InicioMovementos SociaisO sector dos coidados en pé de guerra contra a precariedade

O sector dos coidados en pé de guerra contra a precariedade

As traballadoras de residencias, centros de día e SAF critican o inmobilismo da patronal e a inacción da Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadoras de residencias privadas de maiores, de centros de día e do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) manifestáronse este xoves polo centro de Vigo, nunha protesta convocada pola CIG, para demanda mellores condicións laborais e salariais, no marco dun calendario de mobilizacións que levan a cabo por toda Galicia e de catro xornadas de folga.

Adolfo Naya, de CIG-Servizo, subliñou que este persoal de coidados “está ao límite” polo que o decreto uns servizos mínimos do 100 % supón que “ningunha persoa traballadora pode exercer o dereito fundamental á folga”. No entanto, o persoal mostrou o seu apoio á protesta concentrándose ás portas dos centros no seu tempo de descanso.

A folga foi convocada para esixir “convenios dignos e salarios decentes”, e a CIG denunciou o “inmobilismo” da patronal, con mesas de negociación “paralizadas”, mentres a Xunta “segue mirando para outro lado” e “ignora as súas responsabilidades”.+

No caso do SAF, o sindicato advertiu de que as condicións “son cada vez peores”, e reclamou a negociación do convenio, “que leva 12 anos caducado”. “Cremos que xa é hora de que senten, pero con seriedade e con vontade de chegar a acordos”, apuntou Rosa Couto, delegada da CIG no SAF de Vigo, que subliñou a necesidade de acabar cos horarios “incompatibles coa vida persoal” e levar a cabo as valoracións de riscos nos centros de traballo, establecendo protocolos para garantir a seguridade das traballadoras.

“Prestamos servizo en domicilios nos que se producen ameazas, acosos e agresións”, subliñou, e lamentou tamén a falta de recursos técnicos “mesmo para mover a persoas de máis de 100 quilos de peso”.

En canto ás residencias e centros de día privados, a CIG denunciou os baixos cocientes de persoal, que provoca unha “sobrecarga brutal” sobre as persoas traballadoras, e que impide atopar a xente disposta a traballar nesas condicións “de precariedade”.

A xericultora Rosa Vila denunciou que hai traballadoras que poden estar a atender a 15 persoas ou máis, e moitas delas cobran por baixo do Salario Mínimo Interprofesional, obrigadas a complementar os seus ingresos con pluses como a antigüidade ou xornadas en domingo e festivos. A isto sumar que teñen que asumir tarefas que non se corresponden coa súa categoría profesional, como dar medicación ou atender a usuarios con patoloxías psiquiátricas.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...