Inicio Blog Páxina 1063

O Festival Underfest Son Estrela Galicia homenaxeará ao compositor Morricone

0

O Festival Underfest Son Estrela Galicia incluirá entre a programación da súa terceira edición, que terá lugar o próximo fin de semana en Vigo, unha homenaxe ao compositor Ennio Morricone.

En concreto, o evento arrincará o vindeiro venres, cando máis de 60 músicos da Orquestra Clásica de Vigo interpretarán as obras máis emblemáticas do compositor italiano o Teatro Afundación, segundo precisou a organización do evento.

Así mesmo, o vindeiro sábado o auditorio do Concello olívico acollerá as actuacións de Branco Palamera, Rusowsky e Mori. Do mesmo xeito, Belako, Perico Ramírez e Egosex completarán o cartel do festival na terraza do Auditorio Mar de Vigo o vindeiro domingo.

As entradas para os concertos enmarcados no festival, cuxo aforamento será reducido para garantir o cumprimento das medidas de seguridade, poden adquirirse a través da páxina web de Ataquilla. Así, poderanse comprar pases diarios ou un abono especial para os días 26 e 27.

Coñece o patrimonio tudense a través da rede

0

Tui conta cun importante patrimonio cultural, sendo este unha das súas principais sinais de identidade, así coma un dos seus destacados recursos turísticos. Precisamente, nestes días de corentena, o concello tudense publicou unha compilación de recursos accesibles en liña para visitar este patrimonio e afondar no seu coñecemento. 

Un destes recursos é o propio apartado dedicado ao turismo na web municipal www.tui.gal, onde hai información sobre o recursos patrimoniais culturais da cidade coa súa historia, imaxes e vídeos. Na Galería atopamos albumes de fotografías do Camiño Portugués, a Catedral de Santa María, o Conxunto Histórico, ou Tui dende o Ceo

Na canle de Vimeo do Concello de Tui pódense visionar distintos vídeos coma “Tui, cidade histórica, natural, monumental…”, “Tui, Porta do Camiño”, ou “Ruta Xudía”.

“Dende a Concellería de Patrimonio compílanse estes recursos on-line para mellorar o coñecemento dos recursos patrimoniais do noso municipio dende o convencemento de que este coñecemento implicará unha mellor valoración e conservación do mesmo”, apunta o concello nun comunicado. 

Ademais, lembra que cando remate este período de confinamento, Tui “estará agardando a todos os visitantes e turistas cunha acreditada oferta turística que, abofé, irá pouco a pouco recuperando normalidade á medida que se vaian levantando as medidas de confinamento”.

No Entroido, Vigo máis verde e peonil

A asociación Vigo Histórico aproveitou o Entroido para poñer en marcha unha protesta lúdica a prol dun Paseo de Alfonso peonil e sen túnel. O olivo foi o símbolo máis representativo da protesta.

O mellor restaurante de arroces de España non está en Valencia… Está en Vigo

O restaurante MalaSangre Food & Club de Vigo foi designado gañador do III Edición do concurso ‘Mejores Arroces de España 2019, que se celebrou este mércores en Murcia. En concreto, a mellor receita de arroz de España é un “marisqueo e o seu arrociño con infusións e emulsións de mar e terra” é obra do chef Juan David Couñago, segundo informan nun comunicado.

“Quixemos facer un arroz que respecte moito a tradición, pero dándolle unha volta. O segredo está no sofrito e o caldo e, sobre todo, nunha cocción calculada ao milímetro”, explicou Couñago.

Entre os reputados chefs que elixiron este arroz atópase Kiko Moya, que posúe dúas estrelas Michelin no seu restaurante L’Escaleta de Cocentaina (Alacante); Estrella Carrillo, presidenta da Asociación de Restaurantes da Rexión de Murcia e chef do restaurante Santa Ana; Rebeca Hernández, membro de Facyre e chef do restaurante La Berenjena de Chamartín, e Peio Cruz, chef executivo de Unilever Food Solutions, compañía que conta con máis de 200 chefs en todo o mundo que dan resposta aos profesionais da restauración.

