InicioEconomíaVendedores ambulantes piden aplicar a normativa "legal" en Cangas, Bueu e Moaña

Vendedores ambulantes piden aplicar a normativa “legal” en Cangas, Bueu e Moaña

Denuncian que a normativa municipal destas localidades non se adapta ás normativas superiores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Galicia, que representa a vendedores ambulantes xitanos e doutras etnias, enviou aos concellos de Pontevedra, Cangas do Morrazo, Bueu e Moaña un escrito denunciando que aplican de forma “ilegal” a normativa vixente en relación coa venda ambulante.

Tal como indican, desde o ano 2011, os concellos deberían anular todas as licenzas outorgadas e renovadas de forma automática, así como tamén aquelas novas que se outorgaron, aínda que fora seguindo unha lista de espera de solicitantes. “Unha lista que non respecta os apartados máis consagrados das leis de rango superior polo que se deben anular todas e cada unha desas licenzas e, de non facelo, despois de solicitarllo por escrito, poriamos unha denuncia contra a súa persoa como responsable de tales feitos”, reivindicaron.

Segundo explican, estas localidades teñen que modificar “de forma inmediata e con carácter retroactivo” a norma municipal de venda ambulante para adaptalas ás normativas superiores. Entre os cambios a realizar atópanse que os postos teñen que ser considerados transferibles “sen coletillas posteriores”. Ademais, todos os postos novos e as licenzas concedidas a partir de 2011 e renovadas automaticamente teñen que saír a concurso público, que ten que ser comunicado de forma oficial e pública.

Entre outras medidas, os postos poden ser outorgados a persoas físicas que acrediten a súa condición de comerciante ambulante, xa sexa como autónomos ou como cooperativa. “O concello ten que comunicar a asociacións como a nosa a apertura do devandito procedemento para modificar de forma inmediata tal Ordenanza Municipal e non pode nin conceder novas licenzas nin renovalas ata que se saque a concurso público e sexa modificada dita ordenanza que é, actualmente, ilegal”, reclamaron.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...