InicioMovementos SociaisEntidades asociativas chaman a unha protesta contra o Concello de Vigo por...

Entidades asociativas chaman a unha protesta contra o Concello de Vigo por “non escoitalos”

Baixo o lema "Vigo somos todxs" piden unha cidade que “escoite e respecte” ao movemento asociativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Colectivos vigueses como AVIBE (Afectados Vial de Beade), Vigo Centro, Bembrive en Pé, Vigo Histórico, Grupos en Loita, Os Ninguéns e Defensa do Parque García Picher impulsan conxuntamente unha convocatoria para esixir que o Concello os escoite. Din sentirse “ninguneados” polo goberno municipal, polo que decidiron unir forzas para transmitir as súas demandas. Esta convocatoria terá lugar ás 12:00 horas do domingo 5 de febreiro na Porta do Sol.

Varios destes colectivos levan meses e mesmo anos visibilizando as súas reivindicacións. En base á súa experiencia, afirman que, co gallo da maioría absoluta do goberno municipal, este “non negocia e non atende as críticas dos veciños e veciñas da cidade”, impulsando “actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas”. Denuncian ademais que, no momento en que discrepan con estas actuacións, o Concello pasa a ir “na nosa contra” en vez de dialogar.

Baixo o lema conxunto de “Vigo somos todxs”, tamén demandan un “modelo novo de cidade” que piorice “a calidade de vida fronte a inversión privada”, tendo en conta os desafíos de sustentabilidade e mobilidade que afronta a cidade. Este é o eixo central das reivindicacións de varias das asociacións impulsoras, como AVIBE e Bembrive en Pé, que protestan contra os proxectos do vial PO-010 e o novo tramo da A-52. Estes, din, ameazan con “romper as parroquias” e “destruír un dos enclaves ecolóxicos máis importantes da cidade”, sen contar con “con informes que avalen e xustifiquen ditas obras”.

A asociación Vigo Histórico tamén se formou cun obxectivo similar, para reclamar unha peonalización da zona vella que non incluíse o tunel, polos efectos no patrimonio que este está a ter. Tamén se denuncia a proliferación excesiva de gasolineiras xunto ás vivendas, ou a perda de zonas verdes e árbores na cidade, como ocorreu na Ronda Don Bosco, na Gran Vía ou no Castro, e como se pretende que ocorra tamén noutros espazos, como denuncia Defensa Parque García Picher.

Tamén critican que os problemas de tráfico, ruido, contaminación e mobilidade de Vigo víronse amplificados especialmente polo nadal. O eido da cultura está representado nesta coordinadora Vigo Somos Todxs por Grupos en Loita, que agrupa a artistas musicais da cidade para reclamar mellores condicións nas salas de ensaio, a participación de bandas viguesas na programación municipal, e a fin das actuacións policiais inxustificadas contra concertos na cidade. 

ÚLTIMAS

Vigo, plató a ceo aberto os 365 días do ano: cando a cidade enteira se converte en ficción

Vigo xa non só se visita. Vigo róldase. Cada inverno, cando millóns de luces...

Alternativas na Xustiza denuncia que hai máis 20.000 resolucións sen executar en Vigo

O sindicato Alternativas na Xustiza denunciou este xoves que a entrada en funcionamento do...

Reactivado o transporte de ría en Vigo tras a suspensión das últimas horas polo mal tempo

As navieras que operan as conexións de transporte de ría en Vigo renovaron este...

Golpe ao emprego na automoción; GKN Driveline Vigo planea un ERE para o 10% do seu persoal

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo comunicou este mércores á representación sindical dos...