San Simón debe estar protexida ante este tipo de actuacións, que producen a “destrución” do ecosistema intermareal e a retirada de grandes cantidades de area, “que xa non se recuperan”, así como a “interrupción da cadea trófica” e a “extinción de fauna necesaria”.

Tamén alertou doutras consecuencias, mesmo económicas, para o Concello de Redondela, e da “perda de confianza” de entidades como a Universidade de Vigo (“ao romper o traballo de colaboración” iniciado coa institución), a Confraría de Pescadores, ou o Ministerio de Transición Ecolóxica.

O informe técnico, incidiron desde AER, tamén reflicte a afección ao sistema dunar da praia de Cesantes polo uso de “maquinaria inadecuada” e conclúe que as actuacións realizadas “non son legalmente establecidas para esa zona, incluída na Rede Natura 2000, supondo na súa continuidade un grave risco para a conservación e mantemento da zona intermareal da praia”.

AER traslada ao BNG a necesidade da dimisión da alcaldesa de Redondela para “conservar un goberno progresista”

Evacuado un traballador que sufriu queimaduras nun pozo en Vigo

Un home que sufriu diversas queimaduras tras producirse unha deflagración de gas no interior dun pozo situado en Vigo no que traballaba foi evacuado.

O incidente produciuse no lugar de Moledo, na parroquia de Sárdoma, pouco antes das 13,00 horas, cando os operadores do 112 Galicia foron informados os servizos médicos dun accidente laboral ocorrido nun pozo.

Segundo os datos recollidos polo centro de atención ás emerxencias, o traballador foi alcanzado por unha onda expansiva mentres soldaba uns ferros do interior da escavación e sufrira diversas queimaduras nos brazos.

Posteriormente, o 112 Galicia alertou do ocorrido aos Bombeiros de Vigo, aos axentes da Policía Local e Nacional e a Protección Civil. Unha vez no lugar, a patrulla da Policía Nacional de Vigo confirmou que o operario precisara ser trasladado.

Arde unha parte dunha casa en Nigrán

0

Un incendio rexistrado en Nigrán despois das 10,00 horas, afectou ao interior dun domicilio, en concreto un dos cuartos da casa.

Os xestores do 112 Galicia tiveron constancia do feito mediante a chamada do 061. Nela, unha persoa informaba de que ardía parte da súa vivenda pero descoñecía onde se orixinou o lume.

O CIAE-112 deu aviso aos Bombeiros do Porriño e de Vigo, aos membros do GES do Val Miñor, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil do concello.

Os medios desprazados ata o punto confirmaron ao 112 que arderon aparellos eléctricos e mobiliario da vivenda, sen ter que lamentar danos persoais.

Caballero lémbralle a Feijóo as súas “plenas competencias” en materia de industria en referencia ás Pontes

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a “deixar a política de confrontación” co Goberno central e lembroulle que Galicia ten “plenas competencias” en materia industrial.

En declaracións aos medios durante unha visita á feira Conxemar de Vigo e ante a intención de Endesa de acelerar o peche da súa central térmicas das Pontes, Gonzalo Caballero pediu a Feijóo e ao conselleiro de Economía, Francisco Conde que se “involucren” coa industria galega e “non se poñan de perfil”.

Sobre esta cuestión, o xefe de filas dos socialistas galegos lembrou que o Estatuto de Autonomía de Galicia dá “plenas competencias” á Xunta de Galicia polo que teñen “altas responsabilidades” en materia industrial.

“Cando hai dificultades industriais, a Xunta de Galicia ten que impulsar e non permitir ningún tipo de retroceso”, sinalou o socialista, que emprazou a Feijóo a “deixar a política de confrontación” e “porse a traballar á beira do Goberno de España, dos traballadores, de todo o sector industrial para liquidar os problemas que hai”.

BARRERAS

Na súa intervención, Gonzalo Caballero tamén se referiu a a situación do estaleiro Barreras. Así, lembrou que cada vez que Feijóo viaxaba a México prometía “moitos investimentos en Galicia” en referencia á construción de distintas embarcacións nestas instalacións.