Á final do concurso, organizado por Unilever Food Solutions e Knorr co apoio da Federación de Cociñeiros e Reposteros de España (Facyre) e de Hostalaría de España, chegaron receitas de “gran nivel” que mostran a gran variedade de pratos de arroz que existen en España.

Detido en Vigo por agredir á súa parella, á que tapou a boca para que non pedise axuda, antes de pechala nun baño

0

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, D.F.R., de 34 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero e outro de atentado a axentes da autoridade, despois de agredir a súa parella, á que tapou a boca para que non pedise axuda, antes de encerrala nun cuarto de baño.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do domingo, cando unha testemuña alertou ao 092 de que acababa de ver un home agredindo a unha muller, á que tapaba a boca para que non berrase, e á que metera á forza nun local comercial.

Cando chegaron os efectivos policiais e accederon ao establecemento, atopáronse cun home espido e mollado, moi alterado, que tentaba pechar a porta dun baño, mentres alguén desde dentro berraba e trataba de abrila.

O sospeitoso, en actitude hostil, increpou os axentes, aos que tratou de impedir o paso, mentres lles cominaba a que se fosen da súa casa. O home tivo que ser reducido para ser detido

Pola súa banda, a muller rescatada relatou aos axentes que tivera unha discusión acalorada con quen é a súa parella desde hai 6 meses, e que, cando tratou de abandonar o domicilio, D.F.R. quixo impedirllo, pechándoa no baño contra a súa vontade. Así mesmo, explicou aos policías que as disputas coa súa parella se producen constamente.

Greenpeace pide a PSA Vigo que acelere a produción de vehículos con cero emisións

Greenpeace urxe ao Grupo PSA que acelere a produción de vehículos cero emisións para cumprir cos obxectivos de emisións e para evitar a obsolescencia das súas marcas. A ONG presentou un informe en vésperas do Salón do Automóbil de Frankfurt no que o Grupo PSA figura como o noveno fabricante de coches que máis CO2 emite.
Nun comunicado, admite que a recente incorporación de vehículos 100% eléctricos nos modelos que PSA fabrica en España (como o Opel Corsa ou o novo Peugeot 2008) colocan ás factorías do grupo na boa dirección. Sen embarco, Greenpeace considera esta evolución insuficiente, xa que ata 2025 non estarán dispoñibles en todos os modelos, mentres que a fabricación de diesel e gasolina alongarase “sen unha data final definida”.
Por este motivo, Greenpeace considera que PSA debe acelerar os seus plans de electrificación, aproveitando que as novas plataformas de produción multienergía instaladas en Vigo xa permiten producir vehículos máis limpos. No seu informe ‘Aceleradores do cambio climático’, a ONG recalca que a industria do automóbil é responsable do 9% dos gases de efecto invernadoiro.
Este estudo cuantifica as emisións dos vehículos fabricados en 2018 durante todo o seu ciclo de vida e responsabiliza aos fabricantes do seu ” inacción” para cumprir cos compromisos de redución de CO2 fixados pola ONU. Dentro dos 12 fabricantes máis “sucios”, o maior emisor é o grupo Volkswagen (fabricante de SEAT, Skoda e Audi), o cal, xunto a Renault- Nissan, Toyota, General Motors e Hyundai- Kia, completan o ‘ top 5’ dos máis contaminantes da industria do automóbil.
O Grupo PSA, que integra marcas como Peugeot, Citroën e recentemente Opel, vendeu 4 millóns de vehículos en 2018, un de cada dez producidos en Vigo. Estas cifras colocan ás marcas do grupo como o noveno fabricante máis contaminante no ranking elaborado por Greenpeace. Greenpeace denuncia que a industria do automóbil está lonxe de cumprir os obxectivos de redución de emisións fixados pola ONU e a Unión Europea.
Abunda en que as “escasas” melloras debidas á eficiencia e aos novos modelos híbridos ven anuladas pola constante promoción de coches máis grandes como os SUV, máis contaminantes polo seu peso e dimensións. En Europa, a cota de mercado de SUV cuadriplicouse na última década, mentres que en Estados Unidos case alcanzou o 70% en 2018.
Para cumprir o obxectivo do Acordo de París, Greenpeace demanda aos gobernos e aos fabricantes que acaben en 2028 coa venda de vehículos diesel e gasolina, mesmo híbridos. Greenpeace advirte das consecuencias que a falta de innovación poden provocar nun sector moi dependente do mercado exterior, o cal demanda cada vez máis vehículos limpos e cero emisións.

