InicioMovementos SociaisMáis de 300 persoas piden en Vigo máis compromiso na loita contra...

Máis de 300 persoas piden en Vigo máis compromiso na loita contra a violencia machista

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de persoas participaron na tarde deste mércores en varias cidades de Galicia en manifestacións convocadas polo feminismo unitario para esixir unha maior dotación orzamentaria para loitar contra a violencia de xénero.

A mobilización foi convocada en distintas cidades de España e tamén en 13 localidades galegas, entre elas Vigo, onde participaron unhas 300 persoas. Alí portaron carteis nos que se puido ler “Compromiso = Orzamento” e “Mulleres armadas contra a súa manada”.

En declaracións a Europa Press, as portavoces Puri Bernardez e Mercerdes Milar indicaron que con esta manifestación búscase denunciar “o recorte brutal” en 180 millóns de euros da partida destinada ao pacto de estado contra a violencia. “Xa 200 millóns eran escasos, co recorte queda en papel mollado”, criticaron.

Así, lamentaron que se dificulta o asesoramento e a asistencia das mulleres, e que se redunda na súa victimización e culpabilización, así como no mantemento do sistema patriarcal que as relega “ao medo e a un papel secundario”. “Sobran razóns para a proposta”, selaron.

ÚLTIMAS

Caballero anuncia que a Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que a bancada de Tribuna...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...

Unha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

Una persoa resultou ferida tras verse afectada por un accidente de tráfico na cidade...