Inicio128 filmes para desfrutar do Festival Internacional de Curtas de Bueu

128 filmes para desfrutar do Festival Internacional de Curtas de Bueu

O Centro Social do Mar acollerá máis de trinta sesións de cinema entre o 10 e o 19 de setembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu vén de publicar a selección de obras para a súa 14º edición, logo de recibir preto de 2.062 propostas e de visionar a maiores centos de filmes suxeridos polo equipo seleccionador. Entre o 10 e o 19 de setembro proxectaranse no Centro Social do Mar un total de 128 títulos procedentes de máis de 30 países, ofrecendo deste xeito unha ampla panorámica do mellor cinema mundial en formato curto.

O principal apartado do certame é a Sección Internacional, que se compón de 24 curtas. Así mesmo, mantense o número de directoras, pois volvemos atopar unha decena. En canto aos xéneros, destaca o documental, nunha cuarta parte das cintas. Nas temáticas percíbese unha gran variedade, pero segue pesando o cinema social e destaca tamén a busca da identidade: de xénero, relixiosa, etc.

A Sección Experimental amplíase este ano ata os trece títulos, mentres que o apartado Galicia R contará con seis e España con cinco. Os capítulos competitivos péchanse coa Sección Escolas, que reúne un total de 15 filmes. En canto aos apartados non competitivos, retómase a Sección Panorama, onde se amosarán dez das mellores curtas que non chegaron a entrar a concurso pero que recibiron unha alta valoración por parte do comité de selección.

En total, serán máis de trinta sesións de cine no Centro Social do Mar, onde se garantirán as necesarias medidas de seguridade perante a Covid-19. As proxeccións combinaranse con múltiples actividades como concertos, obradoiros ou charlas.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...