 

Detido o presunto autor de máis de trinta roubos en vivendas e garaxes en Baiona

A Garda Civil detivo a un veciño de Baiona, de 43 anos, ao que se lle atribúen preto de 30 delitos de roubo e furto en vivendas e garaxes da localidade. As investigacións da Garda Civil de Baiona-Nigrán iniciáronse por mor da proliferación de roubos que se estaban producindo en garaxes e trasteiros do mesmo edificio situado no núcleo urbano de Baiona.

Esta situación permitiu establecer unha liña de investigación para valorar a posibilidade de que o presunto autor puidese ser algún residente do edificio, segundo informou a Garda civil mediante un comunicado.

Así, os axentes atoparon indicios que lles levaron a sospeitar dun dos veciños, despois de valorar os seus antecedentes policiais e o seu perfil de consumidor habitual de estupefacientes, que a Garda Civil sostén que podería ser a causa dos roubos cometidos.

Nesta investigación realizáronse controis e seguimentos ao presunto autor e recolléronse mostras nos lugares onde se cometeron os roubos por parte do Equipo Básico de Inspección Ocular (EBIO), que permitiu a detención deste veciño, en principio, como presunto autor dunha ducia de furtos durante este ano.

Despois da súa detención e a través das xestións realizadas nos establecementos de compra venda de obxectos de segunda man, a Garda Civil vincúlao a outros 18 roubos e furtos cometidos durante os últimos anos noutras vivendas, vehículos e algúns locais.

Ademais, recuperouse un importante número de obxectos subtraídos que tiña gardados no seu domicilio e que se están devolvendo aos seus propietarios. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Vigo, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

Teis, récord en contaminación acústica grazas á AP9, continúa agardando as medidas de Fomento

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria na Cámara para esixirlle ao Ministerio de Fomento que proceda á instalación urxente das medidas correctoras anti ruido na entrada da AP-9 en Vigo, á altura de Teis.

Fernández lembra que os veciños e veciñas de Teis levan anos demandando medidas debido ao grande impacto acústico que causa a autoestrada ao seu paso por esta zona: “De feito, figura en diversos estudos como unha das áreas de maior contaminación acústica do Estado. Afecta a moitas persoas posto que estamos a falar de áreas de importante peso poboacional”.

Fernández explica que o Ministerio de Fomento incluiu medidas anti ruído na Segunda Fase do Plan Nacional de Acción contra o Ruído, iniciativa que foi esperanzadora para os veciños e veciñas.

“Mais, o tempo pasou e seguen igual. Os habitantes de Teis teñen que continuar a convivir co constante ruido do paso dos coches a toda velocidade. Circunstancia que interfire de xeito agresivo na calidade de vida, na saúde e na convivencia normal. Non poden continuar á espera dunhas medidas que non dan chegado”, subliña.

A deputada de En Marea sinala que o Consello de Ministros do pasado 26 de outubro aprobou o Real Decreto polo que se aproba a adenda ao Convenio entre a Administración Xeral do Estado e Autoestradas do Atlántico, concesionaria, polo que se modifican determinados termos da concesión para a construción, conservación e explotación da AP-9, en cuxa adenda contémplase adoptar medidas para “a redución do ruido sen concretar nin especificar nada”.

“Desde En Marea, consideramos que non se pode dilatar máis a ubicación de pantallas anti ruido, e emprazamos a Fomento a tomarse en serio este problema e a adoptar as medidas precisas para atallalo. A que se debe o retraso na instalación de medidas anti ruido? Por qué non se efectivizaron aínda? Cando vai proceder a materializar esta demanda?”, pregúntanse.