“Facía unha propaganda e un botafumeiro que logo non se cumpría”, sinalou nunhas declaracións nas que tamén aludiu ás “dúbidas” que, segundo indicou, existen sobre “actitudes e comportamentos” dentro da petroleira mexicana Pemex.

“Agora hai un problema real na industria de Vigo, no estaleiro de Barreras, que mostra o erro na estratexia e falta de planificación de Feijóo, que parece que cos seus amigos alcanza grandes acordos para vender fume que non se concreta en avances para Galicia”, manifestou.

Por todo iso e tras os últimos acontecementos no estaleiro, considerou que se debe”resetear” a situación industrial do estaleiro, “en contacto con Pemex e as novas autoridades mexicanas para conseguir” solucionar o problema.

CONXEMAR

O secretario xeral do PSdeG fixo estas declaracións durante a súa visita á feira de Conxemar, evento que, conforme sinalou, “contará con todo o respaldo dun goberno socialista á fronte da Xunta” para que “siga sendo punteiro”.

Ademais, trasladou tamén todo o “respaldo” dos socialistas galegos ao sector pesqueiro. “Galicia e Vigo, son capital mundial da pesca, somos mar, somos referencia internacional en actividade pesqueira”, destacou.

O Festival de Cans bate a súa marca de curtametraxes inscritas, con 255 producións galegas

O Festival de Cans, que se desenvolverá do 22 ao 25 de maio, bateu este ano de novo a súa marca de curtametraxes inscritas nas seccións oficiais a concurso, con 255 producións galegas, fronte ás 252 da anterior edición.

Así, a organización informou de que recibiu 85 curtametraxes de ficción, 49 de non ficción, 12 obras de animación e 87 videoclips. Así mesmo, inscribíronse outras 22 obras en diferentes formatos que, nalgúns casos, comporán as diversas seccións paralelas do festival.

O comité de selección das obras deberá valorar ‘curtos’ de artistas galegos asentados non só de Galicia, senón tamén procedentes de lugares como Madrid, Barcelona, Valencia, Inglaterra, Estados Unidos ou Italia. A organización explicou que baralla ampliar o número de pezas a concurso na sección ‘Furacáns’ (non ficción), debido ao “gran éxito” do pasado festival.

No que respecta aos videoclips, nesta edición do Festival de Cans presentáronse obras de moi diversos estilos e para músicas que van desde o hip-hop, ata o pop, pasando por música electrónica, rock, folck ou trap.

Por outra banda, a organización segue buscando patrocinadores a través da campaña ‘Apadriña un jalpón’, que desenvolve a asociación Arela (promotora do festival), para que empresas asocien a súa marca a un dos ‘jalpóns’ onde se realizan as proxeccións do Festival de Cans.

Identifican o autor duns disparos realizados contra un hotel de Vigo e incáutanlle unha arma

Un home de 26 anos nado e residente en Vigo foi identificado como autor das marcas de disparos rexistradas nun hotel da cidade e incautáronlle unha arma, entre outros obxectos.

A Policía Nacional detallou nun comunicado que a investigación se iniciou despois de que a responsable do establecemento contactase co corpo de seguridade para informar de que o persoal de limpeza detectara danos en cristais de xanelas exteriores da segunda planta.

Tras levar a cabo unha comprobación inicial, observouse que se trataba de marcas que podían corresponder a disparos. Por iso, a Brigada da Policía Científica realizou unha inspección técnico-policial co obxectivo de determinar as posibles traxectorias e puntos de partida dos proxectís.

Posteriormente, identificouse ao presunto autor, que residía nunha vivenda próxima, e interviñéronselle unha pistola de aire comprimido, 24 botellas de aire, unha bolsa de perdigóns e unha arma simulada.

Ademais, entregóuselle a acta de incautación de armas e outros medios de agresión, que se remitiu para levar a cabo a proposta de sanción.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed