InicioMovementos SociaisDía 6 en Lesbos: "A Policía entrou pola noite no campo repartindo...

Día 6 en Lesbos: “A Policía entrou pola noite no campo repartindo paus e gases lacrimóxenos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Elefantes de papel completaron con éxito o seu sexto día de activismo na illa de Lesbos a prol dos refuxiados que alí viven nunhas condicións miserentas, como María e Berto están a relatar. Ao final do artigo, un índice para acceder ao resto de capítulos.

“Hoxe tivemos o pracer de coñecer á irmá de Mari Pili entre o grupo de rapaces que veñen ao Proxecto Auga de Proem-Aid. Aférrase ás mans dos monitores como se a súa existencia dependese deles. De seguro que nalgún momento da súa curta infancia, un par de mans fixeron posible que hoxe estea aquí”, reflexionan.

Os progresos destes cativos na auga superan as expectativas de Berto e María: “Son vehementes á hora de levar a cabo as actividades que lles propoñemos. A vida ensinoulles que así ten que ser”.

Elefantes de Papel

Visitaron o Welcome Home, un restaurante rexentado por Nikos e Katherina no que se come de marabilla, aseguran os nosos elefantiños: “Doas á vontade o custo do prato e, co que van recadando da clientela, dan de comer a cincuenta refuxiados ao día. De feito, os donos mesmos achéganse ao campo de Moría en furgoneta e, por quendas, os levan ata o comedor. A maiores, dispoñen dun ciber-café organizado do mesmo xeito”.

Welcome Home é un espazo xestionado por voluntarios onde o máis importante non é só matar a fame, que tamén, “senón borrar por unhas horas o inferno de Moria”, aquel indescriptible lugar no que se concentran miles de refuxiados sen apenas recursos cos que atendelos. Son imaxes duras de ver.

Diferentes razas, etnias e culturas comparten mesa en harmonía no Welcome Home e, se queren, colaboran nas tarefas para que siga aberto. Nikos e Katherina tamén se encargan de recadar fondos para financiárense.

Alí coñeceron a Arianna Canzi, unha voluntaria italiana que lles contou que nese establecemento chega a sobrar a axuda: “Os propios “refuxiados” ofrécense para botar unha man. Gustaríalles aprender a pescar, queren que lles dean actividades para manterse ocupados. Demandan algo que lles debería corresponder polo mero feito de ser persoas: conservar a dignidade”.

“Se queres entrar en Moria, non podes dicir que vés Cunha ONG”

Con Arianna falaron do acoso que día e noite sofren estas xentes e os propios voluntarios, aseguran: “Por unha banda, os controis sanitarios ás ONGs que se encargan do sector da restauración son exhaustivos e constantes. No Welcome Home poderíase comer no chan. Iso si, ás portas de Moria, milleiros de persoas subsisten sen auga, entre o lixo a temperaturas extremas, ao carón de enfermidades,e dentro, a situación non é moito mellor: 200 duchas para 8000 persoas, dúas horas de auga ao día. Para iso o goberno si que fai a vista gorda”.

Os voluntarios non son ben recibidos por parte da policía, tampouco: “Se queres entrar en Moria por libre non podes dicir que vés cunha ONG. Se tes sorte, como turista si. Como se aquilo fose un circo no que pasar a tarde”.

Os elefantiños, polo momento, seguen tentando acceder. Dende Proem-Aid aconsellaron que nunca leven postos os chalecos co anagrama da ONG nos traxectos en coche. “Somos obxectivos dos nazis e dos controis policiais, e nunca pola nosa seguridade”, lamentan, engadindo que “a actuación da policía dentro dos campos non sería aceptable nin na Idade Media”.

Arianna invitounos á celebración dunha voda no Welcome Home. Casou unha parella dentro do campo e querían sorprendelos orgánizándolles unha festa. Por suposto aceptaron ir, pero… “á hora e media de despedírmonos, a italiana envíanos unha mensaxe: cancélase a celebración. A policía entrou pola noite no campo repartindo paus e gases lacrimóxenos. Algúns familiares dos noivos están ingresados no hospital”.

ÍNDICE

CAP 0: Entrevista a María e Alberto antes da viaxe

CAP 1: Curando aos nenos o trauma do mar

CAP 2:  “O lixo acumúlase ás portas. O cheiro é indescriptible”

CAP 3: “Refuxiados é un eufemismo, esta xente non ten refuxio”

CAP 4: “Unha broma macabra”

CAP 5: “A importancia de sentirse realizado”

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...