O Concello de Vigo terá que indemnizar con 22.700 euros a unha veciña que se lesionou ao escorregar nunha lousa rota

O xulgado do contencioso administrativo número 2 de Vigo condenou ao Concello da cidade a indemnizar en algo máis de 22.700 euros a unha veciña que, en maio de 2016, sufriu unha caída tras escorregar ao pisar unha lousa rota na céntrica rúa Urzáiz.

Inicialmente, a sala fixara a indemnización na metade, aínda que posteriormente rectificou a sentenza a petición da demandante e emitiu un auto aclaratorio no que recoñece que a compensación ten que ser de 22.711 euros, dos que a metade xa foron abonados.

O proceso remóntase ao ano 2019, cando esta viguesa acudiu á vía administrativa para reclamar a responsabilidade patrimonial correspondente tras o accidente, que lle causou lesións e provocou que tivese que ser sometida a rehabilitación de longa duración. Aínda que inicialmente a administración local tratou de ampararse na prescrición dos feitos, acabou aceptando a reclamación e fixando a indemnización en 22.700 euros.

Ao tratarse dunha contía maior de 15.000 euros o Concello tivo que solicitar un informe do Consello Consultivo, no que se determinou que a responsabilidade do sucedido correspondía, a partes iguais, tanto ao Consistorio, polo estado da beirarrúa, como á propia viandante, por non prestar atención ás condicións do chan.

Precisamente, con arranxo a ese informe, o Concello reduciu á metade a indemnización, o que fixo que a prexudicada optase por acudir á vía xudicial, segundo explicou a avogada Ana Quiroga.

Na súa sentenza do 20 de xullo de 2021 (e no auto aclaratorio posterior), o xulgado do Contencioso Administrativo establece que a demandante debe ser indemnizada neses 22.700 euros porque, aínda que o informe do Consello Consultivo é preceptivo, “non é vinculante”.

O xuíz sinala na súa resolución que non hai “precepto legal que obrigue a camiñar con especial prudencia, con especial atención, empregando calzado cómodo e procurando manter en todo momento o equilibrio” por unha zona destinada aos peóns, e que tampouco hai probas para atribuír responsabilidade á prexudicada.

Así mesmo, tamén responde os argumentos do Concello sobre a entidade do dano da lousa, e lembra que os defectos existentes nos lugares de paso son máis perigosos canto menos ostentosos ou perceptibles resulten.

Elude prisión o exadministrador dun colexio de Vigo que admitiu abusar de dúas alumnas

Un home, exadministrador dun colexio de Vigo, Jorge G. M., aceptou dous anos de prisión como autor de dous delitos continuados de abusos sexuais sobre dúas irmás, alumnas do centro, aínda que eludirá o ingreso no cárcere tras chegar a un acordo coa Fiscalía, que inicialmente pedía para el penas que sumaban oito anos de prisión.

Nunha vista de conformidade celebrada na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, o acusado admitiu os abusos e o tribunal aplicoulle as circunstancias atenuantes de reparación do dano e confesión.

Así, foi condenado a un ano de cárcere por cada un dos dous delitos e impor a pena de inhabilitación para calquera profesión ou oficio no que haxa contacto con menores durante cinco anos. Por outra banda, aplicóuselle tamén a medida de liberdade vixiada durante cinco anos e a prohibición de achegarse ou comunicarse coas vítimas por outros cinco anos.

A sala acordou a suspensión da condena por cinco anos, a condición de que o procesado non delinca nese período e non quebrante as medidas impostas.

FEITOS

Segundo o escrito de acusación pública, as irmás acudían á Aula Matinal do colexio no curso 2018-2019, antes do inicio do horario lectivo e, con frecuencia, cando chegaban ao colexio aínda non estaba a profesora encargada, polo que o acusado quedaba con elas.

Neses momentos aproveitaba para darlles losqueadas e tocarlles o cu, e para realizarlles tocamentos no peito por encima da roupa, mentres lles dicía que eran as súas “favoritas”.

Ao curso seguinte, unha das irmás xa non estaba no centro, pero o acusado mantivo a súa actitude coa outra nena, á que mesmo chegou a meter a man por dentro da roupa, polo escote. Os feitos mantivéronse ata que foron denunciados ante o colexio, en febreiro de 2020, e o home foi despedido.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed